MULTA
De novo nas estradas polacas, cheas de camións, de rodeiras, de chuvia. Xa non hai neve nos campos, nin xeo nos lagos. Nunha semana cambiou a paisaxe. Limpan as estradas e as rúas dos rigores do inverno.
Multáronme, ou multáronnos, que a cousa tamén vai con Panchita e con Maribel. Iamos en caravana, eu de segundo, detrás dun camión, detrás non sei cantos camións máis. O primeiro camión pasou e os outros tamén, pero a min paroume o poli. Dixo que ía a 78 nun sitio limitado a 70. Discutir? Só pagar. 100 en moeda de aquí e 45 minutos de atraso. Maribel di que menos mal que o axente era guapo. A sorte foi que cando mirou no sistema, non saíu a que nos puxeron xa non sei que día en non sei que lugar por non pagar no parking. Se sae igual ía preso.
Mañá queremos parar en Treblinka. Pode ser duro, pode encoller o corazón, pero penso que intelectual e humanamente será enriquecedor, se cadra non mañá, pero si no futuro.
Imos durmir en Lomza, cidade da que nunca escoitara dicir, pero que non é nada fea. Ademais enganchamos moi ben a conexión na praza onde estamos aparcados.
Un comentario final. En Rusia exhuman todas as fosas e os cemiterios da guerra, dá igual que sexan de alemáns, de españois, de rusos, de lituanos ou estonianos. Van recollendo os corpos espallados polos campos e xuntando todos arredor dun memorial que lembra a todos os que morreron dun ou doutro xeito. Habería que aprender, non si?
No related posts.
Sin categoría











7 respuestas a “MULTA”
abril 12th, 2011 a las 19:21
Esta é a representación do río Volchov, sintoo pero o editor non me deixa poñelo debaixo da foto, non sei que lle pasa a este word.
[Reply]
abril 13th, 2011 a las 9:25
Ah! Chisco e Maribel…! xa de volta… Nuns días estaredes por aquí, o que supón unha enorme ledicia para quen temos a sorte de compartir anacos de Vida con vós… Bicos!!!
[Reply]
abril 17th, 2011 a las 14:25
Espero que nesta vindeira semán podades pasaros por Lira, apertas m
[Reply]
abril 13th, 2011 a las 11:11
“Pode ser duro, pode encoller o corazón, pero penso que intelectual e humanamente será enriquecedor, se cadra non mañá, pero si no futuro”.
Gustoume esta frase. Está tinguido de dura, pero enriquecedora beleza, o voso blog, as impresións (en palabras e en imaxes) da vosa viaxe. Neve, versos, amizades ao longo, unha estela feita de pegadas que a memoria non vai borrar, cidades que vibran tras o xeo, un can que ladra… e camiño, camiño, camiño. É evocador e intoxicante, do mellor xeito posible.
Unha aperta e folgos e sorte e un raio cálido de sol (estamos tendo uns días de anticipado, abafante verán aquí na Coruña) para o camiño.
PD: E procura que non te leven preso, Chisco, que aínda que cando leo o blog, o leo na túa voz, teño ganas de poder escoitarte de novo no clube de lectura!
[Reply]
abril 14th, 2011 a las 5:42
Bos días, Rosalía, antes de emprender o camiño de novo. Xa imos. Grazas por escribir e lembranzas na casa. Chisco
[Reply]
abril 13th, 2011 a las 15:34
QUERIDOS MARIBEL & CHISCO QUÉ TEMERARIOS IR A 78 REVOLUCIONES POR SEGUNDO COMO LOS DISCOS LONG PLAY DE AQUELLAS ÉPOCAS DORADAS [PARA ALGUNOS DE NOS]
GRACIAS POR COMPARTIR ESTE MARVILLOSO VIAJE, PIENSO EN USTEDES Y EN LA RIQUEZA DE ESTA “ODISEA” CON ULISES/CHISCO, PENÉLOPE/MARIBEL Y ARGOS/EL COCHE !!!!!
MUY BIEN AVANTI A TUTTA MÁQUINA PERO A 70 !!!!
RECORDÁNDOLOS CON TODO CARIÑO Y AMISTAD
GUSTAVO DESDE A CORUÑA
[Reply]
abril 17th, 2011 a las 14:24
Muchas gracias Gustavo, menos mal que el guardía era guapo. cariños. m
[Reply]
Deja tu comentario