La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

O medo á alegría

Na casa de Beiro, cando eu era neno, vivía con nós a señora Helena, unha muller traballadora que nunca se cansaba de facer o ben: limpaba, cociñaba, lavaba a roupa e, por se fose pouco, polas noites, despois de cear, mentres permaneciamos sentados ao lume da lareira, se era inverno, ou ao fresco do balcón, se era verán, contaba uns contos preciosos. Ás veces tamén relataba crimes e mortes, pero en xeral prefería narrar sucesos divertidos, con encargo, iso si, de que non rísemos demasiado nin en voz moi alta.

Por suposto, canto máis insistía ela nesta última recomendación, máis nos daba a nós a risa. Ao final, sempre se amosaba chea de comprensión, pero non se esquecía nunca de recordarnos que detrás das grandes alegrías veñen sempre grandes dolores. Expresábao cunha frase: “¡Non vos riades máis que nos pode castigar Deus!”

Eu non sei de onde procede esta pinga … Seguir leyendo

Guía de Paris

Desde onte pola tarde estou en París, para participar nunha destas reunións de escritores que se adoitan celebrar ao amparo do Salón do Libro. Nada máis chegar ao hotel, no centro de Montparnasse, un barrio que eu amo máis que ningún outro desta cidade, púxenme a revisar os regalos que tiña no cuarto: unha libreta encadernada en tea, coas follas en branco, que me servirá para debuxar macacos; cinco ou seis invitacións para xantares, almorzos e ceas; unha carteira con libros e unha bolsa de auxilio: tesoiras, botóns, agullas…

O que máis me gustou foron as tesouras, sobre todo porque son pequeniñas. Un amigo meu di que para el son imprescindibles, igual que lles sucede a moitas persoas cos somníferos, que necesitan levalos no peto aínda que non fagan uso deles.  Desde neno soña que se lle descosen os pantalóns en público.

Dos libros, había unha guía preciosa de París, … Seguir leyendo

Explicación

Unha vez, estando en Suecia durante o verán, declarouse un incendio perto da casa onde eu pasaba as vacacións. As chamas e o fume eran tan impresionantes que de seguida atraeron a atención de moitos curiosos coma min, que naquelas horas estaban descansando os xardíns. Non sei qué razóns podían levar a todas aquelas personas tranquilas e pacíficas, pouco dadas a meterse en asuntos que non fosen da súa incumbencia, a aproximarse ó lugar do suceso, pero eu fun alí cun propósito moi definido. Quería ver en directo, funcionando como unha máquina perfectamente engrasada, a famosa eficacia sueca.

A primeira sorpresa positiva foi comprobar cómo os bombeiros chegaban ó seu destino nun tempo que me pareceu fantástico. Despois, todo foi un desastre: non había auga, a un coche derramóuselle algo que impedía extende e subir a escada magnífica que levaba ás costas, unha mangueira que conseguiron enchufar finalmente a algún … Seguir leyendo

Un libro sobre Ortega

Recordo moi ben o día en que morreu Ortega y Gasset, cando eu tiña catorce anos. Polo que dicían os periódicos e polo que lle oín contar aos meus profesores, tiven a impresión de que o máis destacable daquel acontecemento era que desaparecía un home que non cría en Deus. Esa sensación incrementouse uns días despois, cando un daqueles profesores me sorprendeu lendo La rebelión de las masas e me dixo: “Anda, lee esas tonterías y ya verás como acabas defendiendo la teoría de que los perros tienen alma”.

De maneira que, durante algún tempo, Ortega foi para min un señor que pretendía demostrar cousas absurdas. Tiveron que pasar aínda algúns anos máis para que eu chegase a saber que o célebre filósofo non era malo, por un lado, e que non tiña nada que ver coas bobadas que lle atribuíra aquel meu profesor, por outro.

Máis de corenta anos … Seguir leyendo

Unha proposta orixinal

A historia de bailarinas que contei onte aquí tróuxome ata a memoria un suceso ocorrido no ano 1968, cando un novelista francés nos meteu a varios amigos, Camilo Nogueira entre eles, nun lío destinado a sacar do cárcere a un político angolano preso en Porto. Nas semanas que durou aquela aventura fun coñecendo xente moi diversa, desde golfos que o único que querían era gañar cartos a conta do esforzo e o risco dos demais, ata xente aloucada, disposta a queimar o mundo para que todo saíse ben.

Unha das persoas que andou polo medio naquel plan foi un parente meu, idealista e simpático, audaz e imaxinativo, que facía sempre as propostas máis orixinais, rechazadas sempre polo francés, que era un home duro, curtido en Cuba e en Arxelia, de volta de todas as poesías revolucionarias e cos pés postos no chan.

Unha das suxestións propuña vestir o angolano, que … Seguir leyendo

Cousa de charrelos

Aínda que non figure nos dicionarios, hai unha palabra na miña terra que se emprega para designar individuos de pouco sentido, faladores e trapalleiros, dos que se di, nun ton máis afectuoso que despectivo, que son uns charrelos. Agora mesmo teño na cabeza a un destes tipos aloucados, do que non citarei o nome porque supoño que aínda debe estar vivo, a quen lle acaía tan propiamente tal adxectivo que eu mesmo cheguei a pensar que ese era o seu nome verdadeiro, tantas veces e dunha maneira tan pertinente llo oín chamar.

Un día sorprendeu a filla na cama co seu mozo e o citado charrelo armou un albaroto de tal magnitude que un suceso que en principio puido quedar reducido ao ámbito privado da vida familiar, acabou sendo voceado polo pai de trompeta polas rúas. De maneira que a fama da rapaza, ata aquel día inmaculada, converteuse nun acontecemento … Seguir leyendo

Mazás

Semella que desta vez, a mazaira da casa vai dar máis dunha mazá, ao revés do que sucedeu o ano pasado. Onte pola mañá funlle facer unha visita e empeza a botar flor por todas as ponlas, cunha forza e unha alegría que parece unha rapaciña nova en vísperas da primavera, que está a punto de chegar. Naturalmente, as cousas aínda se poden torcer, se o tempo se descompón e lle da por chover a mares e con furia, como hai un ano, ou ven unha xiada inoportuna, desas que queiman a froita e encollen o corazón dos labradores. Se eso ocorre, só pido que, polo menos, se salve unha mazá. Máis que nada por non ver a árbore sen froito, como un pau.

Un veciño que sabe destas cousas e que entende do tempo a través da lúa, díxome que non hai perigo. Gustaríame fiarme del, pero sucede que … Seguir leyendo

Dous exemplos

Alá polo ano 1969 pasei sete meses en Bilbao. No colexio onde ensinaba había un tipo delgado e silencioso, profesor de xeografía, que non se relacionaba con ninguén a non ser nas reunións e nas asembleas. Entón convertíase nun auténtico lareta, dedicado a soltar longos discursos, para min incomprensibles polo complicados que eran, nos que o citado repetía constantemente, como unha especie de rutina, unha frase que dicía: “Hay que ser coherentes, ¿no?”. Como é fácil de entender, esa era a norma da súa vida.

Finalmente, o que tiña que pasar, pasou. Con motivo dun conflito coa dirección do centro, que el mesmo contribuíu a radicalizar en contra do parecer da maioría, foi o único que aceptou a imposición dunhas condicións que resultaban humillantes. Os demais preferiron deixar o traballo e marchar cada un para a súa casa.

Na mesma cidade de Bilbao, hai agora un par de anos, un … Seguir leyendo

Un home no camiño

Onte pola mañá, cando ía buscar os periódicos, atopeime no camiño cun individuo raro, a característica máis destacada do cal era que andaba cargado de cadeas. Levábaas arredor do pescozo, na cintura e nas pernas, estas últimas enroladas igual que unhas polainas. Polo demais, gastaba barba natural e montaraz, sen arranxos nin recortes, e unha melena de Cristo necesitado. A roupa, polo menos os pantalóns, presentaba rotos no sitio dos pobres e a camiseta, que era de propaganda, non estaba mellor.

En canto me viu, botoume unha bendición e deseguida volveu os ollos cara ao ceo e púxose a facer en serie unhas puñetas tremendas, absolutas. Para a última, agachouse, tomou pulo, deu un salto e fíxoa no aire: estralou como unha blasfemia. Despois mirou para min, adoptou unha postura marcial e saudoume a estilo militar.

Non sei que clase de loucura será a que lanzou a este home polos … Seguir leyendo