La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Difusión e contaxio

Escrito por Gonzalo Rivero | Desde Nueva York, EE.UU
23 de diciembre de 2008 a las 20:26h

Rompendo co principio de solidariedade, hoxe contribuirei a espallar a gripe por medio hemisferio occidental. Ou eso ou quedo aquí soiño en Nadal. Non é que sexa relixioso, pero a perspectiva de requentar un polo asado que habita a miña neveira dende hai dias no canto de deixarme coidar pola miña avoa, non é algo que me motive demasiado. En canto acabe este post, marcharei ó aeroporto para comezar a pequena aventura que, tras Londres, Madrid e Compostela, agardo que me leve á cea de Noiteboa en Ourense. E por todos eses sitios, levarei a gripe canda min. Descúlpenme os futuros afectados pero non penso entrar a debates sobre se é xusta esta redistribución de graos de febre e moqueo constante. É o que hai. Eu aquí non quedo en vacacións.

Aínda non sei ben como a collín. De feito, non mo explico. Levo os últimos días case sen sair da casa, rematando proxectos e as avaliacións dos meus alumnos. Estiven ó quente e me alimentei ben (da miña dieta estas últimas semanas de estrés, prefiro non facer comentarios). En fin, debeu vir co xornal ou con algunha das facturas. O importante é que acabo de saquear a farmacia (uns seres impresionantes as farmacias deste país, merecen un comentario futuro) e irei dopado as vindeiras 24 horas: o tempo que supostamente me ha levar ir do meu cuarto de aquí ó meu cuarto de casa de meus pais.

Tamén é mala sorte. Para dúas ou tres veces que volto a Galicia cada ano…

Una respuesta a “Difusión e contaxio”

  1. Whitard dice:

    Bienvenido al club. Yo me encargaré de llevar mi incipiente gripe de vuelta a territorio asiático.

    [Reply]

Deja tu comentario