La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

A definición dun “trade-off”

Escrito por Gonzalo Rivero | Desde Nueva York, EE.UU
24 de octubre de 2008 a las 0:36h

A miña nai sempre quixo unha nora de Xinzo. O de que non fose galega nin sequera se concibía coma unha opción. Cando marchei a Madrid, contentar á miña a nai se facía un pouco máis complicado, pero aínda era factible. Agora, aquí nas Américas, xa perdeu toda esperanza. Rodeado de americanas, coreanas, italianas, turcas,… atopar unha limiá semella unha empresa complicada e ademáis, se ela está aquí, que lle fai pensar á miña nai que conseguirá levarme de volta a Galicia?

E que vou facer cando remate a tese? Magnifica pregunta que ninguén parece querer deixar pasar a oportunidade de facer (na Academia, nestas situacions adoitase contestar cun “let me come back to you later” para aclarar que en realidade non tes a menor idea). Non é das cousas que teña meditado máis, pero parece claro que os Estados Unidos, aínda sendo un entorno profesional óptimo para todos aqueles que quereriamos seguir investigando no futuro, non é tampouco o sitio onde querería pasar o resto da vida. Sigo pensando que están todos tolos e se hai unha cousa meridiana na miña vida é que non teño intención ningunha de coñecer de primeira man a vida da America rural: unha cidade de menos de 2 millóns de habitantes, pode ser un entorno terriblemente incivilizado (non, a fantasía suburbana pequeno-burguesa glorificada durante os anos 50 nunca me chamou).

Agora ben, Europa tampouco se deixa querer profesionalmente, polo menos na Universidade (me pide o corpo o de opinar sobre a política universitaria e de investigación en España e Galicia, pero me prometín ser bo rapaz). Fóra da Universidade, en España se ten a curiosa impresión de que un está sobrecualificado ou infracualificado para calquera traballo, así que nin sequera penso no mercado privado. Entón, que ha pesar máis: sacrificar o meu devoto eurocentrismo ou intentar que a cousa na que paso máis horas ó día (o traballo) sexa tan gratificante como debera ser? Coido que aínda quedan moitas cousas por pasar como para poder tomar unha decisión. Non te preocupes, mamá: en calquera caso, volverei a casa tódolos nadais.

Nota: Non, a miña nai non é de Xinzo. Tampouco o é meu pai. Sobra dicir que eu mesmo non teño o pracer de ser da Limia. Queda como further research esa fixación da miña nai. Cousa de que teñen un bo entroido, supoño.

Etiquetas:

10 respuestas a “A definición dun “trade-off””

  1. Margarita Perez Casal dice:

    Que razon tiene Gonzalo! Yo tambien deje Galicia para hacer mi tesis, y lo que iba a ser un par de anhos se ha convertido en casi una vida! Yo me vine al Reino Unido en 1991, y aun sigo…pero habiendo cambiado de residencia un par de veces, siempre relacionado con trabajos de investigacion. Es verdad que es muy dificil saber que es la mejor decision; yo misma pense en volver a Espanha varias veces, e incluso lo intente, pero el Reino Unido me dio mejor opcion cada vez. Una de mis estudiantes ahora es de Elche, y ella tambien esta dudando que es la mejor decision. Al final el amor por la tierra no te paga las facturas ni te alimenta a los hijos…y una vez que los hijos llegan, entonces ya es una nueva vida, y al menos yo, he decidido que mientras ellos me necistan estare donde ellos esten, incluso si eso significa seguir esperando esa mas que deseada vuelta a Galicia.
    Supongo que en mi caso, Reino Unido es Europa, y viajar no es atn dificil…y no olvidemos que las vaciones en Europa son mas largas que en EEUU.
    Gonzalo, no se si eso te ayuda, pero Europa es siempre una muy buena opcion.

    [Reply]

  2. Beti dice:

    Quizas si abrieras la mente un poco mas y conocieras de verdad a la gente que vive en EEUU no pensarias que todos estamos locos…volver a casa de vez en cuando es muy bonito pero ya sea en la investigacion o en cualquier otro plano profesional las posibilidades aqui son mucho mejores y muchisimo mejor pagadas…..yo intente regresar hace unos anhos y aqui estoy de nuevo….y ahora con hijos nacidos de este lado del charco el regreso definitivo cada vez se ve mas lejos pero como dijo Margarita….el amor por la tierra no te paga las facturas!
    Suerte con la decision que tomes pero de cualquier forma buca a la colonia espanola y quien sabe igual si conoces a alguien de Xinzo para felicidad de tu madre:):) La mia no tuvo esa suerte:)

    [Reply]

  3. Uxía dice:

    Estimado Gonzalo:
    En tú lugar no dudaría en quedar en EEUU y seguir con tu carrera investigadora. Mi experiencia en la Univ. de Santiago de Compostela no ha sido nada buena en investigacion, si tienes enchufes aun te costará mucho encontrar un hueco, en España todo funciona asi en plan caciquismo, trampas, plagios de trabajos, al final tu trabajas para el catedratico que vive del cuento con sus amigos..
    Podría contarte muchas cosas…no todo lo que brilla es oro, y hay un grupo de “investigadores” en la fac. de medicina que funcionan como una autentica mafia organizada…
    No tengas miedo a la america profunda, mira por tu futuro academico y no te enamores de europa, que aqui ni en UK, ni en Alemania las oportunidades son para los mejores, sino para los enchufados.

    [Reply]

  4. Arturo Rodriguez Blanco dice:

    Querido Gonzalo:

    Non sei cal é a tua disciplina pero supoño que o teu laboratorio de Nova York non debe ter comparaccion con nada que eu coñeza. Sen embargo en europa, incluso en Galicia, hai grupos de investigaccion con moi bo nivel de publicacions.

    Eu tamén estou acabanco a miña tese pero moito mais cerca, en Francia. Non teño resposta a pregunta “voltar ou non voltar” pero eu prefiro traballar a un par de horas de avion de Compostela por se acaso me apetece ir a dar unha volta pola “raiña”.

    Moita sorte coa tua tese.

    [Reply]

  5. Manuel dice:

    Mi consejo es que no vuelvas a España. Yo volví hace ya 7 años y todavía no he conseguido llegar al mismo nivel profesional que tenía en EEUU.

    [Reply]

  6. Gonzalo Bellas Saavedra. dice:

    De Gonzalo a Gonzalo:
    Los medios y la competitividad en EEUU te daran satisfaccion personal y profesional, te aportaran prestigio y dinero, y aqui incertidumbre, insatisfaccion y un mal sueldo para ir tirando.
    Es verdad que la politica en investigacion esta en manos de caciques que tienen montada su “mafia” para presumir de su talento mediocre.
    Pero si te aconsejo que no dejes de venir aqui en vacaciones.
    Un saludiño.

    [Reply]

  7. maría e. garcía martínez dice:

    …ojalá que estos comentarios de profesionales dedicados a la investigación, lleguen a donde tienen que llegar!!!!!!!!

    [Reply]

  8. Loís Bello dice:

    ¿Que tal Gonzalo? Si lestes a miña primeira entrada (“¡Que inventen ellos!) verás que eu tamén tiven as miñas dudas pero despois de catro anos, aquí sigo. A miña moza e máis eu tamén pensabamos en vir a coller experiencia e aprender o inglés que abre moitas portas, e cando nos decatamos estabamos a comprar un piso en Stirling. Non sei exatamente cal é o teu campo pero o mellor consello nestes casos penso que é non facer moitos plans, deixa que as cousas vaian rodando e sen darte conta acabarás onde a calidade no traballo e na vida che vaia levando. Porque a realidade é que cando un vai progresando na súa carreira en certos países é moi difícil voltar porque as condicións son moito mellores fóra agora mesmo e dúbido que cambie. É sinxelo dicilo para min porque eu o final estou en Europa e podo ir a casa de contado pero eu non o pensaba moito, non renuncies a nada do bo que che ofrecen certos países en investigación para atopar só insatisfacción e frustación se decides voltar como pasou con moitos arrepentidos. Moita sorte e disfruta a experiencia, o que veña a de ser todo bo unha vez que destes o paso.

    [Reply]

  9. Mary dice:

    Uxía, creo que estás confundiendo España con Europa, mejor dicho a la inversa, porque no hay otro país europeo dónde impere el caciquisco o los enchufes como en España. Es los demás países europeos, por lo menos en los nórdicos, te valoran por lo que eres y por tus cualidades y, algo muy importante, te respetan como persona. Hay participandes en este blog que trabajan en distintos países europeos que ya lo han comentado reiteradamente.
    También conozco personas a las que el “american dream” se le ha convertido en pesadilla.
    Gonzalo, el retorno es la pregunta típica que se hace cada emigrante.
    Ya se la hicieron los que emigraron hace 50 años y los que decidieron quedarse por eso de pagar las facturas y darle a los hijos un futuro mejor ya nos dejaron la emigración por herencia. Y los de la segunda generación, a pesar de estar totalmente integrados, con estudios y buenos puestos de trabajo, seguimos pensando en el retorno.
    Y no a todos le sale mal. Yo tengo un hermano que con la carrera recién estrenada de bio-ingeniería marchó para España y nunca le pesó(Y que conste que no tenía enchufe).
    Decidas lo que decidas, mucha suerte!

    [Reply]

  10. Loís Bello dice:

    Supoño que en tódalas partes hai certos “grados de enchufismo” pero a miña experiencia aquí traballando en ciencia é que contratan ó que vale, as empresas traballan por obxectivos moi claros e hai que cumplir e na Universidade non hai tanta endogamia. De feito algo que me chamou a atención en Escocia foi a idade de moitos managers, xefes de proxecto ou como lle queirades chamar, o que me di que si eres bo, confían en ti. En España aparte de demasiado enchufismo, hai empresas e Universidades que parecen unha xerontocracia. Supoño que si Uxía fala en xeral de Europa é porque sabe de exemplos, pero penso que en España destacamos.

    [Reply]

Deja tu comentario