La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Eleccións desde Xapón. Orientarse ou non Orientarse.

Escrito por Iago R. Brenlla | Desde Kyoto (Japón)
18 de febrero de 2009 a las 10:11h

Non sei porque pero até este ano sempre vira as eleccións como un punto de inflexión, unha meta no camiño, algo que podería cambiar a miña vida desde o ponto de vista NEGATIVO.

Agora, desde o politicamente ignorante e pacífico Xapón vexo as cousas un pouco diferentes, o negativo convertiuse en positivo e vexo as nosas eleccións como unha festa na que a cidadanía por meio do voto amosamos as nosas preferencias de maneira clara e contundente, algo do que non poden falar outros moitos paises chamados “democráticos”. Por exemplo, no país no que eu vivo agora, só existiu un partido durante os 53 anos de democracia que “disfrutaron” despois da Guerra. Unicamente durante o período entre 1993 e 1996 houbo unha fase na que o Partido Liberal Democrático deixou paso á oposicíon. E non só iso, os dous grandes partidos que existen poderíase dicir que en grande medida comparten a mesma idea polo que non estraña que a política deste país non resulte de interés para unha sociedade tan pasiva como a xaponesa.
A política nipona é unha política de apariencias, á que eu chamaría “vazquista”. O político de turno (normalmente pertencente a unha familia de políticos, sempre continuador da saga e cunha capacidade económica para nada parecida á meia da sociedade) sae a rúa (cousa que non volverá a facer en 4 anos) para soltar un “speech” falto de política pero cheo de lemas lisonxeiros, críticas e proposicións para o futuro. É normal ver pasar os coches oficiais e unha man cunha luva branca asomando pola xanela e saudando a todos os paisanos. Outras veces, subense ao teito da furgoneta coas mans (sempre coas luvas brancas, como dicindo “eu son puro e limpo”) inzadas de micros e falando cousas nada profundas e consignas lixeiras pero pegadizas. Ata aquí todo sería máis ou menos igual que na nosa terra, mais a diferencia é que nestas illas, o pasotismo político elévase a niveis incríbeis nos que unha porcentaxe moi alta de xaponeses non sabe mesmamente o nome do seu Primeiro Ministro (e iso que practicamente só hai un partido!) e no que a xuventude apenas transmite a súa opinión obviando o seu necesario voto (alta porcentaxe de abstencións).
Doume conta da seriedade do noso país, como aproveitamos os escasos 33 anos de democracia para sentir as eleccións como unha “posibilidade”, con non só 2 partidos, como en USA ou Xapón, senón con 3, 4 ou mesmo máis agrupacións que poden cambiar o rumbo da nosa sociedade. Para ben ou para mal, non foi o mesmo o governo do PP que o do bipartito PSOE-BNG. As diferencias no tipo de democracia coa que traballan hainas, só temos que buscalas.
Nestas eleccións galegas estamos a ver como a xente involucrase,  continuas e ridículas manifestacións e contramanifestacións que nos axudan a ter información, a facernos unha idea de quén son os ridículos, de qué opinión temos, de quén somos (é moi interesante como na rede de internet, nos blogs, nos facebooks, nos hi5, etc. existen cantidade de opinións -serias ou non,  mais opinións que é o que conta- sobre o que está a acontecer políticamente no país) É o povo o que sae a rúa, somos as persoas, levadas ou non por un partido, mais ao fin e ao cabo, as persoas, as que protestamos e intentamos cambiar a idea do electorado coas nosas opinións e manifestacións públicas. Non deixamos o traballo da democracia só para os políticos, queremos nós tamén amosar que algo de forza tamén temos (imposíbel olvidar o batacazo do PP tras as manifestacións hai uns anos polo triste atentado do 11M).
Agora doume conta do importante que son estas -para moitos inúteis- manifestacións e opinións á hora de sentir o que é a democracia. Calquer tipo de discusión pacífica será sempre benvida (non por casualidade venme á cabeza o caso do “bilinguismo” ou tamén o escrito do redactor e director deste xornal La Voz de Galicia) pois serviranos para ter información, cotexala, ver se nos queren enganar e escoller entre as 3 diferentes grandes ideas que atopamos nos 3 partidos maioritarios que hai no noso país. Agora, tras toda a información, só queda escoller. Ánimo.

3 respuestas a “Eleccións desde Xapón. Orientarse ou non Orientarse.”

  1. ANONIMO (OSAKA) dice:

    Cada pais tiene sensibilidades, actitudes o visiones que se ajustan a su realided. O es que acaso en Galicia o incluso en Europa se dan las circunstancias para hablar de INFORMACION/COMUNICACION y darnos por satisfechos. Cuantas veces nos hemos sentido desinformados por los politicos y los periodistas? Al menos en Japon, quizas se puedan dar el lujo de que no necesitan de sus politicos porque la sociedad es lo suficientemente sabia y agrupada.

    [Reply]

  2. Sousa-Poza dice:

    Iago, una buena contribucion. Quiero comentar solo tres puntos:

    1) Creo que la nocion de que la democracia en Espanya comenzo despues de Franco y, por consiguiente, Espanya es una “democracia nueva” es errada. Por esa regla de tres, las democracias alemana, italiana y francesa tambien son “nuevas” porque empezaron despues de Hitler, Mussolini y Petain. Pero hay toda una historia democratica anterior a esos personajes. En el caso de Espanya se remonta a las Cortes de Aragon en la que los nobles le dijeron al rey “nos, que somos tanto como Vos, …” Esto ocurrio casi cien anyos antes de la Carta Magna inglesa.

    2) No considero una democracia avanzada aquella en la que, como la italiana, existen multiplicidad de minipartidos: es mas bien una prueba de inmadurez politica. La razon de ser de la democracia no es la democracia en si misma, sino proporcionar un sistema efectivo de gobernar la “res publica”. Una democracia al servicio de los partidos en vez de la Republica, no puede ser un sistema de gobierno efectivo.

    3) En paises avanzados, la diferencia entre los grandes partidos mayoritarios no es tanto de ideologias sino de “efectividad” y competencia. Las diferencias ideologicas son frecuentemente marginales. Como decia un ministro socialista espanyol de economia, “el gastar mas de lo que se gana, no es socialismo ni capitalismo: es incompetencia”. No hay ya espacio para partidos de derechas que quieran abolir los seguro sociales o de izquierdas que quieran nacionalizar la industria. Son ideas que tuvieron vigencia en su dia pero que hoy estan ya superadas.

    [Reply]

  3. gloria dice:

    Moi ben Iago,xa lin a tua paxina e gustoume moito porque fas reflexionar e ademais deixas que cada quen pense en liberdade,penso que en todo hai que ser éticos e actitude de servicio ,Grazas fillo

    [Reply]

Deja tu comentario