La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

En galego, de tres en tres

Escrito por Rubén Santamarta
17 de junio de 2008 a las 8:58h

Como diría Jack the Ripper, por partes:

_Novo número de Retranca. E xa van por oito números. A que foi a mellor revista a xuizo do público no último salón de cómic de Barcelona aproveita as oposicións para recordar que todos queremos ser funcionarios. Se non todos, eu polo menos coñezo a unha grande maioría que o desexa. Incluso se pregunta que pasaría se os superheroes fosen funcionarios. E de postre, Retranca ¡regala unha baixa laboral! Seguro que en dependencias oficiais non fai moita gracia… Aquí podedes ver a portada e outros detalles.

_Primeira serie manga traducida ao galego. Produto de Edicións do Cumio. Ollo co título: Bicame profe. Para quen teña mái curiosidade sobre esta obra de Kazumo Kodaka e da tradución de María co Carmen Pampín Otero, que lea aquí de balde o primeiro capítulo. Xa sabedes que os manga lense de atrás para adiante, así que hai que comezar na páxina 11 e cara a 1. Logo, a pasar polas librerías, que custa menos de 9 euros…

_Maus, en galego. Dende esta semana xa é posible mercar, en galego, a edición dunha das obras máis importantes da historia do cómis, Maus, de Art Spiegelman. Diego García é o responsable da edición na lingua da Galicia, que vai por cargo (que alguén me explique…) da editorial Inrevés, de Palma de Mallorca. Detrás disto está Francesc Capdevila, máis coñecido como Max, que tamén ten ao seu cargo a edición en catalán e euskera. Por certo, acaba de ser nombrado novo presidente de la Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales. Na nova directiva están Manel Cráneo e Henrique Torreiro.

Etiquetas: , , , , ,

Temas Relacionados

4 respuestas a “En galego, de tres en tres”

  1. Fry dice:

    Que te lo explique a ti y a todos porque eso de que una editora mallorquí saque un cómic en galego es, al menos, raro. Pero claro, también resulta curioso que Cumio haya elegido un shonen-ai para sacarlo al mercado gallego, parece una apuesta arriesgada.

    [Reply]

  2. liliana dice:

    no me gustan los comic de este tipo

    [Reply]

  3. casandra dice:

    yo soy de la puebla de valdeorras y me gusta ler pero es tipo de comic no

    [Reply]

  4. Manu dice:

    non me entusiasma

    [Reply]

Deja tu comentario

ojd