La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

De volta

Escrito por Gonzalo Rivero | Desde Nueva York, EE.UU
7 de junio de 2008 a las 12:41h

É de sentido común que todo che impacte cando marchas fóra. Xa vas preparado para eso e no fondo, cando chamas ou escribes as primeiras veces é para comentar o raro que é todo o mundo, o raras que son as súas moedas, os seus enchufes, as cousas raras que teñen nos supermercados e, confesémolo, que non hai xeito de conseguir un pan decente por moito empeño que lle poñas.

Se cadra é cousa miña, que me costa ben pouco adaptarme (de máis, dirán) ás novas situacións, pero ás veces, cando volto a Galicia, padezo durante un tempo esa mesma síndrome de estraneza. Xa non digo saír á rúa pola mañá e perder uns segundos botando contas de cal é o metro máis próximo, ou facer porque che poñan o café e o donut para levar; a min o que máis me costa é afacerme a que aquí as cousas son pequenas.

Os cafés son pequenos. Unha taciña diminuta cun pouco de café no fondo. Nada que ver cos tercios de litro do small coffee de calquera posto de rúa. Líquido noxento ese que che sirven, si, pero en vaso grande. Sen complexos.

As botellas do leite son pequenas. De feito, nen sequera ven en botella. Ven nun tetra brick pequeno dun so litro. Eso non se consentiría aló. A botella civilizada é dun galón, un chisco máis de tres litros e medio, disque. Natural que calle cando aínda levas a botella mediada. Nin os xatos poden con tanto leite. 

As rúas son pequenas. Son estreitas e teñen curvas. Mesmo as estradas teñen curvas! O que aló se considera un coche xamáis podería atravesar o casco vello de Ourense. Os xoguetiños que usamos aquí tampouco soportarían trinta minutos en calquera das súas autoestradas. Asustaríanse. Un trailer dos que cruzan o país é un ser verdadeiramente impactante.

Os semáforos son pequenos. Sei que parece esaxerado falar deles, pero é así. Son pequenos e un se decata axiña. Foi do primeiro que me sorprendeu ó chegar alá (vaia, o segundo, o primeiro foi a envergadura do aeroporto). O seu tamaño aporta ben pouco á súa función, pero supoño que o entorno axigantado obriga a estas cousas.

E como estas, tantas outras. 

Una respuesta a “De volta”

  1. Ana Puga | Desde Australia dice:

    Te entiendo perfectamente: yo estuve varias veces en Estados Unidos y siempre me llamó mucho la atención lo grande que es todo! En Australia es una mezcla de la cultura europea y americana, yo creo, en lo que se refiere al tamaño: los semáforos son como en Galicia, no cuelgan como en Estados Unidos, la leche la venden en tetra brik de un litro (aunque también en las famosas garrafas de un galón), los cafés los hay pequeñitos (aunque no tan pequeñitos como el espresso italiano) y grandotes… (rompo aquí una lanza a favor del café australiano… se nota que la comunidad italiana es enorme en este país, porque los cafés no pueden estar más ricos, casi casi tanto como los italianos).

    Eso sí: los platos que te ponen en los restaurantes son enormes (yo suelo pedir entrantes o un plato para compartir, si no no hay quién se lo acabe), y los camiones… los camiones son increíbles!!! Ya sola la cabina es descomunal, y luego los ves larguísimos intentando adelantar en la autopista…

    [Reply]

Deja tu comentario