La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Primeiros resultados

Escrito por Gonzalo Rivero | Desde Nueva York, EE.UU
5 de noviembre de 2008 a las 7:55h

Datos oficiais! Datos oficiais! Si, estou un pouco sobresaltado: levamos xa varias horas pegados ós ordenadores (os xornais e os blogs son fontes máis fiables de información que a televisión) e xa nos emocionamos por nada. Daría xenio ver unha elección aínda máis decidida pero, segundo a CNN.com, McCain non ten esperanza ningunha de roubar algún estado demócrata, así que as cousas se van pondo doadas para Obama. Florida parece gañada e Virxinia e Indiana están case decantadas (se nos fixamos a nivel de condado, aínda que só levamos o 11-13% escrutado). Igual antes das 12 podemos marchar durmir.

P.D.: Di a mitoloxía electoral que nunca un republicano gañou a Casa Branca sen gañar antes en Ohio. A Fox News (a canle máis sesgada que teño a honra de coñecer) acaba de dar o estado por perdido. Se todo segue así ás 11 xa poderemos ir de celebración.

P.D.D.: Tódalas canles xa anuncia Ohio como unha victoria demócrata. Con eso, con Pennsylvania xa case decantada, con New Hampsire decidido e cos estados gañados por Kerry que Obama ten seguros, as eleccións xa teñen un gañador (e iso que moitos estados aínda seguen votando). Noraboa a tódolos participantes.

Deja tu comentario