La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Pelé a golpe de pistola

Escrito por Ivám Cozinha | Desde República Checa
25 de junio de 2008 a las 21:53h

Quixera continuar o rego do tema aberto sobre a violencia en América Latina, a partir do artigo publicado no blog por Francisco Álvarez desde Venezuela. Levo tres semanas residindo en São Paulo, que con 19 millóns de habitantes, é unha das maiores metrópoles do planeta. Aliás considerada unha das cidades máis violentas. Non son a persoa máis indicada, nin teño aínda vivencia nin datos suficientes como para poder ofrecer estimacións. Pero para esta comunidade blogueira podería escribir algunhas pequenas observacións a partir da curta experiencia no Brasil.

Un informe da ONU de 2007 sostén que a taxa de homicidios medrou no mundo un 30% no período 1980-2000. No mesmo indícase que en Brasil máis de 100 persoas morren de forma violenta cada día. Mentres que na Europa o índice de homicidios foi de 8 por cada 100.000 habitantes, a media do Brasil foi de 30 e na metrópole Rio de 45. São Paulo atinxiu un índice de 19 homicidios por cada 100.000 habitantes, mentres que en Caracas foi de 107. O xornal O Estado de São Paulo ofreceu esta información sobre o titular «SP rexistra o 1% dos homicidios do mundo». Entre outras informacións, verquíanse os seguintes datos: dúas de cada tres persoas mortas de forma violenta non cumpriron aínda os 25 anos, Brasil gasta 49 billóns de dólares en seguridade, o 11% do seu PIB, fronte ao 12% de Venezuela ou México. Ollo aí, os datos de Brasil hai que entendelos dentro do seu contexto, sen esquecer que falamos dunha poboación de 190 millóns de habitantes, São Paulo, 19 e Rio 11 millóns.

Un europeo que aterra en América Latina vén advertido. En cuestión de seguridade isto é diferente. As impresións desde que cheguei ao aeroporto de Guarulhos son as de unha cidade viva, densamente poboada, movimentada, estresada… A presencia de medidas de seguridade é impresionante. Por toda a parte onde se move xente se ven patrullas da policía. São Paulo é un desfile de furgóns blindados de transporte de diñeiro e de vehículos que advirten que seguen unha ruta monitorizada por radar. A porcentaxe de coches que circulan cos vidros tintados é moi superior á europea, os talleres anuncian reparacións de chapa blindada… 6 millóns de vehículos atascan cada día esta cidade onde dificilmente un taxista sabe chegar so a un domicilio particular, as indicacións sobre o enderezo fanse por bairros, avenidas, rúas importantes ou puntos coñecidos… Aínda así esta desorientación paga a pena botar unha parrafada co taxista.

Actualmente vivo no Brooklin, que é un bairro a uns 12 quilómetros do centro. Pódese dicir que aínda así vivo no centro. É un bairro residencial, acomodado, de casas de planta baixa ou de un piso. As rúas están bastante adecentadas: asfalto e paseos, arboradas, soportes para as bolsas do lixo, liñas marcadas, ausencia de suciedade… calquera viaxa por aquí coa impresión de estar visitando un bairro medio ou rico dunha cidade europea. Só que hai unha diferencia: muros de dous a tres metros impiden ver as fachadas. Encima dos muros arames de espiño, cabos eléctricos, vidros escachados, punzóns afiados… Portóns electrónicos, reixas con cans feros á espreita, videocámaras en cada esquina, focos… Na entrada da miña rúa hai unha garita, onde un paisano vixía 24 horas. Dixéronme que está desarmado, pero en caso de incidencia pode contactar coa axencia de seguridade ou coa policía. Atende quen entra e quen sae, a que horas, anota matrículas… E se el queda dormido sempre hai un vira-latas que che ladra -que é como lles chaman aquí aos cans de palleiro. Recomendacións que me fixeron desde o primeiro día: manter algunhas luces acesas durante a noite, sempre algunha radio encendida, os pasos da soleira o máis rápido posibles… E isto non é un condominio, aínda que por aquí ao redor érguense algúns: recintos residenciais fechados onde non se pode entrar sen identificación e cita previa. A maior parte dos edificios funciona desta forma: co portal do outro lado dunha entrada engrellada. Os axentes de seguridade, ou simplemente celadores, están presentes por toda a parte: oficinas, tendas, restaurantes… Xa teño visto por varios lugares webcams directamente sobre o mostrador, é para tirarche unha foto. A policía patrulla as estacións, viaxa nos autobuses interurbanos…

A un europeo sópralle un aire que lle arrepía os pelos da caluga e dise para si mesmo que isto alá non temos e convéncese de que vai pór coidado, non vai arriscar e non lle vai pasar nada… o que os brasileiros din «non dar oportunidade», porque á vista dos telexornais, o asalto é simplemente cuestión de oportunidade, de un segundo, de un descoido. Nas tres semanas que levo aquí non mirei aínda un só acto de violencia na rúa, iso non quer dicir que mañá non me pode tocar a min. Por iso un tamén se pergunta a que responde este estado de supervixilancia.

Adentrarse na análise das estatísticas sobre violencia e causas é un labirinto ou ás veces unha calella sen saída. Non entremos no manido debate do sistema penal. Para empezar, aclarar que cada país de América Latina é diferente. Cada provincia ou estado, cada cidade é diferente. Os datos sobre grupos de idade implicados, tipo de delicto, tipo de arma, bairro do escenario do crime, cor da pel, clase social, relación co tráfico de drogas … todo camiña na mesma liña… periferia, favela, analfabetismo, desemprego… A realidade é que o groso das estatísticas fórmano sucesos que acontecen na periferia, moito pequeno furto, revólveres para asaltar por un reloxio ou un móvil, uns poucos reais para comprar a dose de droga, asaltos a tendas, asaltos de coches, axustes de contas, balas perdidas… sucesos, mortos e cifras que pasan sen pena nin gloria polos xornais e telexornais como para nós en Europa as víctimas de Iraq, simplemente porque envolven marxinais ou xentes das clases baixas. Logo, claro, a tele escandaliza cando se trata dun secuestro dun empresario ou o asalto espectacular á casa dun famoso. Sen ir máis lonxe, a semana pasada un grupo de rapaces, todos menores de idade, asaltaron nun semáforo un blindado a punta de revólver aquí en Santos. E quen ía dentro? Nada menos que o mesmísimo Pelé! Polo reloxio, a carteira e o móvil. A proba do algodón de que ninguén se libra.

A brasileira é unha sociedade de contrastes brutais, de problemas arrastrados durante séculos e afiados nos últimos 50 anos polo rápido desenvolvemento, de cidades desbordadas… De 1940 a hoxe a metrópole de São Paulo medrou de 1,6 a 19 millóns de habitantes. É a cidade que maior poder financeiro reúne non só de todo o Brasil senón da América Latina enteira. É unha cidade-estado que move diñeiro, multiplica capitais e xenera beneficios a un ritmo superior ao de moitos pólos da Europa, atrae inmigrantes de dentro e de fóra do país, devora mao de obra, queima moita xente co seu ritmo de vida frenético e oprime a todo aquel que non é capaz de integrarse.

Datos para a esperanza ofréceos o Museu da Língua Portuguesa, que indica que o 7% do pobo vive no analfabetismo, e o analfabetismo parcial baixou do 26 para o 20% nos últimos 6 anos. Isto é o que é violento! No meu parecer, aquí está unha das claves do problema. Co profesorado do sector público ensinando 40 horas semanais -denostada escola pública-, a dous turnos de alumnos cada día, o camiño a percorrer é aínda longo, pois as cidades esixen persoal cada vez mellor cualificado nunhas cantidades que o própio sistema non é capaz de producir… E moitos pais mandan os fillos á escola pola simple razón de que alí polo menos teñen un prato de arroz con feixón ao día garantido. Nestas condicións non todo o mundo pode ou non está disposto a agardar e a delincuencia é o camiño rápido e socorrido para acurtar individualmente o abismo da renda social. Ou simplemente o ambiente marxinal no que un naceu non lle permite actuar fóra da ilegalidade porque ata alí non chegan os recursos e o ambiente no que medra é estanco e hai poucas posibilidades de saír.

Etiquetas: , , , ,

6 respuestas a “Pelé a golpe de pistola”

  1. Soli dice:

    Cuando viví en centromérica yo también tuve guardias en la puerta de casa, con rifles, serpentina cubriendo los muros y rejas en todo sitio. Visualmente era impactante, con el paso del tiempo te habituas. La seguridad entra en tus rutinas: subes al coche y cierras automaticamente puertas y ventanas, no circulas de noche, no te paras en los semáforos a partir de cierta hora, etc . Pero ni todo eso te libra de un atraco.
    Así que , coincido contigo, no serán esas las medidas que acaben con la violencia.

    [Reply]

  2. Sousa-Poza dice:

    Muy similar es la situacion en Surafrica hoy. Sin embargo yo solo fui asaltado una vez en mi vida, y no fue en Lima o en Johannesburgo: fue en Nueva York.

    [Reply]

  3. Pablo Carballada | Desde Irlanda dice:

    A mí tampoco me asaltaron ni en Rio de Janeiro, San José de Costa Rica, Buenos Aires o Santiago de Chile. Salí indemne. Donde me pillaron, a punta de cuchillo de cocina, fue en Vigo, en la estación de tren. Es que nunca se sabe…

    [Reply]

  4. Sousa-Poza dice:

    Pues ya ves, amigo Pablo! Por cierto que, en Nueva York, a mi tambien me pillaron a punta de armas blancas, aunque no fueron cuchillos de cocina sino facas. Eran unos cuatro o cinco jovenzuelos, pero estabamos muy indoctrinados en la residencia universitaria en la que yo vivia que, en tales casos, jamas tratasemos de oponer la menor resistencia … Pues no se, pero por lo menos tambien sali indemne y no tuvo otras consecuencias que el robo, aunque se queda uno con una sensacion de humillacion que aun recuerdo.

    [Reply]

  5. Luiz Castiñeira Lopez dice:

    Por causa da guerra civil espanhola acabei nascendo no Brasil pois toda a minha familia é espanhola e a maior parte dela vive em Espanha depois de muito trabalho estou conseguindo minha cidadania espanhola e estou louco para ir embora resgatar as minhas origens, assalto? vivo no litoral de S.P. em Caraguatatuba como comerciante ja fui assaltado uma dezena de vezes, ~quero viver com dignidade.
    Abraços

    [Reply]

  6. Sousa-Poza dice:

    BENVINDO, LUIZ!

    [Reply]

Deja tu comentario