La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

“Ese oscuro objeto de deseo”

Escrito por Loís Bello | Desde Escocia
21 de febrero de 2009 a las 22:22h

Sí, refírome o voto emigrante, ese do que case ninguén fala pero todos queren, todos protestan polo seu funcionamento pero ninguén fai nada para arranxalo.

Estes días o blog móvese bastante e por suposto o tema principal non podía ser outro, as Eleccións Autonómicas. Non me gustaría meterme demasiado en loar ou criticar a uns ou a outros, ou en tódalas polémicas e trapos sucios que se están a sacar para perxudica-lo contrario. Por desgracia, as campañas electorais rematan sempre sendo máis unha loita barrio baixeira en lugar dunha loita de ideas. O tema que me está de verdade a interesar e polo que vexo tamén a outros “blogueiros” e “foreiros” é o do voto emigrante. Tampouco me quero meter a criticar o caos e desorganización que case que sempre o protagoniza, senón máis ben a cuestión filosófico – política de si deberiamos votar os Galegos do exterior.

Hai unha tendencia a relacionar a xuventude actual con apatía, non só pola política senón por todo tipo de movementos sociais que requiran pensar, mobilizarse ou protestar. Somos as veces considerados como unha xeración de desinteresados, incluso malcriados, nós non vivimos unha dictadura e parece que todo nos foi máis sinxelo. Non podo estar máis en desacordo, coñezo e detecto moito interese na xente xoven por involucrarse, ou polo menos interesarse polo que acontece no país. Non recordo moi ben cales foron as primeiras eleccións nas que puiden votar, penso que foi no 1997, pero recordo moi ben a ilusión que me fixo, considereino case un deber, se queres protestar e esixir, tes que participar, pensaba eu, e prometinme a min mesmo que eu votaría sempre, sen escusarme no clima, na resaca do día anterior (¡e daquela éranche boas!) ou na desilusión que cando pasan os anos e as sucesivas eleccións un vai acumulando porque todos prometen pero poucos cumpren. O que non sabía eu no 1997 cando comezaba na Universidade era que esa escusa podería ser o vivir noutro país.

Deixei Galicia no 2004 para virme para Escocia, e nas primeiras eleccións que me colleron fóra, fixen todo o posible para poder votar, no 2005, as históricas autonómicas nas que Fraga perdeu o poder, ¡como non iba a eu a colaborar!. Só levaba 9 meses en Escocia, isto parecía máis unha aventura que unha decisión a longo prazo. Cinco anos despois e aquí sigo, feliz no meu traballo e instalado, comprando a primeira vivenda e coche da miña vida despois de estar sempre de prestado na terra dos meus antergos. Non se pode negar que se vai perdendo un pouco o contacto, os correos e chamadas ca familia e amigos vanse espaciando, e non tódolos días pode un sentarse tranquilo e conectarse a Internet para ver que se coce por alá. Cousas que antes considerabas unha estrañeza como conducir pola esquerda, beber unha pinta de cervexa negra ou que berren tanto cando hai un corner no fútbol coma se marcaran un gol, son normais. Fas os teus amigos, empezas a paga-los teus impostos, pides unha hipoteca e berras en Inglés – Escocés por teléfono cos do gas porque non che viñeron a arranxar a caldeira. Vives entre dous mundos, co teu traballo e vida aquí, e aproveitando ata o último día de vacacións para visitar Riveira. Os de alí estráñanse polo de aquí, os de aquí preguntan polo de alí. “¿E que fas en Escocia co bonito e o bo clima que tedes en España?, e “¿cando pensas volver?, ¿non quedarás alí toda a vida?”. Un síntese un pouco apátrida, feliz e agradecido a este país pero sempre cun ollo en Galicia. Ata que un día recibes unha carta da oficina do censo electoral comunicándoche que podes votar nas próximas eleccións ó Parlamento Escocés e o Concello de Stirling. Unha vez máis fíxome a ilusión de 1997, coma se tivera outra vez 19 anos, vou decidi-lo futuro de Escocia, ¿e por que non?. Pero eu é que non podo facer nada sen darlle moitas voltas á cabeza así que empezo a sentir vértigo, ¿quen son eu para votar aquí? Nin máis nin menos que nas eleccións nas que un partido que pode gañar e que en condicións normais, por ideoloxía, eu votaría, pretende convocar un referendo pola ruptura do Tratado de Unión que en 1707 uniu a Escocia con Inglaterra. Demasiada responsabilidade pensei eu. Despois de moita falar e filosofar con amigos Escoceses e Ingleses, case que pedíndolle permiso, decidín votar, eu tamén teño dereito a decidir.

Estamos no 2009 e atopámonos cas mesmas discusións neste tema que fai catro anos. Xente que opina que non deberiamos votar, que xa non vivimos aí, nin pagamos impostos, só os residentes deberían escoller os políticos que terán que aturar. Outros pensan que a condición de emigrante, aínda que sexa permanente, non che ten porque facer perder os teus dereitos de cidadán galego, si, pero ¿que pasa cos galegos noutras comunidades españolas?, din outros.

E un que se sinte aínda máis apátrida, moitos dos da miña terra síntense incómodos ca idea de que os de fóra decidamos unhas eleccións, moitos de aquí aínda máis incómodos con que estranxeiros decidamos as súas. E eu penso, que aquel ilusionado rapaz de 19 anos que votou por primeira vez en 1997 e se prometeu a si mesmo que nunca perdería unha cita terá que ter o seu dereito a voto nalgures, ou que pasa, ¿son de verdade un apátrida?, ¿ou son Escocés?, porque moi contento e agradecido estou, pero Galego son e serei toda a vida.

Recoñezo que nisto vou dando tumbos e cambio de opinión, teño coma un conflicto interno, especialmente despois de ler opinións ben argumentadas como algunhas dos foros estes días. Pode que o meu problema sexa que lle dou demasiadas voltas, así que espero que un asiduo do blog me permita coller prestada e utilizar aquí a frase dun do seu profesor: “philosophy tells you a lot of things -but it doesn’t solve any problems for you” (Sousa-Pousa dixit) e facer o que considero máis correcto sen importarme o que outros pensen do tema porque ó final neste asunto non hai correcto ou incorrecto, un ten que facer o que lle pide ó corazón e a cabeza.

Pode que a pesares de levar xa varios ano fóra (¡e os que quedan!) e de sentirme un pouco apátrida, a pesares de estar contento en Escocia, que me deu as oportunidades que non atopei en Galicia na miña profesión, e a pesares de que aquí teño agora a miña casa,  non deixo de sentir un profundo desexo de intervir e opinar todo o que poida nas cousas de alá, incluso aínda que as veces trate de evitalo porque sinto que xa non me corresponde. Ou pode que si que me corresponda e que o que goberne vaia a mellorar sustancialmente a inversión en I+D para que xente coma eu poidamos atopar traballo aí ou pode que sinxelamente siga estando ilusionado como en 1997 a pesares de que ninguén o fixo e sempre o prometen. O caso é que alí vai o meu voto unha vez máis, esperando que desta vez vala para moito, e cumprindo a miña promesa de nunca poñer escusas para non cumprir co meu dereito (e a miña obriga) de cidadán Galego.

Etiquetas: , , , , , , ,

18 respuestas a ““Ese oscuro objeto de deseo””

  1. Ana dice:

    Muy bueno.

    [Reply]

  2. Gonzalo Rivero | Desde Nueva York, EE.UU dice:

    Noraboa pola entrada. O sentimento é compartido. Canto máis penso na posibilidade de quedarme neste país, máis sentido lle vexo a que debería perder o meu tempo facendo o posible por conseguir dereitos aquí e non en non “perdelos” alá.

    Eso si, chámalle antollo, chámalle teima, pero eu quero as miñas papeletas!

    [Reply]

  3. Sousa-Poza dice:

    Gonzalo, no creo que los emigrantes tengamos que renunciar a nada, pero tambien es cierto que no se puede vivir con el corazon en un sitio y el culo en otro.

    [Reply]

  4. Sousa-Poza dice:

    Lois, una entrada muy sentida. Tu experiencia es la de todos los emigrantes que nos hemos cortado el cordon umbilical o los que pudierais estar en el proceso de hacerlo.

    Por supuesto, cada uno tiene sus puntos de vista. Yo siempre estuve contento en todos los paises en los que anduve dando tumbos: todos tenian algo nuevo e interesante que aprender. Pero no puedo decir que nunca me senti “agradecido” a ninguno, como no considere que tenian que estarme agradecidos a mi por desempenyar una funcion que era necesaria en la sociedad en que me encontraba. Uno no le esta agradecido al panadero porque te venda pan ni el panadero tiene que estarte agradecido a ti porque se lo compres. Es una mera transaccion. No me creo tan inutil como para que nadie tenga que “acogerme” ni tan importante como para que nadie pueda vivir sin mi.

    En cuanto al voto, si lo tienes en tu pais o si te lo conceden en el extranjero, creo que es algo que debe ejercerse: es un deber civico. Lo contrario seria ser un “pasota”, un alienado de la sociedad en que vive. Yo vote por Mandela en las primeras elecciones en este pais, cuando tambien podiamos hacerlo los residentes. En las sucesivas, tan solo podian hacerlo los ciudadanos. Pues tambien me parece muy bien. Lo que no me parece necesario es hacer una mistica del voto, como si del mio individual dependiera el futuro del pais. Lighten up!

    [Reply]

  5. Jean Arthur dice:

    Una no es de donde nace sino donde pace. Aunque me gusta más decir crudamente que yo soy de donde me dan de comer. No voy a entrar en detalles personales, sólo me gustaría decir que si no fuera porque tengo el inmenso privilegio en los tiempos que corren de vivir de prestado gracias a mi familia, sería una indigente. Y ello a pesar de tener carrera, máster en Alemania y hablar tres idiomas extranjeros (ya, como otros).
    Hace un anho que por motivos personales no tuve más remedio que regresar a Galicia, de donde pronto me marcharé en busca de un futuro mejor. Durante este agónico tiempo me he dedicado en cuerpo y alma a encontrar un trabajo acorde con mi formación. Después de todo, un país que se reconoce deficitario en gente con aptitudes idiomáticas debería aprovechar a aquellos que han invertido tiempo, esfuerzo y mucho dinero en formarse, que habelos hainos. Al no lograrlo, pues simplemente pensé, con las consecuencias para mi autoestima que por supuesto todavía padezco, que no valía.
    Pero no me arrugué, y empecé a buscar otro tipo de trabajos, menos cualificados, para con 28 anhos no seguir dependiendo de mis padres. Infructuosamente también. Así que pensé que tampoco era lo suficientemente buena para ser camarera, dependienta o limpiadora. Nadie me dio una oportunidad. En definitiva, no tuve donde caerme
    muerta. Creedme.
    Yo no voy a votar. En un principio, pensaba hacerlo en blanco. La política en este país es vomitativa y ningún partido o candidato merece mi aprobación. Pero poco a poco, en paralelo al desarrollo de la campanha electora, por otra parte difícil de contemplar sin sentir vergüenza ajena, me fui conveciendo de que lo sensato es el abstencionismo militante, aunque parezca una contradicción.
    Este país hace mucho danho.

    [Reply]

  6. Sousa-Poza dice:

    Jean, mi tio, un exiliado politico en Mexico, lo ponia de otra manera: “mi patria soy yo”. Me parece que suena mejor.

    Me tengo encontrado en mas de un pais jovenes con tus calificaciones y tambien en tu situacion: no pueden encontrar empleo por mucho que lo traten. Las mas de las veces, sino invariablemente, se trata de un fallo de mercadeo. Nos hablas de falta de “autoestima que por supuesto todavía padezco”: si se te nota, … es un inconveniente.

    No creo que sean muchos los paises en la que politica no sea vomitiva si uno lleva sus sensibilidades a flor de piel.

    [Reply]

  7. Jean Arthur dice:

    Si llevo mis “sensibilidades a flor de piel”, será porque estoy legitimada para ello. Después de todo, no hablo desde atalayas universitarias o púlpitos electorales, sino desde la experiencia personal. ES cierto que no soy la única en mi situación, incluso hay gente muchísimo más preparada que no tuvo más remedio que buscarse la vida en otras latitudes. El mismo Lois Bello trabaja en Escocia como biólogo, creo, en un puesto que nunca le brindarían aquí. Incluso un columnista de La Voz de Galicia lo puso como ejemplo de la sangría de jóvenes formados avocados a marcharse por falta de oportunidades…
    Me da la sensación de que piensas que mi crítica se debe a la irracionalidad de verlo todo negro, y no me parece justo. Cuesta y es muy fácil dejarse llevar por la frustración, pero las más de las veces, cuando hablo sobre estos temas, intento ser lo más objetiva posible.
    La política, o la organización de la vida en sociedad de una gran parte de los países del planeta, es un desastre porque no logra mejorar las condiciones de vida de sus ciudadanos. Por ello, decir que en Espanha la “política es vomitiva”, parece una frivolidad. Aquí hay muchas cosas que funcionan muy bien. De hecho, si todo funcionase como la sanidad, por ejemplo, otro gallo cantaría. Pero no es así y no estamos en la “Champions League de las economías”, como algunos dijeron aún no hace mucho tiempo. Déjame decirte, si me permites, que en Alemania aunque puede que suene a tópico -me da igual-, hablo con conocimiento de causa, la política no es que no sea vomitiva per se, sino que simplemente es bastante menos asquerosa que aquí, que quieres que te diga. Aunque un paraíso terrenal tampoco es.
    Yo no me achico, soy una persona muy luchadora, pero decir que mi falta de expectativas profesionales en GAlicia no me afecta sería no ser fiel a la verdad. No sé, a lo mejor lo normal es que no afecte.
    Para terminar, no puedo estar más de acuerdo con la frase de tu tío. Yo anhadiría: “y todo lo que me emociona”. A lo mejor esto te da pie a pensar que mi queja es sólo fruto de mis pasiones….

    [Reply]

  8. Sousa-Poza dice:

    Jean, … ‘been there, ‘done that: no me dices nada nuevo. Te crees que yo sali de Galicia porque no me sentaba el clima? Y, cuando en una ocasion regrese a Espanya, no podia colegiarme porque no se me reconocian mis titulos universitarios norteamericanos dado que no existian acuerdos bilaterales. Fijate! Y poco importaria incluso si fuera egresado de Harvard. Ahora bien, si lo fuese de la Universidad Nacional del Norte, en el Peru, entonces si pudiera tener posibilidades porque por lo visto si existian acuerdos bilaterales. Hay algo de kafkiano en todo esto.

    Lo que queria decirte, sin embargo, es que situaciones kafkianas me las encontre no solo en Espanya -y no me estoy refiriendo ahora a paises del tercer mundo por los que he pasado. Es tan solo cuestion de grado. En cuanto a la politica alemana, no puedo hablar con conocimiento de causa -sino por referencias, aunque muy fiables. Y no todas coinciden con tu punto de vista. De hecho, yo no tengo la impresion de que la politica espanyola desmerezca de la de otros paises europeos y a veces los aventaje.

    Sigue luchando y venceras. Pero tienes tambien que darte cuenta de que las opciones en un pais como Galicia no siempre son optimas para jovenes que estais muy por encima del promedio. Lo que dices de Lois Bello puedieras haberselo aplicado a Severo Ochoa. Nada de esto es nuevo ni sorprendente, mi querida Jean. Si fueras futbolista, … entonces quiza pudiera hacerse una gestion.

    No, no se me ocurrio que tu queja era solo fruto de tus pasiones -pero ten la seguridad de que la vida solo vale la pena ser vivida apasionadamente.

    [Reply]

  9. Loís Bello dice:

    A frustración e pérdida de autoestima é moi normal neses casos, e non por non ser ambicioso ou loitador, é algo normal que un pasa cando se sinte ben preparado pero rechazado ou ninguneado na súa propia terra (ou onde sexa), a min tamén me pasou, de feito as veces penso que debín coller a maleta no 2002 en lugar de estar 2 anos dando voltas tentando de loitar contra a realidade pero tomala decisión de irse, costa. Non sei! as cousas pasan cando teñen que pasar, pero eu penso que tirei dous anos ó lixo. Ánimo Jean e fagas o que fagas, moita sorte, atoparás o teu lugar onde menos o esperas. En canto á política, en fin, en cócense fabas en tódalas partes pero eu as veces tamen penso que o de Galicia é bastante penoso, ¿teremos o que merecemos?, pero aínda así non perdo a esperanza de que o meu voto estará de algunha forma valendo para algo, aínda que sexa pouco a pouco. E como di Sousa, o da pérdida de xoves preparados non é novo, é tristemente algo histórico, que no caso da Ciencia, que é o que coñezo, necesitará moito máis que cartos para que cambie, é máis unha cousa de mentalidade, de iniciativa, de como está estructurado ó país, e isto leva xeracións cambialo.

    [Reply]

  10. Loís Bello dice:

    “Una no es de donde nace sino donde pace”, miña nai usa moito este refrán, aínda que agora sufre de verme tan lonxe, pero ten algo de certo.
    “We are the real countries. Not boundaries drawn on maps with the names of powerful men”. Di Katharine Clifton (Kristin Scott Thomas) en El Paciente Inglés al Conde Laszlo de Almásy. Tamén moito de verdade, ó final un tense a un mesmo para saír adiante, pero por sorte ou por desgracia, necesitamos políticos.

    [Reply]

  11. Sousa-Poza dice:

    Lois, yo siempre tuve la idea de que la “autoestima” es una condicion endogena del ser. Por supuesto, las alabanzas son mas gratas que los desprecios, pero para mi tanto las unas como las otras tienen una “shelf life” muy limitada. “Yo se quien soy”, como decia Don Quijote: tomo nota de lo que de mi digan unos u otroso, bueno o malo, pero en ultima instancia lo que cuenta es como yo me veo a mi mismo y no los demas.

    Decia un genetico que “raza es familia”. Creo que lo mismo puede decirse de la nacionalidad -y por eso son conceptos que, para bien y para mal, tendran permanencia.

    [Reply]

  12. Jean Arthur dice:

    ……es que de lo que yo hablo no tiene nada que ver con las alabanzas o los desprecios….
    Yo también sé quién soy, pero por suerte o por desgracia no puedo vivir de espaldas a los demás. No conozco a ninguna persona que en no haya sufrido en algún momento y por las más variadas razones, falta de autoestima. No estamos solos en este mundo (en sentido literal) y nos necesitamos mutuamente. A lo mejor no es tu caso, pero alguna flaqueza tendrás. O eres un “superhombre”?.
    En cuanto a lo de tus referencias no coincientes con mi opinión de la política alemana, bueno, como tú dices, no todos tenemos el mismo punto de vista. Pero te aseguro que en mis anhos en el país no he estado de fiesta precisamente y sé de lo que hablo. También tiene que ver con el hecho de las expectativas y sentido crítico que tenga cada uno. Por eso, Lois, tu pregunta respecto a si nos merecemos el panorama actual, pienso que no. Por lo menos, yo no me merezco a Tourinho, Quintana o Feijoo, y mi padre, que trabajó muy duramente toda su vida para darme la educación que él no tiene, tampoco. La sociedad es responsable, sí, pero quien tiene la obligación de hacer avanzar este país son los políticos, que para algo son elegidos. Por desgracia es mucho pedir, pues ya es lamentable escuchar hablar a muchos de ellos.
    Gracias Lois por tus ánimos. Precisamente fue la maravillosa actriz que mencionas quien dijo no hace mucho tiempo que ella era una francesa que había vivido veinte anhos en Inglaterra. Me encantó.

    [Reply]

  13. Sousa-Poza dice:

    No,Jean: no tengo “alguna flaqueza”. Tengo muchas flaquezas … y algunas creo que ya nunca voy a superarlas. Pero eso no necesariamente esta relacionado con la “autoestima”. De lo que estamos hablando es de si uno es mas “field dependent” o mas “field independent”. Es una condicion del ser. Creo que puedo decir que yo prefiero las alabanzas, pero tanto las alabanzas como los desprecios me dejan bastante frio: lo que importa la opinion que yo tengo de mi mismo.

    Lo de que “todos tenemos lo que nos merecemos” a la larga pudiera ser cierto -pero a corto plazo pudieran haber coyunturas que simplemente no son culpa nuestra. Ahora bien, lo de que La sociedad es responsable me parece altamente discutible. Yo no me considero responsable porque un narcomano sea narcomano o un criminal sea criminal cualesquiera que sean sus antecedente.

    [Reply]

  14. Arale dice:

    Jean, non imaxinas o calafrío que me deu ao ler os teus comentarios. Same story. Pero como din Loís e Sousa, só queda seguir loitando, e (por moi amolante que sone porque xa estarás farta de que cho digan, pero é certo) rematarás atopando o teu sitio (ou sitios) onde menos o agardas. Hai moito mundo que roldar! Ánimo 🙂

    [Reply]

  15. Sousa-Poza dice:

    Arale, ten la seguridad de que los que nunca perdieron ninguna batalla en la vida es porque no libraron muchas: no son tan “warriors” como se creen.

    Como decia el Che, “los combates se ganan o se pierden, pero se dan”.

    [Reply]

  16. athenea dice:

    Es la 1ª vez que entro en este foro y me parece interesantísimo, yo también vivo fuera de la “terriña”, aunque no en el extranjero, sino en Canarias desde hace 9 años. Esta es una historia muy larga, que quizás cuente en otra ocasión si tengo tiempo de seguir vistándoos de vez en cuando.
    Hoy solo quiero referirme al voto de los emigrantes que se plantea aquí. Yo tuve oportunidad de votar en unas elecciones cuando llevaba aquí sólo unos meses. Por el tema de los descuentos para residentes me empadroné en las islas nada más llegar. Desde entonces mi voto ya no podía ser para Galicia.
    Aquellas 1ªs elecciones me parecían de lo más absurdo, no conocía nada de aquí, ni los políticos, ni siquiera los partidos que había, ni mucho menos, claro conocía los motivos políticos de cada partido, ni las deficiencias que había que mejorar, ni nada de nada. Bueno, que obviamente en mi estado de ignorancia total me abstuve de votar.
    Pero siempre me pregunté qué objeto tenía que un español que se muda a otra comunidad se tenga que ver en esta situación.

    [Reply]

  17. Sousa-Poza dice:

    Athenea, BENVINDA! Esperamos tus entradas.

    [Reply]

  18. Ramo dice:

    Creo que cando nos queixamos dos votos dos emigrantes todos estamos a pensar en aquelas persoas que levan toda a súa vida fora ou que incluso naceron xa fora, que non teñen ningún tipo de apego á nosa terra nin ningún interés no que aquí está a pasar. É moi difícil facer unha lei en este ámbito xusta para todos pero creo que cadaquen debería ser coherente consigo mesmo e non participar si realmente non ten nada que aportar nin lle interesa o que aquí pasa. O voto de algúns de vós, que conocedes moi ben a realidade política desta terra, é tan válido como calquera, na miña opinión. Pero esas persoas que votan manipuladas polos favores que lle fan os gobernos de turno non lle fan ningún favor á democracia.
    A ver si algún dos que van pasando pola noso poltrona se deciden dunha vez a facer algo para poder buscar unha solución que se axuste máis á realidade de cada quen.
    Tamén me gustaría engadir que para nada sodes,os que estades nesa situación, apátridas sen dereitos en ningún sitio senón moi afortunados de poder disfrutar de dúas nacións, dúas culturas, poder entender diferentes formas de vida; e si sodes capaces de poder tomar parte e coñecer a realidade política e social de ámbolos dous sitios tendes tanto dereito ou máis que calquera a decidir. O máis fácil sería olvidarse dunha das dúas nais e facer a túa vida de espaldas ó que pasa no resto do mundo pero o que lle importa realmente a súa terra e sigue sentindo ese apego ou morriña por Galicia, aínda sentíndose ben onde está ,ten moito que aportar a Galicia e ós galegos que seguimos aquí.
    Un bico para todos os que estades alá

    [Reply]

Deja tu comentario