La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Un bo regalo

Nunha ocasión, falando con Fausto Martínez Biel, un paisano meu de Xinzo de Limia que tiña fama de tolo, pero que non era máis que orixinal e extravagante, pregunteille polo seu pai, que bautizara os fillos con nomes wagnerianos, entre eles Parsifal e Lohengrin. Díxome que nunca lle perdoaría dúas cousas: unha, que non lle puxese Sigfrido, en vez de Fausto, e outra que á única muller da familia lle chamase Pepita, cando puido elixir os nomes de Cósima, Flosshilde e incluso Tristán e Isolda, este último todo xunto.

De Wagner explicoume que non lle gustaba porque era un caloteiro, é dicir, un individuo que pedía cartos e que logo nunca os devolvía. Tampouco lle facía graza que fose tan pequeno. Para o meu paisano, un cabaleiro non debía deixar pufos e, polo que respecta á estatura, a elegancia empezaba no metro setenta e cinco.

Nunca escoitei unha descualificación de … Seguir leyendo

O que se pode aprender

Había en Ourense alá polos anos sesenta un señor moi poderoso que gozaba de grandes simpatías. Nunha velada na que coincidín con el, contou sen graza un chiste sobre un soldado que foi recibido cun entusiasmo  excesivo por parte dos asistentes. Noutra ocasión presenciei unha escena absolutamente cómica: un individuo que estaba sentado nunha terraza, cerca de min, púxose tan nervioso ao ver pasar o citado señor, que tirou con varias cadeiras e a punto estivo de tirar coa muller para ir saudar o prócer ao medio da rúa.

Cando o zascandil regresou ao seu sitio na terraza, transfigurado polo abrazo público que acababa de recibir, tivo que aturar un sermón da señora  agraviada, non pola falta de delicadeza cometida, abandonada case no chan polo ímpeto salutativo do seu home, senón porque este caera na descortesía de non presentala.

Anos despois, por unha arbitrariedade do destino, tan pouco propicio  naqueles … Seguir leyendo

Libros de normas

Estes días de nadal, aproveitei a tarde do vinte e cinco para revolver entre os papeis na casa de Ourense. Sempre aparece algo: unha fotografía esquecida, unha libreta con pensamentos, unha carta antiga… Nesta ocasión atopei unhas notas de estudo, de finais dos anos cincuenta, tomadas por alguén descoñecido, pois non conseguín identificar a letra, durante unha clase de relixión. O máis interesante non eran os apuntamentos en si, senón os comentarios, con seren aqueles dignos dunha antoloxía da estupidez ou do disparate.

Recollíanse nas citadas follas unhas normas de decencia cristiá redactadas en forma epigramática que se podían resumir nesta máxima: «El verano es el invierno de las almas». A man anónima da que falo, sospeito que dun primo meu algo golfante, anotou debaixo: «Hace tanto calor que yo tengo el alma completamente sudada».

Moitos anos antes, na ditadura de Primo de Rivera, houbo outro profesor en Ourense que … Seguir leyendo

Na vila de Córgomo

Estiven en Córgomo, unha pequena vila próxima ó Barco de Valdeorras. Ata onte, o único que sabía dese lugar era que alí naceu, hai case cen anos, o poeta Florencio Delgado Gurriarán. Agora sei algo máis. Por exemplo que, a pesar do frío, arredor de catrocentas persoas se xuntaron durante unha hora baixo a lona dunha carpa para escoitar unha conferencia sobre o seu poeta local. Non só eso, senón que antes acordaron mercar a casa do escritor entre todos, pagando a escote un crédito no banco, coa idea de convertela nun centro cultural. O sábado pola noite estaba chea e había nela varias exposicións.

Eu coñecín a Florencio Delgado Gurriarán alá pola metade dos anos setenta, nunha das visitas que fixo a Galicia desde México, onde vivía no exilio desde o ano 1936. Comemos xuntos na casa de Ramón Piñeiro, en Santiago. Era un home moi educado, elegante, simpático … Seguir leyendo

Quedarse cun país

Onte lin nun periódico as declaracións dun señor de Barcelona que dixo que marchou de Cataluña porque Jordi Pujol lle roubou o seu país. Se iso é certo, ten toda a razón do mundo en queixarse e avergonzar publicamente ao político catalán, pois roubar é unha cousa moi fea, a non ser que se faga por necesidade. Eu tiven un compañeiro que, alá polos anos sesenta, arrapiñou unha galiña en Monforte, pero nunca me pareceu mal: tiña fame e andaba fuxido da policía. Son pecados que nin sequera hai que confesar.

A primeira vez que falei con Jordi Pujol foi nun restaurante. Presentoumo Xerardo Fernández Albor e non saquei a impresión de que fose un ladrón. Creo que viña a unha voda, invitado ademais por un amigo meu, un home serio e prudente que dubido moito que se atrevese a convidar á súa casa a unha persoa con esas mañas.… Seguir leyendo

A lingua dos gatos

Estes día de chuvia e vento sigo sentándome polas noites cun libro na man, ó pe do lume. Hai que aproveitar estes sibaritismos inocentes que alegran o corazón o non lle fan mal a ninguén, nin sequera ó propio corpo, que é o que paga case sempre as alegrías que nos regala a vida. Estiven lendo ademais unha reseña longa sobre un libro raro, publicado en Italia no século pasado, sobre a linguaxe mímica dos napolitanos,  especialmente a que realizan coas mans. Eu antes non cría nesas cousas que se din sobre as características de cada pobo. Tiña o prexuízo de que se trataba dun prexuízo. Por fortuna, o tempo vai facendo a un cada vez máis libre, polo menos á hora de pensar.

Segundo puiden entender, algúns dos signos que se fan en Nápoles son máis ou menos universais, como os cornos, a figa ou a puñeta. Dubido en … Seguir leyendo

A man dunha muller

Hai uns días estiven en Ourense e aproveitei a viaxe para ir visitar uns amigos aos cales había tempo que non vía. Atopeime coa sorpresa de que o home da casa, un señor que prolongou unha espléndida mocidade ata ben cumpridos os oitenta anos, de súpeto se precipitou no abismo dunha vellez negra como un buraco fondo. Pola mirada que me dirixiu, decateime de que algo se rompera para sempre no interior da súa cabeza, tan lúcida e divertida ata hai pouco. Tiña os ollos secos, igual que dúas pucharquiñas insignificantes.

Mentres durou a visita, permaneceu en silencio, pasmado nalgún lugar perdido da súa alma, alleo por completo á presenza dos demais. Chamoume a atención que non se soltase da man da súa filla, que mantiña entre as súas con naturalidade, sen compulsión, cunha firmeza talvez máis psicolóxica que muscular.

Nos dous ou tres momentos que ela se tivo que … Seguir leyendo

Falar de fútbol

Pasei algunhas horas da tarde de onte cun grupo de amigos falando de fútbol. A cousa veu porque nos invitaron a facer un debate na Televisión Galega sobre ese asunto. Previamente comemos xuntos e foi unha pena que algunhas das historias que se contaron no xantar non saísen logo durante a gravación. Por exemplo, que algúns comentaristas arxentinos de radio  alteraban o resultado cando era contrario aos seus equipos, polo cal, a última hora tiñan que inventar rapidamente varios goles para dar o resultado real.

Polo demais, o programa debeu quedar divertido. Ningún dos presentes eramos forofos propiamente ditos e cada un coñecía aspectos diferentes do fenómeno. Estivemos de acordo en que o fútbol move paixóns e que resulta moi difícil de explicar por que razón un feito tan trivial como un gol produce tanto pracer ou dolor.

Nisto do fútbol, a min sempre me chamou a atención unha cousa … Seguir leyendo

A luz

Polo que teño contado outras veces nesta columna, xa se sabe que me gusta falar cos taxistas. Non sempre é posible porque hai algúns que non dan conversa e que prefiren ir en silencio, o cal resulta bastante comprensible, sobre todo ao final do día, cando levan oito ou dez horas de traballo. Non obstante, en xeral, aceptan o diálogo e moitas veces dan mostras de seren magníficos contertulios. Eu aínda recordo unha carreira longa que fixen en Madrid cun deles, antigo lexionario, que levaba tatuado no brazo dereito a palabra «Wolf», que significa «lobo» o mesmo en inglés que en alemán. Foi como asistir a unha sesión de cine de suspense e aventuras.

Onte mesmo collín un taxi a media tarde e aínda que o traxecto non era longo, as dificultades do tráfico fixeron que durase máis do que pensaba nun principio. Foi unha sorte porque o taxista pagaba … Seguir leyendo

Cousas da alma

Coñecín á Rosario cando eu era neno. Estouna vendo: pequena, rebolo, cachote, algo brava, un pouco maroutallo. Aparencias á parte, tiña fama de ser boa persoa, aínda que algo rara. Non ía á misa, por exemplo. Tampouco participaba en reunións de veciños nin en festas. Non perdía un enterro, non obstante. Vivía soa nunha casoupa de terróns, cerca dos prados do Mato, rodeada de cans. Recibía en segredo, polas noites, grupos nutridos de xente que acudían de todas partes a solicitar os seus servizos.

Curaba o de sempre: melancolías, tristezas, medos… Coa pura palabra: nada de química, a non ser un pouco xabrón para quitar a roña e algo de vitamina C, todo forzosamente mercado, para que fixese efecto, nunha determinada botica de Maceda. Era o pago, sen interese nin trampa, a un favor que o boticario lle fixera ao seu pai.

Cobraba en especie, pero só o que a … Seguir leyendo