La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

O tigre que miaña

Escrito por Pablo Carballada
9 de diciembre de 2008 a las 19:13h

O Tigre Celta xa non é o que era. Agora non ruxe, miaña como un gatiño doente. Aquela economía que crecía a un ritmo nunca visto en Europa (7% nos anos 90) e era a envexa de medio mundo xa non dá máis de si e foi a primeira en sufrir as consecuencias desta crise mundial. Habería que ser economista para saber por que Irlanda foi un dos primeiros países do mundo en entrar en recesión, pero aquí van algúns datos.

Todas aquelas virtudes do suposto milagre irlandés foron caíndo como un castelo de naipes. No fin das contas, víuse que a industria do software (na súa maior parte americana) non era tan proveitosa e facía ao país demasiado influenciable polas fluctuacións da economía do amigo americano. Tamén se viu que, como en España, o principal sector productivo, a construcción, estaba hipotecando o país con prezos irreais e un crecemento económico virtual. E claro, tampouco se pode vivir toda a vida dos subsidios e a xenerosidade da UE.

Calquera que pase polos arredores de Dublín e os condados veciños, por poñer un exemplo, pode encontrarse con ducias de edificios de apartamentos, algúns vacíos e outros sen rematar. En Sandyford ou Dundrum, por exemplo, un apartamento de dous cuartos e os luxos xustos, pasaba do medio millón de euros un ano atrás. Agora moitos están baleiros e os donos vense negros para afrontar a hipoteca. E xa non digamos para vender…

Ademáis da crise inmobiliaria e os efectos deste desastre global iniciado nos Estados Unidos, o problema irlandés está agudizado polo descenso do consumo e os prezos desorbitados dos alimentos ou a gasolina. Porque é toda unha odisea facer a compra no Dunnes ou no Tesco… E o goberno non tivo mellor idea que subir o IVE ata un 21.5%. Esta medida, unida ao afundimento da libra (moeda en curso en Irlanda do Norte, onde ademáis o IVE é do 15%) fai que moitos residentes da República acudan en masa ás cidades fronteirizas do lado norirlandés para facer a compra, especialmente nos fins de semana, agudizando a crise do comercio local dos condados republicanos. En Newry (cidade norirlandesa a medio camiño entre Dublín e Belfast), podes pasar unhas cantas horas facendo cola no coche para entrar nos centros comerciais ateigados de irlandeses (do sur) facendo as compras do Nadal. E isto a pesar dos anuncios do goberno chamando ao patriotismo e ao consumo nas tendas e mercados do barrio de toda a vida.

Non fai falta dicir que esta crise no consumo vaise ver acentuada co aumento do paro (xa se ven colas nas oficinas do FÁS), e coa fuxida de boa parte da comunidade inmigrante (máis do 10% da poboación).

E cando parecía que as cousas non podían enguedellarse máis, chegou a crise da industria porcina, que ficou paralizada despois de que se encontrasen mostras de productos derivados de porco irlandés contaminadas con dioxinas, supostamente procedentes dos piensos. En total, 6000 empregos penden dun fío e varias industrias cárnicas comezaron a pechar as portas.

E hoxe mesmo parece que tamén encontraron as famosas dioxinas en mostras de carne de vaca… Definitivamente, este importante sector na economía local entrou en barrena.

Tan so unha boa noticia, parece ser que os publicans (os donos dos pubs) decidiron conxelar os prezos das pintas de cervexa e demáis beberaxes alcólicas para axudar aos cidadáns a esquecer os efectos da crise nos seus locais. Algo é algo.

Xa vedes, en todas partes cocen fabas.

Etiquetas: ,

5 respuestas a “O tigre que miaña”

  1. agustin dice:

    me pregunto si este bello articulo está escrito en portugues, o en gallego.

    [Reply]

  2. Pablo Carballada | Desde Irlanda dice:

    Me pregunto si cierto talibán que ha comentado por aquí es tan intolerante, o se lo hace.

    [Reply]

  3. jrr dice:

    Eu vivo en Dublin dende fai un ano e pico. Como moitos enxeñeiros informáticos, á falta dun soldo decente na terra, decidimos virnos para aquí. É certo que a economía vai para abaixo en Irlanda, e todo o que está ben analizado. Realmente Irlanda non é un país moi avanzado como Dinamarca ou Suecia (exemplo, o aborto é ilegal, servizos sociais carisimos, como garderías, pisos de aluguer caros e calidade pésima etc..), en cambio é aínda un país con nivel alto, onde os soldos son todavía moi competitivos (no caso da informática hasta 4 veces superiores a España). Pero claro, esta industria, como ben dis, depende moito de USA, i é unha industria de soporte maiormente, non de producción. Polo que o soporte sempre se pode mover para outros países, como Polonia ou Brasil, nos que as grandes compañías poden aforrar máis da metade en gastos (exemplo: Dell parece ser a próxima, e tamén leín tempo atrás que HP). Definitiva, que en tódolos sitios cocen fabas, pero xa me gustaría que se coceran así para os informáticos en Galiza

    [Reply]

  4. fazulas dice:

    (pergunto-me se o belíssimo primeiro comentário estará em castelhano ou em ezpañó)

    Eu também estou em Dublim (de caminho aos seis anos agora). Parabéns polo artigo, pom o dedo justo na chaga do que se coze por acô… Eu já levava tempo falando no “gato céltico”… Ainda que efectivamente os salários dalgumas profissons som os mais altos de Europa, a cousa piora quando temos em conta o poder adquisitivo associado. Assi que o x4 que nos di jrr às vezes semelha um x2 ou um x1.5 …

    [Reply]

  5. jrr dice:

    certo, inda así, hai cousas que valen o mesmo para todo o mundo (voos de avión, aparatos de electrónica, etc), e realmente, inda que a vida aquí é moi cara, queda máis marxe para aforrar

    [Reply]

Deja tu comentario