Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
De Galicia a Novgorod

TREBLINKA

13 de abril de 2011 a las 20:02

Fomos a Treblinka. Ningún letreiro na estrada ata chegar a 1,5 quilómetros. O primeiro que atopamos é o do pobo, do campo só ese que fotografou Maribel. É como se ninguén quixese lembrar ese lugar do espanto. A impresión que causa sobrecolle, pero non manca. Eu temía unha representación realista, con barracón, maletas, a cámara de gas, o forno, pero non. Espazos enormes cubertos de herba, bosque e milleiros de paxaros que cantan na mañá e que afirman a dimensión do silencio. A enorme instalación artística vai dando conta dos lugares máis singulares do campo. Todo é lembranza, todo é respecto, todo feito con amor e con sensibilidade extrema. O máis impresionante, amais dos amilladoiros, é a fosa. Cando eu lía cousas deste campo, Grossman, por exemplo, imaxinaba fosas dun tamaño razoable, pero o que vimos supera todo o imaxinable. Cincocentos metros de longo por cento cincuenta de ancho e quince ou vinte de fondo, calculo eu. O memorial, coa torre de pedra no centro e milleiros de menhires arredor, moitos con flores e candeas, representan a chegada das vítimas no tren. O pequeno museo informa do momento histórico que deu lugar a esta sen razón e ofrece unha maqueta que explica as instalacións. Non hai nada que mercar, non se comercia coa memoria.

Regresamos ás estradas polacas. Hoxe fixemos poucos quilómetros, pero foi moita a fatiga. En facer 100 quilómetros logo de Varsovia, tardamos máis de dúas horas. O dos camións segue impresionando, por veces, cando estamos parados, conto máis de cen seguidos en dirección contraria. Supoño que a nosa fileira será semellante.

A neve deixou paso ás inundacións. Ríos que saen da canle e ocupan lameiros, parques infantís, merendeiros de verán, que penetran nos bosques. Campos cultivados que xa non poden beber máis e cegoñas, avefrías e milleiros de parrulos.

Mañá quixeramos deixar Polonia e entrar en Alemaña. Estamos a 300 quilómetros da fronteira, pero visto o visto…

Soño cun baño no mar de Carnota, sentir o corpo na auga fría e saír logo ao sol. A ver se é a semana que vén.

Impresiona ver aos polacos en bici, sobre todo mulleres de idade, amais, aquí, poden circular polas autoestradas.

No related posts.

Sin categoría
Escrito por chisconaval 5 Comentarios
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

5 respuestas a “TREBLINKA”

teresa
abril 13th, 2011 a las 20:24

Benqueridos Maribel e Chisco: Sigo con atención e moito interés as vosas aventuras por Europa adiante. Supoño que atopáchedes mais fríos do que contábades. Moitos regards and kisses e até axiña, quero pensar.

[Reply]

chisconaval
abril 14th, 2011 a las 5:44

Ola Teresa, nesta viaxe lembreime moito de ti e de Fernando e a Elena Zernova faleille del, sabía quen era, pero non o coñecía. Claro que nos veremos axiña. Agarda Lancaster. Un bico. chisco

[Reply]

 
 
Merche
abril 14th, 2011 a las 19:21

Ola.
Que imaxes mais bonitas Maribel, pero o que non se ve a veces enche mais do que vemos e xa é casi imposible non sentilo.
Supoño que a experiencia será difícil de explicar pero con vos casi o vivimos, gracias.

[Reply]

 
Carlos
abril 15th, 2011 a las 20:51

Únome ao comentario de Merche. Case teño a sensación de que non podo responder ás imaxes con imaxes, e limítome a facelo coas palabras ás palabras. Xa dixen nalgún momento que sentía o abrazo desde estas instantáneas, e que o tándem me parece de luxo, pero creo que as de hoxe, co gromo do piñeiro, os asolagamentos e o cartel decrépito de Treblinka merecen parar outra vez neste punto.
Tamén, claro, ese silencio das foxas, esa mirada sobre os mortos en masa, sobre os masacres. Sobre todo histo, que nos lembra unha lección moi importante, á que nos corresponde darlle sentido.
Unha aperta para os dous

[Reply]

chisconaval
abril 17th, 2011 a las 14:06

o gromo do piñeiro para min representaba máis que calqueira outra foto do lugar, e un espazo onde se sinte demasiado a incomprensión do ser humano.

[Reply]

 
 

Deja tu comentario

ojd