La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Abstención dun politólogo

Escrito por Gonzalo Rivero | Desde Nueva York, EE.UU
20 de febrero de 2009 a las 1:52h

Dicía un compañeiro meu de despacho que as longuísimas colas nas eleccións presidencias americanas de Novembro non eran un síntoma dunha ilusión popular por participar nuns comicios históricos. Eran, para el, un sinal inequívoco de que alguén non fixera ben o seu traballo. Que semellante ineficiencia en algo tan simple coma colocar suficientes urnas, non era algo do que gabarse.

Vou camiño de converterme nun abstencionista forzoso, coma tantos outros que testemuñaron neste blog que aínda non recibiron a documentación electoral. Igual é que non queren o meu voto. Igual fan ben e están a protexer a limpeza das eleccións, xa que a única garantía de que son eu quen emito o meu voto aquí no estranxeiro é unha fotocopia do meu pasaporte. Igual teñen bos motivos, xa que é coñecido que os votantes CERA nos comportamos de xeito diferente que os residentes no país, e visto que cando menos dous escanos poden depender dos nosos votos, pode non ser tan mala idea reducir o noso peso a base de dificultarnos o voto. Igual simplemente son un atallo de toutizos, que atopan complicado remitir unhas sacas de cartas ó estranxeiro. Pouco cambia a cousa en calquera dos escenarios. O resultado ó final é o mesmo: eu vou camiño de non poder votar e eso, queirámolo ou non, é un sinal preocupante de que "algo" non funciona como debera.

8 respuestas a “Abstención dun politólogo”

  1. Miguel Salas dice:

    Completamente de acuerdo…

    [Reply]

  2. mariluz dice:

    Pues yo tampoco he recibido los sobres para poder votar. Empieza a no importarme que me obliguen a abstenerme. Si tuviera las papeletas en mi poder en estos momentos me gustaria votar nulo. Hacer con la papeleta una especie de pelota, meterla en el sobre, y enviarla. Siendo realistas, ese es el voto correcto porque escenifica el caso que se le pone a mi voto y al de otros miles de personas que lo unico que hacen en esta vida es trabajar, intentar mejorar, pagar impuestos y ponerle mucho afan a intentar se felices. Nunca pense que lo diria, pero la realidad me ha demostrado que este gobierno del bipartito es tan corrupto y carente de miras como el anterior, y mira que es dificil porque los otros habian dejado el liston muy alto en esas dos categorias. Que pena!

    [Reply]

  3. Moisés dice:

    Xa voto eu por ti, mandame o nome dun partido (da tua eleccion-claro esta)o email. Aki estamos para o k faga falla.

    [Reply]

  4. O que faltaba dice:

    Eu vivo en Nova York e recibin as papeletas onte, e hoxe xa as enviei por correo…

    [Reply]

  5. Beti dice:

    A New Jersey tambien siguen sin llegar….a ninguno de mis conocidos le han llegado tampoco!!!! Que verguenza!!!!

    [Reply]

  6. Ruth dice:

    Eu son estudante en Rumanía e o 20 de xaneiro desplaceime á embaixada a propósito para solicitar o voto por correo. Cando me dixeron que era obligatorio recibir no meu domicilio no extranxeiro (unha residencia de estudantes no medio da nada nunha cidade tercermundista) as papeletas e o sobre, e que non era posible recollelo na embaixada outra vez, perdín toda esperanza de recibilo, porque Rumanía é como é, especialmente en cuestións administrativas. Pero chegoume todo o pasado 18 de febreiro e xa o enviéi á mesa electoral por correo certificado. ¿Chegará? Cando votéi por correo dentro de España, non había forma de sabelo, pero agora, como se supón que me teñen que reembolsar o franqueo do envío desde o extranxeiro, será a única proba que teréi de que chegue ou non.
    Respecto a que ó solicitar o voto dende o extranxeiro non se garante a autenticidade de que quen vota é el mesmo, xa que só hai que presentar unha fotocopia do pasaporte, non estou de acordo. No meu caso tiven que ser eu mesma co meu pasaporte e DNI orixináis, a que se presentou na embaixada e foron eles os que me fixeron as fotocopias estando eu presente. Se alegamos que puiden xogar carta cun pasaporte ou DNI roubado, eso xa é algo que pode ocurrir tamén na mesa electoral mesmo, ir e votar na urna co DNI doutra persona. Algo absurdo que dudo moito que ninguén faga por ninguna razón razoable.

    [Reply]

  7. Sousa-Poza dice:

    Ruth, yo no fui a ninguna representacion diplomatica espanyola para sacar la fotocopia de mi pasaporte: no lo pedian y no lo hice. Y si lo pidieran no hubiera votado porque no iba a ir a Johannesburgo o a Ciudad del Cabo para eso. El hacer trampa por un voto se me antoja lo que dices: “Algo absurdo que dudo moito que ninguén faga por ninguna razón razoable”.

    [Reply]

  8. Chuvieira dice:

    Gonzalo, e a ofinal que?… Pudeches votar ou non? Digocho porque a min o final non me chegaron as papeletas, enton non pude votar. E como min centos. Que pais este de pandereta!!!

    [Reply]

Deja tu comentario