Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es

Lanzacohetes B-13, katyusha ou organillo de Stalin

4 de mayo de 2011 a las 18:02
Representación pictórica do BM-13, lanzacohetes, coñecido polos rusos como Katyusha e polos soldados da División Azúl como "organillo de Stalin

Representación pictórica do BM-13, lanzacohetes, coñecido polos rusos como Katyusha e polos soldados da División Azúl como "organillo de Stalin

Sin categoría
Escrito por mlongueira Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Crónica dunha viaxe seguindo a pegada da División Azul .10 abril 2011

19 de abril de 2011 a las 11:51

F. X. Fernández Naval_Extra Voz

pax. 34 Crónica dunha viaxe seguindo a pegada da División Azul.

EXTRA de La Voz de Galicia 10 DE ABRIL DEL 2011

pax. 35.

F. X. Fernández Naval2_Extra Voz

nesta páxina o que maquetou o mapa e dibuxiño, debeu poñer o nome de Maribel Longueira,  de quen son as fotos,  pero… non foi así

Sin categoría
Escrito por chisconaval Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

pdf. publicados no xornal da Voz de Galicia

19 de abril de 2011 a las 11:38

F.X.Fernández Naval_CulturaF.X.Fernández Naval_Cultura

Sin categoría
Escrito por chisconaval Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

NA CASA

17 de abril de 2011 a las 21:10

Estamos de volta. Chegamos hoxe, domingo 17, ás 14,30. Durmimos en Sahagún e alí, no local onde fomos cear, atopamos a Carme García Negro e o seu home, que ían camiño de Logroño. Eles tiñan hostal, nós Panchita. Acompañáronos mentres ceamos e logo tomamos xuntos unha infusión para ben durmir.

barracons da vella estación do tren en Astorga, hoxe en desuso

barracons da vella estación do tren en Astorga, hoxe en desuso

Hoxe pola mañá paramos na estación de Astorga. Estabamos gravando o vídeo e facendo as fotos cando unha empregada de Adif nos informou de que non se podían tomar imaxes das vías. Está prohibido dende os atentados de Madrid do 11-M. Falando con ela, contounos que había outra estación mais vella e abandonada, e alá fomos. Esta segunda si sería a que viu chegar o tren divisionario e onde as “mulleres da sección feminina de falanxe” lles deron manteigadas. Hoxe os edificios que quedan están ocupados por ciganos, pero a visita deunos para sacar fotos das vías que xa non conducen a ningures, e do vello cartel que anunciaba Astorga.

Pasamos a tarde en traballos varios de intendencia: descargar a Panchita, ordenar na casa e logo aseala por dentro, baleirar as augas na zona de autocaravanas do Portiño e deixala aparcada para entregar mañá. Ten moita potencia e un bo motor por corazón. Cando viña de aseala, mentres buscaba onde aparcar, sentín unha sorte de saudade por ter que deixala, xa que foi o noso fogar durante 24 días e sempre nos deu confort, calor e acougo.

Estamos contentos. Maribel preguntoume se pagara a pena a viaxe. Eu penso que si, por varias razóns: unha polo feito de ir, de acudir á chamada, de ter o arranque de saír; dúas pola xente que coñecemos e os afectos que naceron nos lugares onde estivemos; tres porque toda a investigación realizada arredor de Alfredo e os momentos históricos que viviu, teñen a súa propia paisaxe, son as imaxes da memoria e, tamén, polo cariño de todos os que nos acompañaron a través do blog.

Pensaba eu que tamén lle debemos agradecemento ás xentes dos lugares onde durmimos, que nunca nos molestaron e que, en ocasións, foron cómplices: Irún (a noite peor polo ruído dos camións), Troyes (no centro, na praza do mercado), Grafemberg (tamén na praza principal, baixo a campá que daba as horas e a fonte medieval), Pila (na praza de estilo soviético), Dansk (a dous minutos da zona peonil, con taxistas amigos e discoteca), Augustow (lugar onde se reuniron os divisionarios para iniciar a marcha a pé), Vilnius (entre embaixadas e consulados), Riga (nos lugares que nos buscou Delmi), Tartu (sentindo a proximidade do frío), Peterhof (baixo a protección de Pavel), Bauska (baixo a chuvia), Lozma (nunha praza moi fermosa e con wifi libre), Wreznia (onde nos espertaron os estudantes ao pasar, petando na Panchita), Rhynern (e os merlos), Chatellerault (preto da estación sentindo pasar o tren) e Sahagún.

Entrada na cidade, a bicheria tamen decide sair pegada no cristal
Entrada na cidade, a bicheria tamen decide sair pegada no cristal

Mañá debo escribir o último artigo para o xornal. Sairá na revista do domingo 24. Maribel xa preparou as fotos.

Bosa noites.

Sin categoría
Escrito por chisconaval 12 Comentarios
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

a PANCHITA de descanso

17 de abril de 2011 a las 14:40

A Panchita nun aire francés, son os mellores de Europa

A Panchita nun aire francés,  son os mellores de europa

Sin categoría
Escrito por chisconaval 1 Comentario
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

POR EUROPA CARA O OESTE

16 de abril de 2011 a las 15:26

XOVES 14

Crónica do xoves, escrita pola noite, aínda que sen enviar por falta de conexión. Avanzamos bastante na viaxe de retorno. Deixamos atrás as estradas polacas e entramos nas autoestradas alemás. Con todo, sufrimos unha retención de moitos quilómetros, pasado Hannover, que nos demorou máis dunha hora. Tiñamos que repostar auga na Panchita e atopamos unha billa perfecta nunha gasolineira. O cartel dicía: 10 l. 0,30 €. Pero a muller que atendía, cando lle pedimos 50 litros, quería cobrar 15 euros. Imposible discutir con ela. Marchamos, menos mal que logo atopamos outro lugar axeito.

Ao chou paramos nun pobo alemá, a 35 quilómetros de Dortmund, que soa como Domund, pero que non ten nada que ver. O pobo chámase Rhynern e é moi fermoso, con casas antigas e unha igrexa impresionante, con flores nas rúas, nos xardíns, nas fiestras e os merlos que cantan ata ben entrada a noite. A cervexa é forte e os homes xogan ás cartas, talmente como a casa Louro de Lira, pero en alemán. Calculo que, polo menos, sete dos once que están no bar, sobreviviron a guerra.

Durmimos moi ben e espertáronnos os paxaros.

VENRES 15

Hai un elemento fundamental sen o cal esta viaxe non sería a que foi, falo do TOMTOM que me prestou Ramón, o autocaravanista que me formou. Dixémoslle que queriamos ir para casa e escribimos o nome da nosa rúa. Logo de analizar un millón de estradas (non sei se será posible, pero iso dixo), empregando 5 satélites, trazou un camiño que pasa por Bélxica, alá se nos foi o da relación de repúblicas, polo medio colouse unha monarquía, aínda que en horas baixas.

Tivemos moito problema para cruzar París, case dúas horas de retención, supoñemos que o feito de ser venres, de que empeza a semana santa e que eran as cinco da tarde. Algo atrapallados, chegamos a durmir a unha pequena cidade de Francia, Châtellerault. Estamos a 1.200 quilómetros da casa.

Delmi, en Riga, convenceu a Maribel de que esta viaxe merecía preparar o material para un posible documental. Dende entón, non só acumulamos fotos, senón que tamén facemos vídeo. Temos pensado parar na estación de Hendaya e na da Astorga, onde tamén pararon os da División, para facer dúas gravacións, xogando a facer como que imos, pero volvendo.

A esta hora, mentres escribo, cando van dar as once da noite, lembro aos amigos ourensáns que están a celebrar a cea anual que é o centro dos actos festivos da república.

A ver se o sábado atopamos un lugar para mandar estas notas.

Atopámolo en Hendaya. Moita presión de coches na estación. Cobran por todo, pola conexión 0,50 euros. É Francia, pero é primavera, vai sol e sentimos o aire na pel.

Faltan menos de 800 quilómetros, mañá estaremos na casa.

A Panchita chama a atención, aínda que vimos irmás xemelgas en Alemaña e tamén en Francia.

Apertas para todas e todos.

Sin categoría
Escrito por chisconaval Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

14 de abril

14 de abril de 2011 a las 5:55

este é un agasallo de luces para Daniel

feliz aniversario

un agasallo de aniversario para Daniel

Hoxe é 14 de abril, aniversario do noso fillo, cabodano do pasamento do meu pai e festa da República. Logo de cruzar as repúblicas de Francia, Alemaña, Polonia, Lituania, Letonia, Estonia e Rusia, apertas republicanas.

Sin categoría
Escrito por chisconaval 12 Comentarios
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

TREBLINKA

13 de abril de 2011 a las 20:02

Fomos a Treblinka. Ningún letreiro na estrada ata chegar a 1,5 quilómetros. O primeiro que atopamos é o do pobo, do campo só ese que fotografou Maribel. É como se ninguén quixese lembrar ese lugar do espanto. A impresión que causa sobrecolle, pero non manca. Eu temía unha representación realista, con barracón, maletas, a cámara de gas, o forno, pero non. Espazos enormes cubertos de herba, bosque e milleiros de paxaros que cantan na mañá e que afirman a dimensión do silencio. A enorme instalación artística vai dando conta dos lugares máis singulares do campo. Todo é lembranza, todo é respecto, todo feito con amor e con sensibilidade extrema. O máis impresionante, amais dos amilladoiros, é a fosa. Cando eu lía cousas deste campo, Grossman, por exemplo, imaxinaba fosas dun tamaño razoable, pero o que vimos supera todo o imaxinable. Cincocentos metros de longo por cento cincuenta de ancho e quince ou vinte de fondo, calculo eu. O memorial, coa torre de pedra no centro e milleiros de menhires arredor, moitos con flores e candeas, representan a chegada das vítimas no tren. O pequeno museo informa do momento histórico que deu lugar a esta sen razón e ofrece unha maqueta que explica as instalacións. Non hai nada que mercar, non se comercia coa memoria.

Regresamos ás estradas polacas. Hoxe fixemos poucos quilómetros, pero foi moita a fatiga. En facer 100 quilómetros logo de Varsovia, tardamos máis de dúas horas. O dos camións segue impresionando, por veces, cando estamos parados, conto máis de cen seguidos en dirección contraria. Supoño que a nosa fileira será semellante.

A neve deixou paso ás inundacións. Ríos que saen da canle e ocupan lameiros, parques infantís, merendeiros de verán, que penetran nos bosques. Campos cultivados que xa non poden beber máis e cegoñas, avefrías e milleiros de parrulos.

Mañá quixeramos deixar Polonia e entrar en Alemaña. Estamos a 300 quilómetros da fronteira, pero visto o visto…

Soño cun baño no mar de Carnota, sentir o corpo na auga fría e saír logo ao sol. A ver se é a semana que vén.

Impresiona ver aos polacos en bici, sobre todo mulleres de idade, amais, aquí, poden circular polas autoestradas.

Sin categoría
Escrito por chisconaval 5 Comentarios
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

MULTA

12 de abril de 2011 a las 18:56
A representación do río Volchov.San Petersburgo

A representación do río Volchov. San Petersburgo

De novo nas estradas polacas, cheas de camións, de rodeiras, de chuvia. Xa non hai neve nos campos, nin xeo nos lagos. Nunha semana cambiou a paisaxe. Limpan as estradas e as rúas dos rigores do inverno.

Multáronme, ou multáronnos, que a cousa tamén vai con Panchita e con Maribel. Iamos en caravana, eu de segundo, detrás dun camión, detrás non sei cantos camións máis. O primeiro camión pasou e os outros tamén, pero a min paroume o poli. Dixo que ía a 78 nun sitio limitado a 70. Discutir? Só pagar. 100 en moeda de aquí e 45 minutos de atraso. Maribel di que menos mal que o axente era guapo. A sorte foi que cando mirou no sistema, non saíu a que nos puxeron xa non sei que día en non sei que lugar por non pagar no parking. Se sae igual ía preso.

Mañá queremos parar en Treblinka. Pode ser duro, pode encoller o corazón, pero penso que intelectual e humanamente será enriquecedor, se cadra non mañá, pero si no futuro.

Imos durmir en Lomza, cidade da que nunca escoitara dicir, pero que non é nada fea. Ademais enganchamos moi ben a conexión na praza onde estamos aparcados.

Un comentario final. En Rusia exhuman todas as fosas e os cemiterios da guerra, dá igual que sexan de alemáns, de españois, de rusos, de lituanos ou estonianos. Van recollendo os corpos espallados polos campos e xuntando todos arredor dun memorial que lembra a todos os que morreron dun ou doutro xeito. Habería que aprender, non si?

Sin categoría
Escrito por chisconaval 7 Comentarios
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

AÍNDA LONXE

12 de abril de 2011 a las 10:12

O restaurante do sábado en San Petersburgo non se chamaba Pushkin, o nome é Café Literario. Din que foi o lugar no que se citou o poeta co seu rival, a noite antes do duelo que supuxo a súa morte. O local é agradable, as mesas, á beira das fiestras, miran unha das canles da cidade, pero é lugar triste, sobre todo polo persoal que o atende. Non lles debe ir ben e non ocultan o desacougo.

O domingo quixemos ir ao Ermitage, pero a cola para ver a colección do Prado que se exhibe, como parte do ano dual Rusia-España, era quilométrica. Acordamos, entón, ir ao Museo Ruso e ver unha exposición temporal “Malvados e heroes” que explica a historia de Rusia dende a creación artística. Resultou moi interesante. Logo démoslle un percorrido a todo o museo, que exhibe pezas interesantes da arte rusa das vangardas.

Ao mediodía quedamos con Elena Zernova, quen dirixe o Centro de Estudios Galegos e é a tradutora de boa parte da obra galega que se pode ler en ruso. Ela levounos ao restaurante The Idiot  que, como indica o nome, ten reminiscencias de Dostoievski. Cóntanos ela que xa era restaurante nos días do escritor, que acudía a el cun anaco de pan na man, que comía cheirando os pratos dos demais comensais, para que ter a sensación de que comía algo máis. Durante a época socialista o local foi zapatería, de venda e reparación de calzado e nos anos noventa foi recuperado, procurando  darlle o aire que tiña cando o frecuentaba o escritor.

Falamos moito con ela, nunha sobremesa longa e aproveito para lle facer unha entrevista, que espero publicar axiña. Xantamos os populares Palmeni, algo semellante aos tortellini, tamén os blini, que son filloas recheas e que están ben boas. Brindamos con vodka, que bebemos dun grolo, aínda que non escachamos o vaso.

Logo agasállanos cun percorrido pola cidade que complementa o que xa nos amosara Pavel o día anterior. Elena cóntanos que tivo dous alumnos que eran fillos de divisionarios que tiveron amores con mulleres rusas. Un deles non lle perdoaba ao pai que o deixase alí, sen recoñecemento e sen referencia paterna. O outro non expresaba sentimento ningún. Dinos que, o primeiro, anotouse aos seus cursos para mellor coñecer a cultura española da que el tamén formaba parte.

Cara o final da tarde vennos buscar Daniel, o fillo de Pavel, que fala moi ben o castelán e que tamén é alumno de Elena. Con el imos ata a localidade de Pushkin, xa que eu debo cumprir unha promesa. Juan Martínez Casanueva, pai do meu compañeiro de traballo, foi divisionario, co grao de alférez, aínda que volveu co de tenente e coa cruz de ferro de segunda clase no peito. Cando os bombardeos rusos, que sucedían todos os días, el ía ata un bosque de bidueiros e recitaba versos de Rubén Darío para escorrentar o medo. Eu prometinlle a Juan recitar un dos poemas na localidade de Pushkin e alá fomos. Baixo os bidueiros e sobre a neve escoitáronse de novo os versos do poema Metempsicose:  “Eu tamén fun un soldado que durmiu no leito de Cleopatra a reina”.

Hoxe erguémonos moi cedo. Pavel debía tomar un avión para España en Tallin ás 11,00 da mañá, e acordamos levalo nós. Así que ás 5 xa estabamos dispostos. Logo de deixalo demos un paseo pola cidade e alí fixemos o lunch, pero non na praza, nin no restaurante que me indicara Lino, no que serven oso. Para oso non estabamos. Logo tivemos un apuro, xa que non atopabamos a Panchita, que quedara nunha zona de aparcamento de pago fóra das murallas. Finalmente, logo de varias voltas, demos con ela.

Antes de Tallin cruzamos un territorio próximo ao mar, de moitas lagoas. Eran milleiros os gansos e barnaclas que cruzaban o ceo ou que comían nos campos. O máis fermoso foi ver unha formación perfecta de gansos e cisnes mesturados, voando a moi pouca altura.

Acordamos pasar a noite en Baskua, un lugar moi próximo á fronteira entre Letonia e Lituania. Atrás quedaron Rusia e Estonia.

Comentamos que o mellor desta viaxe que naceu coa idea de procurar información sobre a guerra, é a sensación de compartir, de amizade, de afecto. Só temos palabras de agradecemento para María e Berna en Berlín, para Signe e Delmi en Riga e, en San Petersburgo, para Elena e a familia de Pavel: Natacha, a súa dona, Daniel o seu fillo maior e Ana, súa moza, e os dous cativos Sonia e Iván.

A ver como imos facendo para facer chegar estas crónicas do regreso, que volven os problemas de internet.


Sin categoría
Escrito por chisconaval 9 Comentarios
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net
Página 1 de 3123
ojd