La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

“Que inventen ellos” (un ano e cinco meses despois)

Escrito por Loís Bello | Desde Escocia
1 de noviembre de 2009 a las 21:52h

Levo xa un tempo desconectado do blog, lendo pero sen intervir pero como algúns sabedes hai certos temas que me tocan a “fibra sensible” e este blog é dalgunha maneira un lugar onde desafogar ou comunicar  dende a miña humilde opinión temas que eu considero importantes, interesantes ou que me preocupan e ocupan.

Hoxe publica a Voz un artigo falando da situación de investigadores galegos que optaron polo regreso renunciando a postos de traballo e proxectos nalgúns dos mellores centros de investigación do mundo para asentarse na súa terra e colaborar o despegue da investigación en Galicia e España e anos despois ven como unha vez máis son abandoados e decepcionados, denunciando o que por outra parte moitos predecíamos acabaría pasando.

Tamén publica César Casal un artigo de opinión que titula ca xa famosa frase de Unamuno, “que inventen ellos” que eu tamén utilicei na miña primeira entrada neste blog alá polo ano 2008 porque representa perfectamente o que a día de hoxe é a realidade económica dun país que ten talento pero non o aproveita, aló menos no sector que eu coñezo, na miña profesión e paixón.

Poderíanse establecer paralelismos ca miña situación aínda que eu non me adico a investigación fundamental nin me podería nunca acoller a un destes programas (Ramón y Cajal, Parga Pondal) para atraer os así chamados “cerebros no estranxeiro”. Eu traballo e traballarei no sector privado pero a situación acábase plantexando tamén para nós, despois duns anos, cunha gran experiencia, coñecementos e outra forma de velas cousas, acabas pensando ou plantexándote se se podería regresar pero a realidade é que as diferencias son tan enormes que a medida que pasa ó tempo faise máis difícil, voltar para que, a que tipo de proxectos, en que condicións laborais e salario. Voltar para estar preto da familia e os amigos será unha boa excusa para os que a morriña sexa unha enfermidade incurable, a min xa me pasou fai tempo, ou nunha época na que viaxar en avión ou unha chamada de teléfono che levara por diante o sueldo de tres meses, pero neste mundo que vivimos, eu podo dicir persoalmente que para min vivir en Escocia supón o mesmo esforzo (de feito non supón ningún) e distancia que vivir noutras rexións da Península Ibérica onde a miña profesión ofrece algún proxecto interesante e se podería atopar algo e desgraciadamente Galicia non forma parte “destas rexións”. Despois duns anos, co idioma aprendido, a túa vivenda comprada e amigos, a un xa lle apetece menos comezar otra vez en Madrid ou Barcelona, onde honestamente non se me perdeu nada.  

Así que despois de diferentes gobernos enchéndose a boca e o peito falando de “cambialo modelo productivo español”, “economía do coñecemento” ou “economía sostible”. Vemos como ante a primeira crise seria dos últimos anos, o goberno central recorta o presuposto do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, o modelo educativo segue a ser unha veleta que cambia según que goberne, as Universidades non poden estabilizar os seus profesionais e a empresa privada segue mirando para outro lado, como dicindo, eu invirto en I+D+i se é subvencionado, do meu peto, nin un euro. Co cal moitos dos bos profesionales que deberían poñela primeira pedra do cambio de mentalidade e estructura económica do país irán ó paro ou volverán o estranxeiro. Outros moitos que terían pensado regresar, ficarán fóra, e outros moitos que non tiñamos pensado voltar, diremos a “toro pasado”, eu xa o sabía, de aquí non me movo, e menos ca que está a caer agora.

A eterna promesa da inversión en I+D require non só cartos, cousa que ademáis escasea agora mesmo, require tamén constancia, compromiso e paciencia, é unha aposta a longo prazo e nun país que está acostumado as prisas, os cartos sinxelos e os parches para ir tirando, é máis que improbable. Todos esos millóns “aforrados” irán parar o inútil Plan E, a subsidios, PER, máis prazas de funcionarios (o estado parece ser a única empresa do mundo que tódolos anos se pode permitir contratar miles de empleados máis en tódalas administracións) e a manter en xeral contentos a uns poucos esperando a que os grandes países tiren do carro e a crise pase antes do 2012, próximas elección xerais, para ter posibilidades de gañar. Mentres tanto a política española consistirá nos próximos anos en tentar de desenterrar cantos máis escándalos posibles do outro e mantelos vivos na prensa afín e así ver quen chega máis fresco e con menos follóns internos e externos a data clave.

Mentres tanto outros países van erguendo xa a cabeza pouco a pouco, e algúns deles co compromiso que require, xogando aínda máis do que xa facían a carta do I+D+i, co cal o “grupo de cabeza” estará aínda máis lonxe de nós cando esta crise remate e será aínda máis difícil renunciar por aquí fóra as posibilidades e proxectos, por non falar de soldos, para voltar por morriña dando tres pasos atrás na túa carreira e nunha idade, como ben di un dos perxudicados no artigo, na que un con fillos e hipotecas, xa non se está para tantas aventuras.

Ningún goberno español, nin de dereitas nin de esquerdas, creu o crerá nunca nin unha palabra do que di cando promete unha vez máis un cambio no modelo económico do estado, non é máis que outra promesa incumprida, é máis sinxelo inflala burbulla immobiliaria e turística para presentar bos resultados uns anos e caer despois en picado cando o ciclo cambia e a crise apreta. Moitos dirán que esta crise afectou a todo o mundo, sen dúbida, pero os niveis de paro e productividade no momento máis baixo non chegaron os números de España, que segue coma sempre no vagón do medio esperando a que os grandes tiren da locomotora outra vez. Ademáis de que penso que como dixo Churchill “unha crise é mitade unha catástrofe, mitade unha oportunidade” e nós unha vez máis non a imos aproveitar mentras outros rexurdirán aínda máis fortes.

Espero que todos estes investigadores atopen unha solución e poidan ficar e seguir traballando en Galicia, poñendo co seu traballo os sólidos cimentos que representa unha boa investigación fundamental, para que dentro duns anos se vaia transferindo este bo traballo a unha investigación máis aplicada, emprendedores, ideas, innovación e productos o fin e o cabo para que moitos que rematan as súas carreiras  en Galicia poidan ficar aí e ir cambiando de verdade o  modelo productivo. Non teño nada en contra dos sectores tradicionais que ademáis de seguro se poderían ver tamén beneficiados da innovación, pero non deberiamos seguir sendo por sempre xamais totalmente dependentes de certos sectores tan expostos e susceptibles, especialmente agora que aprendemos polas malas o que unha crise global pode provocar no noso modelo e tamén porque é unha pena seguir desaproveitando tanto talento e tanta inversión en educación para despois ter que saír a utilizalo e non aproveitalo na terra.

Boa sorte os que fiquen na terra e tamén os que volten a ela, e os que mandan o de sempre, a ver si algunha vez cumprides e deixades só de pensar nas próximas eleccións e na vosa supervivencia e de verdade poñedes as medidas e o compromiso necesario para aproveitalo talento que hai no país, o cal podo asegurar que existe e existirá, pero hai que coidalo.

La Voz de Galicia (1 Novembro 2010): http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2009/11/01/0003_8076432.htm

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2009/11/01/0003_8076433.htm

Artigo de opinión César Casal: 

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/11/01/0003_8076896.htm

Entrada Global Galicia, Lois Bello (Maio 2008)http://blogs.lavozdegalicia.es/globalgalicia/2008/05/05/que-inventen-ellos/

5 respuestas a ““Que inventen ellos” (un ano e cinco meses despois)”

  1. Sousa-Poza dice:

    Lois, la simple realidad es que no hay nada que hacer. Espanya no tiene vocacion de grandeza. Retratas la situacion perfectamente.

    [Reply]

  2. Luis dice:

    Amigo Lois:

    tienes toda la razón en absolutamente todo lo que dices. Es algo arraigado en nuestra cultura. Es fácil quejarse de los políticos pero son nuestros genes y costumbres los que determinan cómo son las cosas en realidad. Nuestra mentalidad sueña con trabajar para “el Estado”; creo que eso lo dice todo.
    No voy a añadir nada más. Creo que lo expresas correctamente.

    [Reply]

  3. Soli Sánchez | Desde Houston, EE UU dice:

    Hace unos meses hablando con unos amigos y fantaseando sobre si volver o no a trabajar en España uno me dijo:
    Ni loco, seria como jugar en la Champion League e irme a Tercera Divisón.
    Lamentablemente así es como lo vemos, empresas no competitivas, sin posibilidad de crecimiento profesional y donde el mamoneo y amistades cuentan más que el talento. Como decía Luis Ventoso hace unos días: mucha verbena y poca productividad.

    [Reply]

  4. Loís Bello dice:

    A túa comparación futbolística ten moito de real Soli e tamén o da productividade. En canto o comentario de Luis, soamente engadir que o 10% da poboación activa española son funcionarios, e os que siguen ano tras ano tentandoo. Cada vez que vou de vacacións a casa e me atopo con ex-compañeiros do instituto, universidade, etc. é raro o que, estudiara o que estudiara, non me di que está a preparar oposicións. Por suposto que hai funcionariado útil que da un servicio necesario, pero isto ten que ter un límite, do funcionariado non vive, nin crea, nin produce un país. Pero parece que a xuventude española considera que a única saída laboral decente e esa.
    Sousa, tes razón, moita ambición non se ve por ser grandes, parece que preferimos seguir no vagón do medio e a ver que pasa, aínda que espero que te enganes co teu apocalíptico “no hay nada que hacer”, estou bastante dacordo, pero espero que nos enganemos.

    [Reply]

  5. SOUSA-POZA dice:

    Lois, para mayor abundamiento, vi esta manyana en las noticias en Mozambique que Iberia ha ido a formar parte de la escuderia de la British Airways. No es que Iberia estuviera al punto de la quiebra y necesitara un “champion” que la salvara, como cuando Lufthansa se tomo Swiss. De todas las manidas razones que oyes en estos casos la unica que sobresale es la formacion de la tercera aerolina mundial mas grande, … de la que los espanyoles son los “junior partners”.

    Es es “sindrome de Aznar”: el estar entre lo grandes, aunque sea de recogepelotas, nos hace grandes. Hay que acogerse bajo un arbol frondoso aunque sea en concubinato. Como va uno a atreverse, “pobres de nos fillos da terra”, a aspirar a ser un arbol frondoso uno mismo? Es todo una miseria intelectual y emocional, querido.

    [Reply]

Deja tu comentario