La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Observacións aleatorias

Escrito por Gonzalo Rivero | Desde Nueva York, EE.UU
10 de julio de 2008 a las 18:06h

A mina relacion coa cultura que parasito ten cambiado moito no último ano. Certo é que nunca pasei pola fase de prexuízos que parece ser habitual cando un menciona o Imperio Gringo en Espana, se cadra porque tamén era mala idea virme a disgusto. Tampouco cheguei á fase de adorar cada cousa que fan e pensar no mal que estaba eu en Galicia antes de coñecer X ou de desfrutar dunha cultura que realmente aprecia Z. Me manteño nun confortable punto medio: é un lugar cómodo para vivir e costa afacerse a algunhas barreiras culturais e idiomáticas, coma en todas partes (vale, no fondo sigo pensando que están todos tolos).

A equidistancia ten mala fama, xa o sei. Vaia na miña desculpa que esta cidade, por moito que o intente, ten ben pouco que ver co resto de Estados Unidos. Non vou dicir que ‘respira un ambiente europeo’, pero case é así. O feito de que esto sexa un “crisol de culturas” (expresion pouco agraciada) seguramente estea na explicacion de que Nova Iorque sexa máis laica e máis liberal có resto da Federacion e que polo tanto eu polo menos non tivese un impacto tan forte coma se me mudase, eu que sei, á Luisiana. A poboación é aberta e en xeral bastante simpática (máis no verán ca no inverno, máis os camareiros cós dependentes, máis na rúa ca no metro). Lles costa pouco achegarse cando te ven desorientado para preguntar se che poden axudar (non “se precisas axuda”). Tamén é verdade que despois fan cousas como saír do bar a preguntarche se houbo algún problema porque non deixaches propina ou acondicionar as oficinas no sentido inverso ó clima para que pases frio no verán e calor no inverno. Si, dende logo a noción de eficiencia enerxética non callou moito por aquí.

É tradicional dicir que un dos problemas económicos españois ten que ver coa baixa productividade. Dito doutro xeito, que temos fama de lacazáns. Que alguén mo negue. Vendo ós americanos traballar se comprende moito mellor. Non sei se lles ven da devoción que no fondo parecen sentir polo exito profesional pero estas xentes son un prodixio da adicación e devoción pola empresa. O espírito competitivo aflora en todo e, como diria un compañeiro meu: aquí non lles gusta perder nin nas rifas. Non cheguei ó punto de sentirme mal porque a miña pausa para o cafe dure máis cá da media ou estar a escribir esto dende o despacho, pero se cadra esa xestión eficiente do tempo á das cousas que debería aprender deste país.

Cousa sorprendente é o moito que se coidan fisicamente e si, esto se cadra tamén é cousa exclusiva de Manhattan e de que a illa teña a media de renda máis alta dos Estados Unidos ($100.000/mes). Ximnasios en cada esquina, ciclistas agardando para atropelarte en calquera rúa e corredores a todas horas dando voltas arredor de calquera metro cadrado con céspede. Saúde ou estética? Eso xa é máis difícil de saber porque a expresión que usan para unha cousa vale para a outra. To keep fit: “Manterse en boa forma, manter a figura”.

As cousas malas, para outro post. Anoto a primeira: non hai pinchos de tortilla.

Etiquetas: , , , ,

4 respuestas a “Observacións aleatorias”

  1. José Luís Rodriguez Fernández | Desde Tenerife dice:

    America ten certa similitude con Europa,debe ser pola cousa do occidentalismo,(coido…) mais no tema da xusticia da certo medo,tamen o tema da alimentacion deixa muito que dexesar,e coma todo,tera cousas boas e malas,unha aperta dende Tenerife Gonzalo e animo polo pais yanki.

    [Reply]

  2. Beti dice:

    Si te montas en el path y llegas a Newark fijo que consigues pinchos de tortilla……de vez en cuando hacen falta!

    [Reply]

  3. tiopetardo dice:

    A realidade diaria tamen pode ser moi bonita,
    porque sempre se fantasea con outro sitio outra xente.
    Non podemos ser felices co que temos?

    [Reply]

  4. tiopetardo dice:

    Claro que hay pinchos!

    [Reply]

Deja tu comentario