La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Odisea electoral 2004-2009

Escrito por Aida| Desde Dinamarca
23 de febrero de 2009 a las 10:53h

Eu viña determinada a falar do cariz acrobático que está a tomar o meu percorrido diario a lombos de Marela – a miña resistente, antediluviana e sólida bicicleta- por entre a neve, os vikingos adormecidos sobre dúas rodas e os camións cuspidores de sal, pero vouno deixar por hoxe. Aconteceu algo moito máis emocionante. Antonte á mañá, por primeira vez na miña historia de galega pluri-presente (eu sonvos como algunhas partículas subatómicas, gracias ás leas burocráticas podo estar en varios sitios ao mesmo tempo) …chegáronme os papeis pra votar!

Supoño que isto non terá nada de especial pra moitos dos Globais, anque polo que atinei a ler, mesmo o estar inscrito na CERA pode rematar nunha espera frustrada. CERA-espera, non me dera conta da ironía, hehe. Ao caso. Unha pequena historia de tentativas malogradas é a causa da miña pequena dita actual. No 2005, en plena vida Erasmus con outros galegos pero coa vista ben posta nas eleccións que se aveciñaban, levamos o primeiro chasco. Queríamos votar.  Procuramos a axuda da embaixada en Austria. Só atino a lembrar a parrafada burocrática que recibimos por email, que viña concluindo que nos tiñamos que rexistrar no Censo Electoral de Residentes Ausente. “Vaites, pois facémolo, non?” pensamos. Nisto chégannos un par de emails doutros erasmus alertándonos de que se o facemos perderemos os dereitos de beca. Pavor! Outro erasmus galego nos dicía que a el xa lle enviaran os papeis pra votar. Confusos, tentábamos en van dar co consello de alguén na embaixada en Viena pra darlle algún sentido a tantas versións distintas. En tentativa quedou. E nós compostos e sen voto. O outro desengano foi pras xerais do 2008. Pero desta foi todo máis sinxelo. De xaneiro a finais de febreiro aburrinme de enviar emails e pelexarme co contestador do Consulado Xeral de San Francisco. Aínda agardo pola súa resposta.

E velaí o emocionante de recibir o sobre certificado con 15 papeletas electorais en Dinamarca. E a ilusión de hai un mes cando a embaixada me contactou pra confirmarme que desta volta os “transeúntes” si poderíamos votar.  Semella que a odisea burocrática chegou a súa fin (desta vez). Agora so queda a odisea de escudriñar os programas electorais (con tanto partido descoñecido é normal que a unha lle entre curiosidade) e, tan axiña dea coa papeleta gañadora, partir bulideira cara correos a lombos de Marela, lidando coa neve, os vikingos e os refachos bálticos. A ver se non caio!

Etiquetas:

19 respuestas a “Odisea electoral 2004-2009”

  1. Sousa-Poza dice:

    Arale, es gratificante y esperanzador ver jovenes universitarios gallegos escribiendo en gallego: a loita continua!

    [Reply]

  2. uxio dice:

    Arale,evidencia que a reforma do voto exterior necsita unha reforma urxente e a falta de vontade por parte do pp-psoe foai imposible que se produza.Estadisicamente no escrutinio dos votos da diaspora sempre gaña o partido que governa e por isto nengun dos dous lles interesa salvo cando estan na oposicion.Por outro lado ainda hoxe seguen a votar os mortos e as sacas e votos xa empezan a chegar ao país.

    Grazas Arale por escribir no nosoidioma neste foro galego en castelan!

    [Reply]

  3. Pablo dice:

    Espero que o voto dos emigrantes teña máis garantías que nas anteriores eleccións, porque a verdade é que un escoita historias como para non durmir.
    Aquí vos deixo, por se vos interesa, unha reportaxe feita en Buenos Aires nas últimas eleccións e na que os propios galego-arxentinos contan como de fácil é chanchullar cos votos dos vivos e dos mortos. Non sei por que isto nunca foi emitido nunha televisión. Está no youtube, en catro partes, que podedes ver aquí:
    http://uncontadordehistorias.blogspot.com/2008/11/quilombo-electoral.html

    Respecto á reforma electoral, o voto emigrante é moi goloso para o partido que goberne, e nin PP nin PSOE están pola labor de mudar nada. Claro, cando están na oposición xa é diferente, pero cando gobernan esquecen todo o talante democrático que antes reclamaban.

    [Reply]

  4. Arale dice:

    Graciñas aos tres polos comentarios. Coido que se nos misturaron dúas cuestións distintas. Unha é o cuestionable e moi mellorable sistema electoral e, en concreto, a falta de garantías e o esperpéntico historial das chanchulladas co voto emigrante. E outra é o dereito a votar dos que estamos fóra.

    Respecto da primeira concordo totalmente en que é necesaria unha reforma (e máis logo de ver o vídeo que Pablo compartiu, está xenial!). Polo que ao meu caso respecta, teño que dicir que o servizo de Correos danés é coñecido pola súa teima coa identidade. Vivo de sub-aluguer, e tiven que engadir papeliños co meu nome no portal e na porta pra que me cheguen as cartas ou me deixen o recibo dos certificados, e xa me ten pasado que enviaron cartas de volta cando caíra a etiqueta do portal. Pra recoller o voto tiven que presentar a miña tarxeta de residencia ou, se hai sorte, o pasaporte, e coñezo de xente que ao non levar a documentación quedou sen paquete. Pero sei que Dinamarca non é un caso problemático…somos catro pelagatos. Polo que teño entendido os que están inscritos no CERA poden votar na embaixada, en urna. Eu non, porque seica son “transeunte”, así que pra min é toda unha ledicia que por fin me deixen votar, logo de tantas tentativas frustradas.

    A segunda cuestión xa é máis delicada. Coido que cada un tería que decidir a título persoal, segundo o vencellado que se sinta á realidade galega, se debe votar ou non. Pero considerar, como daban a entender algúns dos que falaban no vídeo, que polo feito de estarmos fóra nos importa todo un carallo, é inxusto. A xente marcha por moitísimos motivos, pero eso non implica que non sigamos os acontecementos (na era de internet é ben sinxelo), que non teñamos interese algún ou que perdamos os nosos vencellos. A mobilidade cidadá multiplicouse notablemente nos últimos anos (e especialmente na Zona Schengen). E a xente nova sae máis ao abeiro das novas oportunidades, agora que non ten un amigo en Roma de Erasmus, teno en Chile cunha beca ou en Congo-Brazzaville de cooperante. A realidade cambia, e é obvio que o sistema electoral necesita mudar tamén pra se adaptar a ela e garantir un sistema transparente de votación.

    A ver que fan os que terán o poder de mudalo nos vindeiros catro anos…

    [Reply]

  5. Sousa-Poza dice:

    Arale, supongo que todos los sistemas electorales son “mejorables”. Ahi tienes el de los Estados Unidos con su atavico Electoral College que le permitio a Bush su primera victoria. El tal Electoral College fue precisamente una creacion de los Founding Fathers a quienes les importaba mas la Republica que la democracia … y no se fiaban demasiado de la “voluntad” del populacho: en realidad era un “filtro”. Sirvio su proposito, y hoy es un reliquia pero todavia esta ahi. Pese a el, la Republica florecio por mas de dos siglos: vale la pena “mejorarlo” para que la democracia norteamericana sea mas “pura”? Se necesitaria una enmienda constitucional que requeriria un grado de energia y esfuerzos politicos que bien pudieran ser mejor utilizados en otros menesteres.

    En cuanto a “o esperpéntico historial das chanchulladas co voto emigrante” … pues no se: no soy muy dado a “conspiracy theories” y mi impresion es que las mas de las veces no se trata tanto de chanchulladas como de errores resultantes de la mas crasa incompetencia.

    Yo soy de la opinion que la ciudadania debe conllevar el derecho al voto, y los emigrantes todavia somos ciudadanos. Es obvio que aquellos emigrantes que hayan perdido todo contacto e interes con su tierra de origen, a duras penas se tomarian la molestia de votar ni de inscribirse en el CERA -y tampoco creo que exista un mercado en el que pudieran subastar su voto al mejor postor y hacerse ricos.

    Pero si alguien hubiera de decidir que para votar tuviera que ir a hacerlo en Galicia, simplemente no votaria … y me quedaria tan pancho. Ya se que Galicia puede sobrevivir sin mi voto.

    [Reply]

  6. Arale dice:

    Sousa-Poza, totalmente de acuerdo en que todos son mejorables. Recuerdo estudiar el complicadisimo sistema electoral belga cuando un cafre nos lo explicaba como modelo idóneo para la reconciliación en Rwanda, y el senhor ese sigue publicando libros y ganando dinero con sus ideas segregacionistas, y sigo deseando que no se nos ocurra buscar inspiración en su modelo.
    Creo que no me expliqué bien, cuando digo que cada uno debe votar según lo vinculado q se sienta, doy por hecho que todo ciudadano gallego por muy lejos que esté tiene derecho al voto. Es inseparable de la cuestión de ciudadanía. Como tú dices, yo tampoco me habría molestado en hacer cuatro viajes a la embajada y tres a correos si no estuviera muy interesada en votar.
    Mis comentarios sobre chanchulladas y demás van relacionados al vídeo que posteó Pablo sobre el “Quilombo electoral” (recomendable). No digo que estos “quilombos” sean la regla general, pero el sistema electoral actual tiene una serie de deficiencias que conviene abordar para que no se permita que vayan a votar muertos o una persona en nombre de seis, tal y como se ve en el vídeo. Sin duda, también se debería evitar que suban a abuelos con alzheimer a un autobús en cualquier aldea gallega y les pongan una papeleta en la mano de la que ellos desconocen el contenido y demás historias para no dormir…

    [Reply]

  7. Sousa-Poza dice:

    Arale, generalmente a los espanyoles, y no se si tambien a los gallegos, siempre se les ocurre buscar inspiracion en los modelos de otros: esto de pensar uno por si mismo es para los machos alfa. Hoy sale en la prensa que un tio de la Generalitat valenciana propone la ensenyanza del chino en Valencia y hacer del ingles un idioma semi-oficial en Espanya, algo que no lo es el gallego, el catalan ni el euskera.

    Si fuera una barrabasada de un desquiciado mas, … desquiciados los hay en todas parte. Pero es que ni es cosa suya: lo del chino es por lo visto lo que hacen los ingleses, que lo dudo, y lo del ingles es lo que hacen los paises nordicos, los que con idiomas tan limitados como los de ellos supongo que no tienen otro remedio. Revela todo una bancarrota intelectual y emocional total por parte de los espanyoles. Bueno lo del ingles les serviria por lo menos para aproximarse a los gibraltarenyos … De pena!

    Por supuesto que el voto Es inseparable de la cuestión de ciudadanía. Pero no seria que a los emigrantes nos sacaran el voto: seria meramente que no nos darian facilidades para ejercerlo en el extranjero. La verdad es que yo lo considero mas una cortesia que una obligacion del gobierno.

    Me resisto a pensar que el fraude electoral masivo tipo republica bananera pueda existir en Espanya. Lo que si pueden existir son errores ya sean de buena fe o debidos a desidia e incompetencia. Pero dudo que nadie gane unas elecciones con esos votos.

    [Reply]

  8. Pablo dice:

    Eu, despois de ver o do “Quilombo electoral” xa non sei o que pensar. Tampouco creo nas conspiracións pero eu sei de familiares e amigos que viven na Arxentina e Venezuela que os chanchullos sempre os houbo, non en forma de compra-venta, pero haiche moitas formas de chanchullar, nos videos pódense ver algunhas delas. Penso que este ano vai ser máis difícil pola documentación adicional que hai que presentar.

    Penso que o CERA non decide as eleccións, pero axuda: Un exemplo: Fraga, nas súas primeiras eleccións, conseguiu o 90% do voto CERA en Ourense, a verdade é que da pensar, porque esas porcentaxes son irrepetibles en calquera democracia.

    Outro tema é o de se os emigrantes deben votar ou non. Non teño unha opinión formada ao respecto, porque é moi difícil discernir entre o emigrante que está en contacto con Galicia e o que so se lembra cando lle vén a visita do “axente electoral”.

    O que non estou de acordo é con que voten os fillos e netos (moitos non pisaron Galicia nin teñen intención e teñen a nacionalidade española máis por conveniencia que por outra cousa). Se estes votan, ¿por que non votan os galegos que viven en Madrid, Barcelona ou Canarias?
    ¿Estaría ben que votasen nestas eleccións Fidel e Raúl Castro, Enrique Iglesias, Nikki Lauda, Charlie Sheen, Natalia Oreiro, Raúl Alfonsín ou Tabaré Vázquez? Porque se estes non votan é porque non queren. Poder, poden.

    Imaxinade este sistema en Irlanda. Os residentes no país dificilmente poderían decidir un simple escano. Evidentemente, os emigrantes irlandeses e os seus descendentes non poden votar.

    Paréceme un sistema moi inxusto, pero que da bos réditos electorais a PP e PSOE, e por iso vai seguir así por moitos anos.

    [Reply]

  9. Sousa-Poza dice:

    Pablo, francamente yo creo que lo del “Quilombo electoral” tendra algo de cierto, pero es todo una tormenta en un vaso de agua. Lo del 90% do voto CERA en Ourense es en efecto chocante, pero si otros partidos no lo impugnaron seria porque o se lo creyeron o creyeron que no valia la pena.

    Otro cuento es el del derecho a la ciudadania dos fillos e netos, y con el al voto. Es el viejo tema del “ius sanguinis” de los romanos. Yo estoy completamente a favor de ese derecho. Me convence mas que el “ius soli” aunque tambien lo acepto. Pero creo que tratar de justificar estas actitudes en terminos objetivos o filosoficos, es una perdida de tiempo.

    Tengo entendido que Irlanda le concede la ciudadania a cualquier descendiente de irlandeses en cualquier parte del mundo. La objeccion de que Irlanda pronto se veria desbordada si todos los descendientes de irlandeses se dejasen caer de repente en Irlanda sera cierta -pero simplemente carece de toda realidad. Es lo que Einstein llamaba un “thought experiment”.

    [Reply]

  10. Sousa-Poza dice:

    Recuerdo ahora haber leido en un tratado de filosofia politica, hace ya algunos anyos, el como se origino y la razon de ser de la propiedad privada. El cuento era mas o menos como sigue:

    Erase una vez una tribu y un dia el macho mas alfa de los machos alfa, el mas fornido y con el mayor garrote, le dijo a todos los demas: todas estas tierras que se ven de aqui al horizonte son mias. Y todos los demas se lo creyeron. Despues, la teoria de la evolucion entro en funcionamiento: se encontro que las tribus con propiedad privada eran las mas dinamicas y eventualmente las mas poderosas. Para sobrevivir era necesario seguir el ejemplo.

    Creo que el “ius sanguinis”, la transmision con todos sus derechos de la ciudadania de padres a hijos, presentes o ausentes, pudiera haber tenido un origen similar. El ostentar ciudadania romana concedia prestigio y privilegios a los que la tenian y, a su vez, propocionaba a la Republica o al Imperio subditos fieles y orgullosos con los que podia contar en cualquier momento.

    El que hoy en dia estos conceptos sean validos, esta abierto a debate. Pero la nocion del pago de impuestos, o de que puedan votar extranjeros por el mero hecho de ser residentes, tambien lo esta.

    [Reply]

  11. Arale dice:

    Graciñas polas vosas interesantes achegas. O certo é que meterse xa no debate de se “ius sanguinis” ou “ius soli” é achegarse a areas movedizas. Persoalmente non me convence ningún dous dous por sí só, e menos aínda neste mundo cada vez máis remisturado e con tantos millóns de persoas bulindo dun lado ao outro todo o tempo. Teño coñecido máis xente que identifica a súa nacionalidade co lugar no que naceu ou viviu que pola sangue que herdaron. Galegos convencidos sen unha pinga “sangue galega” nas súas venas, ao igual que rapaces de rasgos hindús que se identifican e sinten únicamente kenyattas, ou surafricanos, e pobre de tí como lles preguntes por segunda vez de onde son. Iso sen falar xa dos que teñen dous, tres e ate catro nacionalidades (habelos hailos).
    Como ben indica Avelino, hai un feixe de cousas a debate: a reforma electoral, o pago de impostos, o dereito ao voto dos estranxeiros residentes… pero en certo modo non está tamén a propia noción de nacionalidade?

    [Reply]

  12. Pablo dice:

    E eu que pensaba que este ano ía ser máis difícil chanchullar os votos…
    Acabo de ver isto na sección de fotos de La Voz,

    Así votó una emigrante gallega fallecida (Elecciones Galicia 2009)
    http://www.lavozdegalicia.es/fotos/2009/02/25/01101235546338882302476.htm

    [Reply]

  13. Sousa-Poza dice:

    Arale, si los hay: mi hijo mayor tiene la peruana, la espanyola, la suiza y la surafricana. En realidad tiendes a usar solo un pasaporte, pero las otras estan ahi, en reserva.

    Creo que es distinto nacionalarse en una pais “nuevo”, como los Estados Unidos o Chile, o en un viejo pais europeo. Simplemente los nuevos asimilan mas facilmente a los inmigrantes. Los viejos viajan ya con demasiado equipaje … que tampoco es facil o deseable echar por la ventana. Personalmente, yo acepto a los gallegos de nuevo cunyo. El mero hecho de tener la ocurrencia de querer ser gallego es de suyo extraordinario: a quien se le ocurre! Pero siempre tiene uno la impresion de que “tienen algo que demostrar” … Este no seria el caso, sin embargo, con Gualterio Sanchez, un amigo mio uruguayo hijo de gallegos: el si es familia. En breve, quiza no debiera ser asi, pero generalmente se siente “distinto” la familia adoptada de la familia de sangre. Por distinto no quiero decir mas o menos, mejor o peor.

    [Reply]

  14. Pablo dice:

    Tendes unha recente entrevita a Carlos Taboada, o autor deste documental, nunha páxina galega chamada Cabozo (www.cabozo.com)

    Para vela teredes que rexistrarvos, máis é moi doado, só piden un nome de usuario e unha conta de correo.

    A páxina ten un funcionamento un pouco distinto ao habitual. Unha vez rexistrados veredes á dereita os grupos dos que vos fan membros automaticamente. Se picades sobre o círculo branco, a esquerda dos nomes dos grupos, entrades o contido dese grupo.

    Para ir ao grupo onde está aloxada a entrevista teredes que ir a opción “únete a grupos de cabozo” e picar sobre o grupo “AchegasCabozo” así os unides ao grupo e poderedes ver o seu contido que é a entrevista. Eu perdinme un pouco o principio.

    Decateime da entrevista por “Vieiros” , recoméndovola, non ten desperdicio.

    [Reply]

  15. Aida (aka Arale) dice:

    Graciñas polas achegas!!

    [Reply]

  16. Loís Bello dice:

    Non tiven tempo de velo vídeo durante a semana pero acabo de velo e aínda que sempre se falou disto, é tremendo cando o ves así de crudo, gracias Pablo tanto polo vídeo como pola entrevista. O que me parece incrible, caseque máis que o vídeo, e que este traballo caera no olvido porque ningún, ningún! medio de España o quixera, non deixa quedar moi ben ó periodismo do noso país.

    [Reply]

  17. Pablo dice:

    Ese Pablo que deixou a entrevista non era eu, somos tantos!! terei que comezar a asinar os comentarios co apelido.
    Igual algún día temos a sorte de que boten ese documental nun canal minoritario por satélite e ás 4 da mañá.

    [Reply]

  18. Pabo2 dice:

    Graciñas, cambio o nome para non crear confusión, jeje… A min, case que máis que o vídeo, chamoume moito máis a atención o que contaba o director do documental nesa entrevista en Cabozo.com, verdade? qué forte!

    [Reply]

  19. Aida dice:

    Vaites, asi que tiñamos un Pablo e un doppelgänger! pois complementastedes a información como se forades un 🙂 De certo que o vídeo deixoume os ollos a cadros, pero a entrevista tampouco ten perda, conta con nome e apelidos como se silencia información e dise digo onde se dixera diego, mágoa que requira tantos clicks pra chegar ata ela.

    [Reply]

Deja tu comentario