La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

I wish I could vote!

Escrito por Gonzalo Rivero | Desde Nueva York, EE.UU
5 de noviembre de 2008 a las 1:26h

Tiven clase este mediodía en Yale. O profesor, un señor baixiño de barba e seguramente unha das persoas máis brillantes e modestas que me crucei na vida, apareceu cunha pegatina na camisa que lía: "I voted today!". A penas estiven na rúa hoxe pero coido que a emoción deste profesor meu por ter votado se comparte en xeral no resto da cidade: polo que puiden ver o ambiente é memorable. Non hai outro tema máis que as eleccións e agora vindo dende Grand Central Station a casa todo o mundo parecía apurar para estar ó tanto das enquisas que van sair tras o peche dos primeiros estados. Di Patrick Egan (profesor de Comportamento Electoral en NYU) que se Obama gaña en Indiana (acaba de pechar) xa podemos ir de celebración. A ver se é certo.

Una respuesta a “I wish I could vote!”

  1. Maricarmen Canosa | Desde Huntington NY (EE.UU.) dice:

    Pois vamos a ver si e certo. Indiana cerrra as 7:00pm eu xa vou a abrir a botella de vermouth.
    maria

    [Reply]

Deja tu comentario