La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

O principio fundamental dunha República

Escrito por Gonzalo Rivero | Desde Nueva York, EE.UU
3 de febrero de 2009 a las 6:35h

Será que teño espírito de polemista, pero en canto vexo aseveracións rotundas que apelan ó sentido democrático, sinto a profunda necesidade de adoptar a posición contraria aínda que soamente sexa para convencerme eu mesmo de que aquelo é unha verdade evidente. Xa houbo quen deixou ben claro que o PSOE e o BNG, de formar goberno en coalición, deberían anuncialo con adianto para que os votantes saiban a que ateñerse. Non lembro ben se ademáis había unha apelación a algunha moral cívica, pero para o caso, que é unicamente polemizar, é o mesmo.

Dende logo semella obvio a primeira vista: se os partidos plantexan programas políticos nos que recollen as súas intencións e ademáis son esas promesas o que guía a decisión de voto dos cidadáns, parece claro que, se existe unha alta probabilidade de que o programa sexa modificado porque o partido vai ter que ceder nalgunhas políticas cos seus socios de coalición, o partido debería anuncialo con anticipación. No fondo, o programa debe reflectir o que vai acontecer cando o partido estea no goberno, e por tanto, se o programa se vai ver condicionado, eso debe ser anunciado, para que os votantes poidan votar sobre as propostas auténticas (e para maior gloria da Democracia). Pero é realmente así?

Esta lóxica parece indicar que, se o PSOE e o BNG non anuncian nada é que teñen intención de gobernar en solitario. Máis aínda, que independentemente do que digan as enquisas, ambos partidos tentarán un goberno en minoría. Non teño claro que esto sexa obvio. Debo asumir que a intención primaria de calquera partido (goernar en solitario) é a alternativa máis natural aínda cando é probable que se repitan, mutatis mutandis, os mesmos resultados electorais que deron lugar á coalición? Dende logo se a coalición terminase públicamente mal, podería ser o caso. Pero cando ambos partidos parecen manter un pacto de non-agresión, debo tamén dar por suposto que en realidade non se debe a unha aceptación tácita de que os partidos do mesmo espacio ideolóxico non se atacan entre si? Dito doutro xeito, de verdade o electorado de ambos partidos cre que a coalición non se vai repetir? Nótese aquí ese 40% de enquisados (segundo o informe de Sondaxe) que queren que a coalición se repita. O feito pois de que sexa unha información necesaria que os partidos deban aclarar e que  non é extraíble do que acontece no día a día político, non o acabo de ver.

Non obstante, esa chamada á ética democrática sempre ten algo máis que ver co aspecto normativo, do que debese ser. Esquezamos a estes dous partidos. En xeral, se dous partidos tivesen a opción de formar unha coalición no caso de obter suficientes escanos, deberían anuncialo? Podemos estar tentados a ver os gobernos de coalición ó xeito dos governos maioritarios: os cidadáns deben saber o programa da eventual coalición e por tanto, toda alianza debe ser preelectoral. Se non o fose, parece que o mínimo que debemos requerir é que ambos partidos contemplen no seu programa que políticas implementarán unha vez cheguen ó executivo. No fondo, esta argumentación asume que os resultados electorais poden ser predicidos e que polo tanto os dous partidos (volvámolos chamar PSOE e BNG) son quen de adiviñar cal será a súa forza relativa cando chegue o día de negociar o reparto de Consellerías. Se un dos partidos é o castigado, parece natural que perda forza no futuro pacto. Polo menos eso é o que parece requerir a representatividade. Se fose así, adiantar un programa de goberno pode ser arriscado e certamente inútil se por exemplo o PSOE pensa que vai sair das eleccións en idénticas condicións ás que tivo ata agora e as expectativas non se cumpren. O programa, nese caso, pode non ser un documenton tan útil.

Ademáis, son os programas listados das políticas que se van levar a cabo? Sen dúbida esperamos eso, pero tamén algo máis. Queremos que o partido nos dea pistas de cales serán as súas liñas xerais de actuación. Se non poden levar a cabo a política "A" que figura no programa, queremos saber a que se parecerá a política "B" que finalmente poñan en acción. É dicir, podería ser que prefiramos permitir que os programas non sexan contractos dos que os gobernos non se poidan sair, senón as trazas do seu obxectivo final, unha folla de ruta que recolecte os obxectivos ideais. Se fose así, en qué cambia o feito de negociar unha coalición? O que os votantes do partido quererán saber non é tanto o resultado da negociación, xa que se cadrá é demasiado dificil de predicir, como a posición que o partido adoptará na mesa de negociación cando teña que sentarse fronte ó seu socio de coalición. Se teño que delegar para que alguén me represente nunha decisión que se tomará mediante unha discusión con outros delegados pode resultarme máis útil coñecer onde está disposto a ceder e onde non o meu representante, que, por exemplo, o resultado que se vai obter da negociación (lembremos que a forza de cada parte é aínda descoñecida). Dito de outro modo, os votantes do PSOE ou do BNG poden non estar facendo máis que outorgar unha capacidade para negociar. Se ademáis lembramos que os votos se dan para un partido e non para calquera posible combinación de coalicións (podes votar polo PSOE e preferir que negocien co PP antes ca co BNG, pero lamentablemente a papeleta non vai recoller esa intención), aínda non teño de todo claro como se manifesta ese suposto "mandato" sobre as coalicións.

De todas formas que e o mellor para o colectivo, para o conxunto dos galegos? Naturalmente os partidos están máis cómodos sen ter que atarse sempre e cando eso non represente unha perda de votos, como parece ser este caso. Os votantes do BNG e o PSOE poden ter opinions contradictorias: o partido que se sacrificou máis durante a lexislatura poden esixir un acordo de anteman para decidir xa antes se o van aceptar, mentres que o beneficiado preferira o mesmo sistema. Agora ben, cal é o partido castigado non o sabemos aínda, e de feito, nin cos resultados na man o poderíamos saber. Así pois, asumo que ambos grupos estarán igual de satisfeitos/disatisfeitos que cantes. E os votantes do PP? Asumindo que non obteñen un beneficio político ou persoal de criticar a lexitimidade dos acordos dos outros partidos parlamentarios, é de supor que lles deberia resultar indiferente en tanto que non han afectar ás politicas se non obteñen maioría suficiente. E o resto dos partidos que poderían entrar no Parlamento? Eses merecen mencion aparte, pero este post xa vai moi longo.

4 respuestas a “O principio fundamental dunha República”

  1. Sousa-Poza dice:

    Gonzalo, me da la impresion de que nunca fuiste jugador de poquer. Francamente, al final acaba uno perdiendose en tus reflexiones. Parece que “l’envoi” es que la democracia en Espanya no es lo suficientemente democratica. Puedes aplicarselo tambien a la de los Estados Unidos. Tengo graves problemas con los espanyoles que se creen que la democracia espanyola es una “democracia nueva”, como si se tratara de Surafrica. But that is another story.

    Cuando se me habla de “ó sentido democrático”, de “e para maior gloria da Democracia”, de “á ética democrática”, … mas que polemica me parace doctrina. Supongo que no se te habra pasado desapercibido que el exito de la democracia norteamericana se debe en gran parte, sino en su totalidad, a que la gran preocupacion de los Founding Fathers no era tanto la Democracia como la Republica.

    [Reply]

  2. O principio fundamental dunha República : polo dice:

    […] Leia mais deste post no blog de origem: Clique aqui e prestigie o autor […]

  3. Gonzalo dice:

    Sousa, se o que extraes do meu post é algo que teña que ver con “calidade democrática” entón teño que revisar a redacción moi seriamente!

    [Reply]

  4. Sousa-Poza dice:

    Gonzalo, nolo contendere.

    [Reply]

Deja tu comentario