La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

“Que inventen ellos”

Escrito por Loís Bello | Desde Escocia
5 de Mayo de 2008 a las 18:20h

Últimamente síntome aludido con frecuencia cada vez que fago o meu repaso diario por diferentes xornais tanto galegos como nacionais en internet. Diferentes titulares, comentarios e cifras chaman a miña atención: “Las ofertas de empleo cerca de casa por favor”; “España no aprovecha a sus titulados”; “Queremos atraer a los mejores científicos, españoles o no” (todos en El País); “Los graduados españoles entre los más baratos de Europa”; “El empuje de la investigación gallega” (La Voz de Galicia); “Cuarenta científicos gallegos que trabajan en el extranjero solicitan regresar a España” (Faro de Vigo). Todos estos titulares xunto ca xa por fin recoñecida crise económica e a decisión do Presidente Zapatero de crear o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía fíxome pensar moito nos últimos dous meses sobre a realidade económica de España e como ésta afecta á miña forma de vida.

Empecemos polo principio, o meu nome é Loís Bello Fernández de Sanmamed, nacín en Santa Uxía de Riveira (A Coruña) fai trinta anos e despois de acabar no instituto decidín ir para Santiago de Compostela a estudiar o que sempre quixen, Bioloxía. Disfrutei a miña vida na capital da nosa terra, como disfrutei tamén estudiando a miña carreira, e fun un deses idealistas que pensaba que malo sería que a situación non mellorara e houbera un bo traballo para min aí fora, a pesar dos comentarios sempre pesimistas da maioría dos meus profesores. Quedou grabado na miña memoria un comentario da miña profesora de Viroloxía que considerei simpático aínda que exaserado no seu momento. Ela que traballo no prestixioso Instituto Pasteur de París con Luc Montagnier, descubridor do virus do sida, dicía que o problema era que en España “la gente piensa que los Biólogos somos cazamariposas”, e agora entendo o que quería dicir. No 2002 acabei a carreira na especialidade de Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía, e a pesar do ben que soa, de todo o que tiven que traballar e de todo o que aprendín, decateime de que eso era realmente o que me consideraban no meu país, un “cazamariposas”.

Despois de dous anos buscando traballo, unha entrevista, moitos cursos, algún traballo basura en diferentes cousas e incluso unha pérdida momentánea de esperanza e autoestima que me levou a despreciar a miña profesión e presentarme os exames de Controlador aéreo, decidín que eu non iba a tirar a basura a miña formación e busquei algún país onde os Biólogos moleculares non foramos “cazamariposas”. Así que o 11 de Setembro do 2004 cheguei a Glasgow (Escocia) para ver si en este pequeno país que tantas veces salía en libros e artigos científicos atopaba o que me negaban no meu país. Despois de nove meses traballando na cociña dun hotel de fregaplatos (onde por certo firmei o primeiro contrato da miña vida, xa que nos poucos traballos que tiven aí nunca vin un diante) e aprendendo o idioma empecei a facer entrevistas e a terceira conseguín un traballo como científico no departamento de I+D de Stirling Medical Innovations.

Para os que esteades a ler esto, non pensedes que quero aquí reivindicar a miña decisión, experiencia, sorte ou o que se lle queira chamar. Cada situación persoal é diferente, non me considero nen mellor nen peor que outros na mesma situación, sinxelamente pensei que despois de ler todos eses artigos falando de todo o que presuntamente mellorou a ciencia en España últimamente e sendo este un blog onde os galegos no estranxeiro temos o luxo de expresar a nosa opinión nun medio como La Voz de Galicia, sería oportuno decir alto e claro que desgraciadamente non son o único, existe unha nova emigración, moi diferente a que afectou a Galicia no pasado, centos de titulados que escapan das condicións laborais do noso país, ca conseguinte perda de talento e diñeiro que conleva. Alguén se parou a calcular algunha vez a de cartos que invirteu o goberno central e autonómico en formarnos para que despois paguemos impostos e creemos riqueza, ideas, novos productos, etc en Escocia, Inglaterra, Irlanda, Alemania, Francia ou os Estados Unidos. Estou seguro de que é unha sangría de cartos pero parece ser que é agora cando a burbuxa económica na que vivía España se desinflou que se acordan a pesar dos numerosos avisos que tiveron. Xa non vale adicar tódolos esforzos a construcción, ó turismo ou á mellora de infraestructuras para obxectivos estratéxicos tan importantes como conectar Ferrol con A Coruña cun tren de alta velocidade. Agora a ciencia é importante e aparentemente, España vaise converter nunha potencia nunha lexislatura, de feito algúns pensan que xa o é.

Todos estes titulares nos que se dignifica a ciencia no país falando do “empuje de la investigación gallega” quédanse na superficie, a realidade, na miña opinión, é que este empuxe non é tal, baixo o epígrafe I+D+i en España escóndese investigación maioritariamente fundamental, xeradora de publicacións, necesaria por suposto pero de pouca aplicación a maioría das veces. Sen embargo, o apoio o innovador e pioneiro é escaso e a investigación na empresa privada caseque nula e sempre pensando en obxectivos cercanos. Gústame por suposto a decisión de ZP de crear ese novo ministerio e gústame que inclúa as Universidades para tratar de vincular a investigación cas empresas e a actividade económica pero teño a impresión de que fai falla en España e máis aínda nunha rexión tradicionalmente conservadora (non só na súa acepción política) como Galicia moito maís que ministerios de nova creación e cartos, senón tamén un cambio de mentalidade importante nunha sociedade que segue sen ter “espíritu científico”.

Mentres tanto, como tantos outros, eu seguiréi feliz no estranxeiro, e podo dicir que cando estás contento, valorado e ben pagado, a morriña disminúe proporcionalmente. A decisión que tomei fai xa catro anos foi sen dúbida a mellor da miña vida, por eso animo a tódolos galegos estudiantes de ciencias que se sintan tratados como “cazamariposas” que non se den por vencidos, as nosas carreiras importan e merecen ser tratadas con respeto como por exemplo se fai en Escocia.

E si non para traballar porque pertencedes a ese outro titular que puxen ó principio (“Las ofertas de empleo cerca de casa por favor”), polo menos animádevos a visitala, porque merece a pena. De eso falarei no meu seguinte texto que prometo será menos serio, para tentar de levarvos nunha viaxe imaxinaria por este fermoso e orgulloso país.

Saúdos e encantado de falar con todos vós.

Etiquetas: , , , , ,

18 respuestas a ““Que inventen ellos””

  1. José Luís Rodriguez Fernández | Desde Tenerife dice:

    Me siento totalmente identificado contigo Lois,se de lo que hablas de los contratos basura,aunque lo mio fue al revés,tuve que estudiar trabajando de noche para titularme,eso no lo hubiese conseguido na nosa terra,en fin algún día se darán cuenta,ánimo Lois sigue luchando,un abrazo desde Tenerife.

    [Reply]

  2. Luis Prieto dice:

    Hola compañero! Pues, yo estuve en Escocia un año haciendo un Máster con una beca de la Unión Europea y también tuve oportunidad de hacer mis pinitos en investigación allí. La diferencia fundamental que ví es que allí con los mismos medios se hacían como 20 trabajos de investigación más que aqui. No están más capacitados, no tienen mucho más dinero, no son más listos, ni genéticamente superiores. Simplemente, tienen más ilusión por la investigación. Tuve oportunidad de trabajar en la Escuela de Agricultura de Aberdeen y ver los contrastes en las ganas de hacer cosas entre aquel lugar y la facultad de veterinaria de León en la que me formé.
    En mi opinión hace falta un cambio radical en las Universidades. Deben de estar más conectadas con la empresa y que los investigadores sean evaluados por sus resultados realmente. La universidad tiene que ser algo vivo donde los profesores pueden ser muchas veces asociados, profesionales que trabajan en otros ámbitos profesionales pero que pueden transmitir muchísimo más conocimiento, más práctico y valioso. No sé cuántas clases llegué a tragarme realizadas por becarios que no sabían el alcance de lo que estaban diciendo…

    Hay gente con ganas de hacer cosas pero por desgracia hay otros muchos y creo que en un porcentaje más elevado que viven muy cómodamente “subidos en la burra” de la administración pública con un salario nada despreciable si lo comparamos con los titulados de la empresa privada (yo empecé cobrando bastante menos de mil euros al mes, poniendo coche y haciendo muchísimas horas!).

    Soy un emigrado, como tu. En mi caso, afortunadamente ha sido una decisión personal voluntaria pero te doy la razón en lo que dices aunque me temo que es algo casi “genético”. La falta de ilusión de nuestra sociedad es algo patológico. El “que inventen otros” está tan arraigado…

    [Reply]

  3. Marisol dice:

    Hola Lois. Bienvenido al blog y vaya entrada más clara e interesante nos has regalado. Tengo amigos científicos que han dejado Galicia por Inglaterra o Estados Unidos y que, como tú, están satisfechos de vivir de lo que les gusta, de ser apreciados en su trabajo y de contribuir con eso que llaman “la ciencia”. Aún queda tiempo para que en España se alcancen los niveles de inversión de otras regiones y para que haya ese cambio de mentalidad tan necesario. Pero es cierto que por algo hay que comenzar. Esperemos que a las decisiones políticas sigan los hechos y sus resultados.

    [Reply]

  4. Soli dice:

    Hola Lois,
    Una más que piensa como tú. Tengo muchos amigos en EEUU trabajando en multinacionales y esos mismos, no encontraban donde caerse muertos en Galicia. Como puede ser que esos cerebritos pasaran desapercibidos na nosa terra?

    [Reply]

  5. Verónica dice:

    Hola Lois! Primero darte mi enhorabuena porque todo te vaya bien. Segundo decirte que estoy de acuerdo contigo en todo, y que ha sido como leer mis pensamientos. Yo nací y me crié en Euskadi, aunque soy de familia gallega. Sin embargo estudie como tú Biología Molecular y Biotecnología en la Universidad de Santiago de Compostela, promoción 05/06. Ahora mismo te escribo desde Berna, Suiza donde estoy en mitad de mi doctorado. El por qué vine para aquí, bueno, en mi caso tenía la oportunidad de hacer el doctorado en Santiago, pero luego me surgió esta oportunidad, así que decidí aprovecharla, con la intención de aprender lo máximo posible fuera, para algún día volver a Galicia y aplicar (si te dejan, algo que hoy en día es dificil) todo lo aprendido para contribuir al desarrollo científico en casa. Será difícil volver por muchos motivos, pero sin duda no me arrepiento de haber venido, y desde aquí animo a que todos aquellos que no encuentren el lugar que piensan se merecen en su “casa” que prueben otros lugares donde si puedan hacer realidad al menos parte de sus sueños!!
    Un saludo a todos, sobre todo a los que no pueden disfrutar del pulpo, los grelos o la empanada!!!!!!!

    [Reply]

  6. Xan de Ribeira dice:

    Hola Lois,

    Completamente dacordo ca tua exposición e reivindicación sobre a falta de oportunidades no noso país. Eu tamén fun emigrante en Inglaterra despois de acabar os meus estudos de empresariais en Santiago de Compostela e alégrome moito que as tuas aspiracións estén cumplidas aínda que sea lonxe da tua terra. Sen dúbida Galiza non ten espíritu científico e tardará moito tempo en telo porque non se dan as políticas adecuadas para que a sociedade madure en tal sentido e ademáis non interesa ,aos caciques que gobernaron e aos “progres” que gobernan, darlle unha oportunidade aos xoves.

    [Reply]

  7. antia dice:

    Hola Lois!
    Eu non son unha “cazamariposas” coma ti, pero sí outra titulada que tivo que marchar lonxe da súa terra para buscar un traballo digno e en condicións. Estou contenta co meu traballo pero o “bo” soldo que cobro é para min o prezo que teño que pagar por estar a 1300Km da miña casa, porque como boa galega que son, a morriña que teño é muita e non me chega o momento de voltar.
    A verdade é que é unha pena o mal pagados que estamos en Galicia e as poucas oportunidades de traballo que hai..a ver si a cousa cambia…
    Saúdos!

    [Reply]

  8. Eva dice:

    Hola,

    Yo tb soy una titulada espanola que vive en Londres, donde trabajo de informatica. En Coruna, por lo que veo de mis companeros, es todo trabajo basura o mierdecilla donde hay que echar muchas horas y tragar mucha mierda para tener contento a algun ‘jefecillo’ y recalcando lo de ‘jefecillo’. Eso si consigues trabajo, claro. Ahi sigue mucho la politica de amiguismo y parentela que tanto asco me da, porque solo favorece a los mediocres y a la gente pequena. Yo aca estoy encantada, trabajo en lo que me gusta, me aprecian en la empresa, no tengo que lamerle el culo a nadie ni acordarme todos los dias que ‘gracias a mi estas donde estas’. Espana por desgracia favorece a los funcionarios y enchufados, que como tienen el puesto asegurado, no se esfuerzan lo mas minimo, para que complicarse la vida? ellos ya tienen la suya asegurada. Y hay demasiada cultura de asegurarse el suelo y a partir de ahi, echarse a dormir. Eso no me agrada

    [Reply]

  9. Luis dice:

    botádelle unha ollada a
    http://www.cica.es/aliens/aacte/

    eu non esperaría moito (nin pouco) d@s nos@s polític@s…

    [Reply]

  10. Pablo Carballada | Desde Irlanda dice:

    Hola Lois,
    Pois eu son outro máis na mesma situación, ainda que non traballo na investigación. En España, e moito menos en Galicia, non existe esa mentalidade investigadora, nin hai paciencia para agardar polos resultados.
    Parécelles mellor investir nos salarios dos enchufados que pasan o día esperando a hora do café.
    Estamos vendo como todos os profesionais das carreiras de ciencias saen de Galicia ao acabar os estudos e, claro, os salarios e condicións de vida que nos ofrecen nos países de acollida son moito mellores. O problema, vai ser voltar, o famoso “retorno”.

    [Reply]

  11. Job dice:

    Mirade, por favor, os resultados do traballo de Débora Iglesias, que percorren o mundo enteiro, dende Southampton:

    http://ateneofotografico.blogspot.com/2008/04/os-cocolitforos-nun-planeta-azul-e.html/

    Por certo, estudou nas universidades de Vigo e Santiago.

    [Reply]

  12. Sofia Reino dice:

    Hola Lois e todos os novos emigrantes galegos,
    Eu tamen estou facendo investigacion en Escocia, pero na outra costa – Edimburgo. Estudiei turismo na Coruna e decidin probar sorte no Reino Unido, fai case 5 anos. De bolsa en bolsa, con traballos a tempo parcial e mudandome dunha parte a outra do Reino Unido, conseguin costearme primeiro, un ano de licenciatura, despois un ano mais para un Master e agora estou en terminar un doctorado de investigacion en Edimburgo. Ainda que as veces si que sento morrinha, cada vez que volvo a casa e vexo o ambiente de desanimo xeral, percatome do acertado da minha decision… o que agora me pregunto e se algun dia todo o que os emigrantes estamos colleitando polo mundo adiante, lle servira de algo a nosa terra.
    Isto non e novo, os nosos pais tamen emigraron, con mais limitados recursos, viaxaron, traballaron e aforraron canto poideron para empezar unha epoca de prosperidade economica, i esto serviu de algo naquel momento, de este esplendor economico a nosa xeracion se beneficiou, dotandonos cun dos mais altos porcentaxes de educacion universitaria de toda Europa! A pregunta que todos nos fixemos cando rematamos e, e p’aque? E isto e normal, o conhecemento benerado nas nosas universidades non segue unha tradicion emprendedora e creativa, e estatico, e so lexitimado polo tempo, e canto mais seculos mellor. Non e que non se queira xenerar I+D nas nosas Universidades, e que non hai tradicion, e xenerala leva tempo e require transferencia de conhecementos de outras institucios.
    Pero as cousas estan a cambiar, a normativa Europea aposta pola autofinanciacion das Universidades a traves de proyectos de I+D, todos aqueles que estamos a aprender doutras culturas, teremos a posibilidade e responsabilidade de levar este conhecemento, que xa esta a xenerar riqueza por Europa adiante a nosa Galicia. Eu animo a todos aqueles que tenhan ansia de aprender e emprender, a mudarse a outros paises con animo de descubrimento, e non solo a enriquecerse a nivel profesional e personal, pero tamen con ansia de mellorar nun futuro as posibilidades da nosa terra, que, deixademe lembrar, e responsabilidade de todos e cada un de nos, galegos.

    Un Saludo a todos,

    Sofia

    [Reply]

  13. Talento derrochado | Por la tangente dice:

    […] ejemplo. Lois Bello, de Ribeira, estudió biología molecular en la Universidade de Santiago. Ahora trabaja en Glasgow, […]

  14. Carlos dice:

    Con el fin de escribir unas páginas sobre los denominados “paises celtas”,navegando por google me encuentro con tu comentario sobre tu experiencia personal,que produjo muchas reacciones solidarias.Observo que en el Reino Unido sólo existe un Centro Gallego en Londres.Si decides asentarte por ahí y localizas a otros gallegos,¿Por qué no te animas a crear un núcleo de afines para un futuro Centro Gallego que aglutine tambien a los nativos ,interesados en la Cultura Celta?.Considero que resultaria muy interesante.Hasta podrias recibir alguna ayuda de la Xunta ,si presentas un proyecto viable.Saludos.Carlos (Madrid)

    [Reply]

  15. Sousa-Poza | Desde Sudáfrica dice:

    Lois, se me habia pasado esta entrada tuya cuando la publicaste: quiza yo no anduviera por aqui entonces. Es un tema interesante. Yo tengo la idea de que la funcion de la Universidad es formar intelectuales y profesionales de primera categoria independientemente del mercado. Es un pecado mortal preparar latinistas o medicos mediocres, pero si son de primera categoria, poco importa que exista o no exista un mercado local para ellos. Ya lo encontraran en alguna parte. Puedo aceptar que el mercado sea una “consideracion” en la fundacion de nuevos centros de ensenyanza superior pero eso es todo.

    La Krumb School of Mines de la Universidad de Columbia es la mas antigua y todavia una de las mas prestigiosas en los Estados Unidos, pero que yo sepa quedan ya muy pocas minas en el Estado de Nueva York y ninguna de importancia. Seria cuestion de cerrarla?

    Severo Ochoa hablaba de la “masa critica”: si existen los suficentes grandes cientificos en Espanya, eventualmente se desarrollara una demanda para ellos en la investigacion, ya sea publica o privada.

    En Mozambique fui parte del equipo fundador de un Instituto Politecnico Superior de Minas en la provincia de Tete: pero no hay aun minas de consecuencia en Tete, aunque si riqueza minera. El gobierno espera que el Instituto sea un factor motivador para que se desarrollen.

    Una de las maldiciones de la Universidad espanyola es su espantosa “endogenia”, un fenomeno que me consta se combate deliberadamente en Universidades de paises tan diversos como Suiza y los Estados Unidos. Si una Universidad no es “universal” … sera un colegio mas o menos glorificado.

    Carlos, la nocion de que Galicia es un “pais celta” no solo es falsa: es patetica. Es apuntar bajo y no dar. Galicia es un pais latino.

    [Reply]

  16. Sousa-Poza | Desde Sudáfrica dice:

    Lois, me olvidaba. Yo no hice mis estudios superiores en Espanya sino en los Estados Unidos y Canada, pero hay algo que tengo en comun contigo: entre otras cosas, de estudiante he lavado muchos platos en restaurantes en Nueva York: un recuerdo entranyable. And it builds character!

    [Reply]

  17. Loís Bello dice:

    It certainly does build character!! e podo dicir que teño pasado momentos complicados especialmente cando o meu inglés deixaba bastante que desexar pero tamén teño moitos bos recordos desa época, foi unha boa forma de introducirme no país e empezar a gañar as miñas primeiras libras sudando bastante.

    [Reply]

  18. Sousa-Poza | Desde Sudáfrica dice:

    Me acuerdo de que uno de mis grandes temores en algun empleo era tener que contestar el telefono …

    [Reply]

Deja tu comentario