Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
De Galicia a Novgorod

Hoxe e onte

9 de abril de 2011 a las 17:13

Hoxe tocou turismo por San Petersburgo. Unha parte do día sós, outra acompañados de Pavel, que nos leva en coche dun lado a outro e nos permite ver moitas cousas en pouco tempo. Achegámonos a unha praia, por ver o Báltico, pero estaba xeado. Pisamos o mar inmóbil, solidificado. É a segunda vez que me pasa, a primeira, cando viñen en 1993, era novembro, pero tamén estaba así. Agora, diante da praia, constrúen illas artificiais para erguer nelas hoteis e urbanizacións para o turismo. Hai cartos en Rusia, iso do petróleo a 100 dólares barril, deixa moito beneficio. Aquí a gasolina é barata, a metade que en España, ou algo menos.

Pola mañá visitamos a igrexa do Sangue Derramado, que eu non vira a outra vez porque estaba en proceso de restauración, aínda daquela, logo dos danos da guerra. Andamos pola cidade da man de Pushkin e Nabokov, que non son mala compañía.

Na visita ao barco Aurora, o que axudou a triunfar a revolución de outubro, intentan roubarme. No rebumbio da entrada ábrenme a cremalleira do bolso e decátome cando o home, vestido de negro, xa tiña a man dentro, sostendo a funda das gafas de sol. Sáeme berrar en galego un “Que fas!”, e o tipo, que tiña un cómplice, asústase, penso eu que máis da conta, deixa as gafas e sae correndo pola cuberta do buque.

É impresionante ver os bloques de xeo que baixan polo Neva baixo as pontes. A cidade está chea de vida, de coches, todas as multinacionais presentes, tamén Zara, na avenida Nevsky, aínda que Pavel nos di que aquí non merca o local, alúgao. Nada lembra a cidade que eu coñecín daquela, sen moita vida aínda, permanece, iso si, a emoción ao cruzar o arco e atopármonos de novo diante da praza enorme e o edificio do Ermitage.

O perdura, aínda, son moitas das emocións e imaxes de onte, que foi día longo e intenso, así chegamos de fatigados. Estar diante do Volchov foi outra emoción, xa que eu soñara moitas noites con ese momento. Tamén o encontro con Galina, que nos acolleu na súa casa. Na igrexa do Krenlim de Novogorod puidemos apreciar a relixiosidade da xente e o diferentes que son os ritos con respecto aos nosos. A cruz luce sobre a cúpula cuberta de pan de ouro e hai aí unha historia curiosa da División. Bombardeada a igrexa, a cúpula sufriu danos e a cruz caeu. Collérona os divisionarios que a levaron a España. Cando se restaurou a igrexa colocaron unha réplica, pero hai pouco foi devolta a cruz orixinal, que hoxe gardan no interior do templo.

Tamén apreciamos o efecto da lama cando o desxeo, o barro ruso, do que falan os diarios dos divisionarios que escribiron as súas impresións. A policía para os vehículos aos que non se lles ve a matrícula a 20 metros e son moitos os que andan polas rúas e estradas cubertos dunha lama negra que mancha en canto un se achega a ela. Pavel decidiu que a Panchita debía iniciar limpa a viaxe de regreso e hoxe pasou polo baño. Os rapaces do servizo de lavado alucinaban con ela, segundo conta Pavel, dicían: Imaxínate levala de marcha e rematar nela acompañado.

Onte dicía que Volchov ten o significado de Rei Mago, en San Petersburgo hai dúas representacións do río, nas columnas vermellas que hai na illa que queda pola parte de atrás do Ermitage, unha, feminina, é o río Neva e outra o Volchov.

Outra cousa curiosa é que os campos onde sucedeu a batalla de Krasny Borj, non se traballaron ata agora para a agricultura, xa que a terra estaba mestura da coa metralla e aínda, paseando por alí, poden verse os furados dos obuses e as trincheiras, algunhas moi fondas, a case sete metros. Agora empezan a construír algunha nave industrial.

Agora imos saír de novo, viñemos ao hotel a descansar do frío antes de cear. Temos intención de ir ao café Pushkin, a ver se o atopamos e se temos sitio, que é sábado.

Apertas para todas e todos.


No related posts.

Sin categoría
Escrito por chisconaval 17 Comentarios
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

17 respuestas a “Hoxe e onte”

Merche
abril 9th, 2011 a las 21:49

Espero que conseguiras entrar e que pasarades unha boa noite.

[Reply]

 
alexandre
abril 10th, 2011 a las 10:22

Bo día prezada parella, hoxe, no día de Lazaro, espertou a mañan con un ceo atoldado que pouco a pouco foi deixando paso ó sol que da calorcillo o noso corpo, serán as Madamitas que estouran na mañan. Dende Auria froto con forza as palmas das mans para enviarvos unha calor agarimosa.
Xa soa a campá do parque, os rosquilleiros votan contas e dín que lles sobra un atado de rosquillas, digolles que sí, que xa sabemos, pero que este ano vos non estades.
que teñades un bo camiño.
bicos e apertas

[Reply]

chisconaval
abril 12th, 2011 a las 10:26

O día do San Lázaro era a festa da miña rúa, e viñan as rosquilleiras e durmían no portal… Apertas. Chisco

[Reply]

 
 
Milucho
abril 10th, 2011 a las 14:29

Moi interesante a experiencia e os relatos pero xa me tarda para escoitarvos as múltiples anecdotas que teríades durante a viaxe. Ah!! coidadiño coa carteira, pero bueno un “berro seco” pode axudar a escorrentalos rateros. Boa viaxe de volta. Apertas

[Reply]

chisconaval
abril 12th, 2011 a las 10:25

Pensei en ti en Tallin, vin un grupo que baixaba dun microbús, con carteiras e ordenadores, e pensei que serían dun proxecto europeo calquera. Como vai o polbo? E a reserva? Apertas. Chisco

[Reply]

 
 
Xosé Manoel
abril 10th, 2011 a las 18:39

E pensar que nesa cidade hoxe chea de vida imperaron a fame e a morte durante tres anos e medio…
Desfrutade moito.

[Reply]

 
Carlos
abril 10th, 2011 a las 21:34

Cantas cousas van deixando pegada! Grazas por compartilas, no texto e nas imaxes.
Paréceme tremendo o post anterior, con esa mestura de pasaxes tremendas, coa terra conxelada aberta polos explosivos para recibir os cadáveres; cos bicos e o sorriso da muller que coñeceu aqueles tempos.
Tamén o de hoxe, co mar sólido, xa camiño do seu pulso.
Unha aperta ben forte

[Reply]

 
O Marce de novo
abril 11th, 2011 a las 7:56

Unha cousa: atopades algún eucalipto polo camiño? Estou especialmente sensibilizado dende a nova de iren plantar por acó 30 millóns máis este ano…

[Reply]

chisconaval
abril 12th, 2011 a las 10:24

Nin, oes, é cousa de ver, xa esquecera que existen. Unha aperta, con calma, pero xa volvemos. Chisco

[Reply]

 
 
Xosé Manoel
abril 11th, 2011 a las 12:08

Ola Chisco e Maribel. Hoxe recollin o DVD no correo. Estou escoitando as entrevistas. Moitas grazas! Xa vos comentarei. Apertas e desfrutade

[Reply]

chisconaval
abril 12th, 2011 a las 18:56

A foto que encargache foiche ben difícil de facer, apenas poidemos achegarnos a orela da auga, estaba todo nevado, axudoume Pavel a achegarme o máis posible a un auga xeada, e quedarme ca bota afundida na neve, así foi a foto. apertas. m

[Reply]

 
 
eva veiga
abril 11th, 2011 a las 17:49

Queridos: logo dunha semana sen ler nada de vós, abro o blog e intérnome nunha historia de certo emocionante que coincido con Delmi que daría un bo documental. mesmo a túa narración Chisco é moi cinematigráfica. Teño a impresión de ter estado aí porque vin as cores, sentín os sabores e os arrecendo e tamén o frío e a calidez dos amigos. Grazas por levarnos con vós desa maneira tan entrañable que vos caracteriza. Estou desexando vervos coa aperta que xa vai por diante por se vos quitase un pouco a friaxe, Quérovos, eva

[Reply]

chisconaval
abril 12th, 2011 a las 10:27

Xa imos. Chisco

[Reply]

 
chisconaval
abril 12th, 2011 a las 18:54

carrabuxiña, espero que eses bichillos que queren adueñarse do teu aire xa se foran por outros lares, xa teño gañas de darte unha grande aperta. bicos mil. m

[Reply]

 
 
Juan Martínez-Casanueva
abril 12th, 2011 a las 7:56

Observo las fotos de Maribel y leo las palabras de Chisco en el punto crítico del viaje, la zona cero de la aventura divisionaria. Las huellas en la nieve en el cementerio de los españoles de Pankovka. El mar inmóvil, solidificado. La mirada. La blancura.
El tiempo en paz consigo mismo. Como si todo lo que fue convulsión en aquellas fechas hubiera encontrado acomodo y sosiego. Al igual que la vivencia de aquellos hombres a quienes ahora recordamos siguiendo vuestros pasos.
Ánimo en vuestro regreso, del que también esperamos nuevas entradas en el blog. ¿Para cuándo la próxima, que ya se hace esperar?.
Un fuerte abrazo.

[Reply]

chisconaval
abril 12th, 2011 a las 10:08

Cumprín a promesa, vai na seguinte crónica. Chisco

[Reply]

chisconaval
abril 12th, 2011 a las 18:51

Juan podrás escoitalo porque fixen un video. maribel

[Reply]

 
 
 

Deja tu comentario

ojd