La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Entradas etiquetadas como ‘ecoloxía’

Xapón e o fenomeno das estacións. A ecoloxía como relixión.

miércoles, abril 9th, 2008

japon.jpg

Quería comezar esta andaina cibernética falando dun tema que últimamente despertou interese nos galegos e afortunadamente grazas a este interese son cada vez máis os que aprenden a disfrutar da natureza sen destruíla. 

No Xapón o respecto á natureza é algo que lles chegou por vía relixiosa, intúo que polo seu pasado politeístico no que cada parte da natureza era unha divinidade, pero o certo é que en canto chega a Primavera e comezan a abruñar as flores, os xaponeses vóltanse tolos e empeza o fervor “relixioso” polo que aqui chaman “sakura” ou para nós unha cerdeira.

Os xaponeses disfrutan indo de romaxe en plena cidade cos amigos, os compañeiros do traballo ou a familia. Sentan embaixo das polas da árbore e beben ate caer. Reunense nunha especie de comuñón entre o home e a natureza e estraña ver como a xente sorpréndese ano tras ano coa brancura das flores; na televisión falan e fan programas especiais sobre este evento que adquire verdadeiramente un carácter case que relixioso. Nos telexornais podemos seguir a evolución das flores, sabemos con precisión qué día van abruñar as cerdeiras e ameixeiras e falase en porcentaxes sobre a cantidade de abruños (Hoxe andamos nun 70%, mañá nun 75…).

Na miña Galiza tamén facíamos e facemos algo semellante pero máis práctico, damos grazas por poder explotar un pouco máis a terra, por poder colleitar máis patacas, por poder gorentar unha boa carne de porco na Matanza, unhas boas castañas no Magosto ou un bo viño na Vendima.. Sempre mirando de sacar algo de beneficio do noso privilexiado recanto peninsular. Semella que os tempos da “harmonía”, de disfrutar da terra sen explotala, controlando o número de encoros, de muíños de vento, e de urbanizacións a pé de costa tamén van chegando as nosas conciencias e os galegos decatámonos do noso deber de coidar a nosa Terra. Xa na Voz fálase tamén do “feismo” e pouco a pouco tentamos protexer a nosa paisaxe. Algo cambia e é para ben. Noraboa e brindemos nos tamén debaixo dunha cerdeira.