La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

O 24 de Xullo, chegou a chea a Ribeira.

Escrito por Loís Bello | Desde Escocia
24 de julio de 2009 a las 17:39h

Estou de volta en Stirling, recén chegado de Ribeira onde disfrutei 17 días da miña familia, amigos, paisaxes e recordos e escribo hoxe día 24 de Xullo porque se celebra neste día a Festa da Dorna, na que tantos bos momentos teño pasado.

A Dorna é unha pequena embarcación típica das Rías Baixas, cunha vixencia de máis de 500 anos, cando se cre que os Normandos introducen o sistema de construcción “en tingladillo y las cuadernas”. A Dorna foise consolidando como unha robusta embarcación de moi boas prestacións para a pesca e segue sendo sen dúbida protagonista de fermosas imaxes nos portos e mares da Ría de Arousa, aínda que vai sendo cada vez máis complicado atopar “auténticas” Dornas debido os cambios nos materiais e tipo de pesca capturado nestas embarcacións que son cada vez máis anecdóticas. Pódense aínda hoxe atopar como dixen anteriormente “auténticas” Dornas en Ribeira, Aguiño (entre eles a Tamadi do meu sogro na praia da Catía) na Ría de Arousa e Beluso en Pontevedra. É precisamente en Aguiño, pequena vila do concello de Ribeira onde se conserva o último taller de carpintería de ribera que conserva o método tradicional de construcción de Dornas. Neste taller consérvanse as plantillas que dan forma as distintas partes que forman unha “auténtica” Dorna, estas plantillas foron pasadas de xeración en xeración cando poseelas supoñía traballo para toda a vida. Durante moitos anos, ninguén se encargou de deixar constancia escrita do proceso co que corría ou corre o perigo de perderse.

dornas1

Tódalas aldeas, vilas, pobos e cidades galegas teñen algo característico e fundamental, diría eu, na súa historia, economía, desenrolo que por tan cotiá chégase a considerar non tan importante os nosos ollos. Pero esta pequena embarcación foi durante séculos o medio de vida de centos de persoas que tiñan nas nosas fermosas e ricas rías o seu porvir.

No ano 1948 celebrouse a primeira singradura da Festa da Dorna. Todo empezou como unha broma entre amigos. Celebrouse ese ano coma sempre a Festa do Carme, e sorteouse unha Dorna para axudar nos gastos. Un grupo de amigos de chiquiteo (que é cando xurden estas ocurrencias), decidiu facela súa particular parodia anunciando a creación da Real e Ilustre Cofradía da Dorna e a Festa correspondente onde se botaría e sortearía outra Dorna. Ese día, 24 de Xullo de 1948 había “ambiente” no peirao, con toda a directiva presente e a xente do pobo achegándose curiosa, todo resultou ser unha trapallada, o que navegaba polo porto, non era máis que unha maquetiña dunha Dorna. Así que Dorna de verdade non había pero por suposto baile sí, ese día bailouse o son da música en La Granja, salón de baile que había na Amarella.

Fundadores da Festa da Dorna

Fundadores da Festa da Dorna

No ano 1991, un grupo de ribeirenses constitúe a Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna (concretamente o dia 28 de Decembro ou dos Santos Inocentes) para re-organizar e dinamizar non só a festa en sí senón outras actividades como a preservación do patrimonio da Cofradía e o fomento e desenrolo da cultura mariñeira. A festa que naceu ese ano foi totalmente diferente da do ano 1948, os riveirenses organízanse durante días en peñas cos nomes máis imaxinativos e organizan e participan nas competicións máis peculiares coma por exemplo a “Rejata de Embarcasions Feitas á Machada e Propulsadas a Pan de Millo. Jran Premio Cutre Sark e Jran Premio Luis Putton de Vela. Donde dusias de miles de obxectos flotantes surcarán as cristalinas ajuas da ría de arousa nun campo de rejatas de 2×3 millas nauticas”, o “Jran Premio Icaro de Voo Sen Motor” e a “Cansión de Tasca”. Como vedes, a utilización con “orjullo” da jeada e seseo tan característico da zoa é unha máis das señas de identidade dunha desta diferente que foi declarada despois de moita loita e con non moito apoio, para variar, do Concello de Ribeira, festa de interés turístico de Galicia.

Cansión de Tasca peña Muxo Beti

Cansión de Tasca peña Muxo Beti

 

Barco feito á machada e propulsado a pan de millo dos Lampreas máis preas.

Barco feito á machada e propulsado a pan de millo dos Lampreas máis preas.

Unha das características máis salientables da festa ou polo menos unha das que eu persoalmente sempre valorei e a súa independencia e autoxestión, son os propios peñeiros os que organizan tódalas actividades e é unha pequena directiva de voluntarios os que traballan durante todo o ano para garantizar a súa perfecta organización e conseguilos fondos os que se teñen por lei dereito. É gracias a eles que miles de persoas se poden divertir eses días a pesares de que non é sempre un esforzo grato. O final, o que queda son seis ou sete días de troula nas rúas, bares e praias ribeirenses, onde cada ano sube o número de participantes que chegan de toda Galicia, España e outros países.

Parece incrible que dunha trapallada que uns amigos de chiquitas argallaron para botar unhas cacharadas nunha daquela pequena cidade no fin do mundo, teñamos hoxe, en gran parte gracias a un grupo de xente do pobo que aman, respetan e estudian as tradicións da nosa terra (Santi Páramo e Marcelo Valeiras, por nomear algúns dos precursores que me veñen á miña corta memoria) unha festa que reúne nestas últimas semanas de Xullo miles de persoas na nosa cidade. Pero é así como xurden as grandes festas e tradicións, e é un pracer celebralas cando se fan para honrar algo tanxible que marcou a historia de Ribeira como unha sinxela pero fermosa e robusta embarcación. Eu prefíroo antes que honrar a santos, virxes, políticos ou outros trapalleiros semellantes.

Longa vida á Dorna, longa vida á Festa da Dorna e que continúe a trapallada e a troula.

Os datos e as fotos foron sacados de: (e da miña mala memoria)

http://www.cofradiadadorna.com/

http://www.noticiasdorneiras.blogspot.com

Las últimas Dornas gallegas, Fernando Cabrera de Aizpuru pódese descargar en Internet neste enlace.

(http://www.scribd.com/share/upload/8375062/24v0rs9zpoul0b1arvw2?from_email_13_share_upload=1)

Memorias de Ribeira (Asociación Cultural Altofalante) http://altofalante.org/

http://www.fotosconhistoria.canalhistoria.com/?cmd=photo_view&photo_id=4031

dorna_navegando

3 respuestas a “O 24 de Xullo, chegou a chea a Ribeira.”

  1. José Regueira dice:

    Me parece sensacional esta “Festa da Dorna”, que desconocía totalmente. La considero de un enorme interés etnográfico. Y sobre todo me parece magnífco que además de las tradiconales “fiestas patronales” o de las más recientes gastronómicas, surjan éstas conmemorativas de las tradiciones gallegas, en este caso marineras. Yo conocí las dornas en el puerto de La Coruña y me alegro que ahora, con un gran sentido del humor, se recupere para las nuevas generaciones la memoria de una forma tradicional de la vida marinera gallega.

    Me parece un ma´nífico tema y muy bien tratado. Enhorabuena.

    [Reply]

  2. Noelia dice:

    Aí rapas, estou contijo hay que estar ca familia, cos amijos e sobre todo estar de parranda todo o día

    [Reply]

  3. henrique dice:

    Cando neste mundo de educación tan globalizado como confuxo, que fai que un tarde en saber onde se atopa, son estas eventos os que me axudan atopar a miña identidade.
    Grazas mozos e mozas de Riveira porque vos contribuístedes a saber “de quen veño sendo”. Animo
    Un galego de vijo

    [Reply]

Deja tu comentario