La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Eppur si muove!

Escrito por Gonzalo Rivero | Desde Nueva York, EE.UU
4 de noviembre de 2008 a las 16:02h

 Parecía que nunca chegaría, pero por fin é o día de eleccións. Confeso que estou un chisco emocionado. En Nova Iorque xa se empezou a votar aínda que a victoria de Obama aquí é segura. Máis interesantes serán as cousas en Indiana (pecharán os colexios á unha da mañá española), Virxinia, Georgia (tamén á unha), Pennsylvania (pecha ás dúas), Ohio, Carolina do Norte (ambas pechan á unha e media da maña de alá) e Florida (que pecha á unha, aínda que non confío en que McCain o perda). Estes son os estados que, segundo as enquisas, Obama podería converter en demócratas con respecto ás últimas eleccións e, polo tanto, as chaves da victoria. Parece claro que as eleccións se xogan na metade leste e polo tanto, cara as tres da mañá española o vencedor debería empezar a estar claro. 

Deja tu comentario