La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

“Estiven no cumio do Padornelo”

Escrito por Gonzalo Rivero | Desde Nueva York, EE.UU
20 de diciembre de 2008 a las 23:55h

Comeza a carreira electoral en Galicia. Logo de ter pasado polas primarias norteamericanas e de que aquí os meus veciños escollesen a Obama, aínda que sone mal, hai que recoñecer que a competición Touriño-Quintana-Feijoo queda un chisco corta de glamour. De tódolos xeitos, haberá debate, haberá discusión sobre o voto dos emigrantes, volverán sacar o tema de “debe governar o que máis votos teña” (teima teñen con eso) e, como non, o da xestión da crise financeira internacional. Quen é o científico político que non se emociona con estas cousas? Visto ademáis o pouco que cómpre para facer de opinólogo, vaianseme preparando, que me sumo á lista.

E ademáis estou de vacacións!

Deja tu comentario