O Anxo da Garda pasa a eliminatoria despois de catro preguntas de desempate
A emoción está servida en calquera dos enfrontamentos do Ecopreguntoiro. Pero nesta ocasión, os alumnos CEIP Anxo da Garda (A Coruña) e os rapaces do Vilar de Barrio (Ourense) casi esgotan as reservas de preguntas de desempate. Ata catro cuestións precisaron para decidir que serán os da cidade herculina os que pasen a eliminatoria.
Despois da súa primeira experiencia nas ondas, quixeron facernos partÃcipes da súa preparación para cuartos de final nas aulas do colexio e, de paso, presentarse a todos os seus compañeiros de concurso.
“Somos o equipo do Anxo da Garda e estamos encantados de que nos désedes a oportunidade de participar neste concurso, pois son temas que nos gustan. FÃxonos moita ilusión cando nolo propuxo a nosa titora e temos que confesar que estamos un pouco nerviosos.
Miguel, Diego, Juan, MartÃn e Daniel son os compoñentes do equipo coruñés do CEIP Anxo da Garda.
Agora xa pasamos a primeria eliminatoria. AÃnda que os nosos contrincantes fixérono moi ben, nós tivemos a sorte de resolver a pregunta do desempate. De todas as maneiras, só a experiencia de ir á radio xa compensaba a nosa participación.
Estamos preparándonos para o seguinte programa con moitas ganas e estamos ansiosos por saber quien serán os nosos rivais”
O Ecopreguntoiro descansa esta semana, con motivo do Entroido. Quen non o fai e Ecovoz, que emitirá un resumen das eliminatorias xa disputadas, asà como unha selección de entrevistas. Será, como sempre, o xoves ás 4 da tarde en Radio Voz.


