La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

O CINE PIPA VERDE

O cine Pipa Verde forma parte da historia da miña infancia. Inventouno o Quinito Peláez, un mozo solitario, melómano e imaxinativo, moi popular en Xinzo alá polos anos cincuenta, que pasaba o día discorrendo cousas. Un día díxome que no cine Pipa Verde puñan unha película titulada La caca de la Paca. Non existían nin o cine nin a película, por máis que el xuraba que o local estaba na rúa de San Roque, nun sitio raro, un patio traseiro ou algo así. Outro día faloume dun filme que se chamaba En París, los franceses hacen pis.

En xeral, as películas do cine Pipa Verde eran todas dese mesmo tipo: El Papa se relaja, El culo de don Cirulo, La meada de la criada e outras que xa non recordo. Durante unha tempada non pequena, eu crin na existencia daquel cine, ata que un día o … Seguir leyendo

LEMBRANZAS

O outro día falei aquí do meu amigo Mingos Romero, con quen compartín algún pecado etílico na miña adolescencia, un dos cales rematou, como xa contei, coa pena que me impuxo un veciño experto en viños, o cal se riu de min e me deu o consello de lavar o estómago cunha vasoira do váter para curar a resaca do día seguinte. Con Mingos atopeime o mércores nunha tenda e recordamos aquel episodio, que el gardaba moi vivo na memoria, pero algo diferente de como o referín eu. Segundo a súa versión, o consello que recibín non foi aquel tan brutal de meter a vasoira pola boca, senón outro máis humano e sensato: comer un bocadillo de xamón.

Tanto ten. Quizais esteamos falando de dúas historias diferentes que se entrecruzan nese labirinto cada vez máis complicado en que se vai convertendo a memoria co paso dos anos. Xa se sabe … Seguir leyendo

HISTORIAS DE ANXOS

Unha das últimas veces que estiven con Álvaro Cunqueiro na súa casa de Vigo, cando o escritor era xa un home enfermo e melancólico, díxome que pensaba escribir un dicionario de anxos. Contoume que coñecía o nome duns trescentos e que lle sabía a vida á maior parte deles, incluído un que era de Lugo. Ao decatarse do meu sorriso, aclaroume que había anxos nacidos en case todos os países do mundo, excepto en Rumanía, un lugar onde non se daban estas criaturas, aínda que el non sabía cal era a causa.

No século pasado fíxose famosa unha costureira de Siena, Giuliana Navarra, que aseguraba coser para un querubín. Houbo peregrinacións para ver esta señora, que por unha esmola voluntaria, entregaba a cambio fíos das túnicas que facía para o ser celestial. A pesar das falsificacións, aínda se conservan algúns.

En cuestión de anxos, España foi sempre un país atrasado. … Seguir leyendo

O PESO DA PÚRPURA

Non sei nada sobre Adolfo López Mateos, a non ser que foi presidente de México alá polos anos sesenta e que era bibliotecario de profesión e profesor. Polo tanto, ignoro tamén todo canto se refire ao seu labor como primeiro mandatario do país. O que vou contar, non obstante, ten valor en si mesmo, máis alá desas circunstancias. Trátase dunha historia que lin nunha entrevista, posta en labios do seu secretario, probablemente certa. A cousa empezou cando este lle preguntou un día qué se sentía cando un detentaba tanto poder.

O antigo presidente respondeulle que o primeiro ano, cando alguén se achegaba e lle dicía que era Deus, sentía repugnancia por tanto servilismo. O segundo ano, limitábase a dar as grazas; o terceiro recibiuno como un cumprido bastante agradable; no cuarto empezou a pensar que se debía tratar dunha esaxeración.

Foi no quinto ano dos seis que duraba o mandato … Seguir leyendo

UN PRATO DE CALDO

Hai uns días comín co novelista británico V. S. Naipaul, candidato de vello ao premio Nobel de literatura, que un día acabará inclinando a sorte cara ao seu lado, como sen dúbida merece. Falamos, en primeiro lugar, da tradución castelá da súa novela titulada A House for Mr. Biswas, que el non podía valorar dada a precariedade dos seus coñecementos de español e que eu non recordaba tanto como para darlle un xuízo responsable. Así as cousas, achegouse o camareiro para servirnos o primeiro prato, un apetecible caldo galego.

Estaba riquísimo. O unto era un sabor lonxano e fino, pero rotundo; as nabizas conservaban a suavidade que deberon ter antes de seren cocidas, aínda que máis tenras; as patacas, finalmente, pequenas e miúdas, dábanlle espesor á auga e configuraban un líquido serio, con corpo e dignidade. Escuso dicir que V. S. Naipaul deseguida se decatou da delicia que tiña … Seguir leyendo

UNHA BALANZA INCLINADA

Estiven vendo na televisión ese señor vasco que secuestraron hai tres meses e que por fin está en liberdade. Pareceume un bo tipo, intelixente e sereno. A falta de rancor con que describiu o caixón onde o tiveron metido, a naturalidade con que se referiu á censura que practicaban os carcereiros cando lle entregaban os periódicos recortados, a descrición da tortura en que consistiu o seu cativerio, agranda dramaticamente a diferenza entre a súa estatura moral e a dos seus verdugos.

El foi preso ilegalmente; os outros prendérono pola forza. El tivo que comprar a súa liberdade por varios centos de millóns; os outros quedaron cos cartos. El converteuse no símbolo da paz para centos de miles de cidadáns vascos; os outros prefiren a violencia. Por el, a xente puxo un lazo azul; os outros puxeron ratas.

Postos nunha balanza, dáme a impresión de que a lei, a liberdade, a … Seguir leyendo

ALGO DE CORAZÓN

Neste capítulo de golfos que iniciamos hai uns días non podería faltar un ourensán xa desaparecido, ben coñecido na cidade, que vivía ao que saltase. A min, cada vez que me atopaba, vendíame algo. Nunha ocasión encontreino nun restaurante en Bilbao e antes de que me dese tempo a saludalo xa me estaba colocando unha caixa negra de plástico que se chamaba Banca Monster e que consistía nunha manciña branca do mesmo material que saía de dentro e agarraba as moedas que lle puñan ao alcance, como se fose xente.

Pouco tempo despois vin a mesma caixa nun comercio e observei que valía algo así como cinco veces menos o prezo que eu pagara por ela. Naturalmente, cando tiven ocasión fíxenllo saber ao amigo. Coa graza que tiña, díxome: “Non me digas que prefires ir a unha tenda e non que che sirvan a domicilio”.

A última vez que o … Seguir leyendo