La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Unha de rugby

Escrito por Pablo Carballada
7 de junio de 2008 a las 21:59h

Hai un par de anos facíame eco no meu curruncho virtual da victoria do equipo de rugby de Munster na final da Heineken Cup, que vén sendo algo así como a Copa de Europa de rugby. Pois ben, estes irlandeses veñen de conseguir recentemente unha nova Heineken Cup, a segunda, desta vez despois de vencer na final aos franceses do Toulouse.

Cómpre lembrar que o Munster Rugby non é un clube. É un equipo que representa á antiga provincia de Munster (o sur da illa de Irlanda) e agrupa a 15 clubes da Liga Irlandesa. O mesmo fan nas outras antigas provincias: Munster, Ulster e Connacht. Estes equipos xogan, ademáis da Heineken Cup, a Celtic League, na que compiten cos viciños galeses e escoceses.

Munster xoga os seus partidos de local en dous campos, os de Cork e Limerick, para poder repartirse entre as cidades principais da rexión. Existe dende 1879, ainda que o primeiro éxito non chegaría ata 1979, cando conseguiron bater nada menos que aos mismísimos All Blacks. Pero a gloria definitiva so chegou nos últimos anos, cas finais europeas perdidas de 2000 e 2002 e os triunfos finais de 2006 e 2008, que convirten aos do Munster no mellor equipo europeo da actualidade.

A verdade é que eu, antes de chegar a Irlanda, non sabía moi ben o que era o rugby. Tiña algunha idea máis ou menos idealizada dun deporte de tipos regordechos e bonachóns, que despois de mallarse ben uns aos outros na lama, quedaban para tomarse unhas pintas a conta do equipo local no mítico terceiro tempo.

O feito de ser un deporte minoritario (incluso en Irlanda) e pouco preofesionalizado fai que haxa un ambiente especial nos partidos, onde rara vez se escoitan insultos ou se lembran da familia do árbitro. O bo ambiente tamén está favorecido pola actitude dos xogadores e dos medios de comunicación.  E é que o fútbol ben podería aprender moitas cousas do rugby… Este é un deporte no que priman outros valores, como o traballo en equipo (eres tan bo como o pior dos teus compañeiros) e a solidariedade. Na alta competición todo é posible, como nos demostraron os Pumas no último mundial, se os xogadores cumplen esas premisas e aproveitan a riqueza táctica do xogo para buscarlles as cóxegas aos rivais.

En Irlanda, o rugby non chega á popularidade dos deportes gaélicos, pero o país vólcase totalmente nas datas importantes, cando xoga a Selección do país ou algún dos equipos privinciais. Por certo, que cando digo país digo a illa enteira e porque este é o único deporte no que a República de Irlanda e Irlanda do Norte xogan xuntos na mesma seleccón, baixo as mesmas cores e os mesmos símbolos. E non pasa nada. E por iso o rugby é un deporte ainda un chisquiño máis especial na illa de Irlanda.

Etiquetas: , ,

Una respuesta a “Unha de rugby”

  1. Unha de rugby dice:

    […] Publicado en Global Galicia. […]