La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Hiroshima, os 1000 grous (grullas).

Escrito por Iago R. Brenlla | Desde Kyoto (Japón)
20 de mayo de 2008 a las 10:58h

hiroshima.jpgCoincidíu a publicación na Voz dunhas fotografías inéditas sobre a masacre en Hiroshima no verán de 1945 coa miña viaxe a esas terras do sul de Honshu. Disfrutamos a semana pasada dun período vacacional en Xapón ao que chaman Golden Week e eu decidín ir de viaxe por aquelas terras. 

Xa sabiamos que os xaponese teñen unhas mans privilexiadas como demostra a capacidade para manexar os paociños á hora de comer ou camiñar, ou a beleza da da súa escritura,  esta destreza faise tamén patente na finura do seu arte,  por exemplo no “origami” (dobrar papel). Todos temos feitos avións ou barcos de papel, os xapos tamén os fan, pero máis e mellor.

O origami forma parte da vida cotidiá dos xaponeses, calquer persoa é capaz de ler o significado das múltiplas figuras, entre elas as máis sinxelas, as “orizuru” ou grous de papel. Moitos xaponeses, se llo pides, podenche facer un grou de papel en apenas uns segundos, pero non se conforman con iso, e se algún ser querido atopase enfermo alá van eles e fanche “senzaburu” (ou mil grous de papel), para que o doente se recupere canto antes, nunha especie de ofrenda aos deuses. No parque da Paz de Hiroshima milleiros de grous penduran de todos os monumentos que recordan as víctimas o que amosa como un povo abasallado por unha guerra e unha bomba asasina consigue esquecer xenreiras por meio da beleza da arte e as cores. Ogalla os grous non fosen necesarios.

(na foto, aos lados do monumento, podedes observar os milleiros de grous -en castelán “grullas”- de papel. Un exemplo dos moitos que podedes atopar nese parque)

Etiquetas: , , ,

Deja tu comentario