La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Unha asesora

A noticia de que o goberno de Serra Leona conta cunha bruxa entre os seus asesores máis atendidos provocou algúns artigos irónicos nun par de revistas norteamericanas. Xa se falara desta señora hai varios meses, cando se soubo que o exército se valía dos seus servizos para adiviñar onde estaban emprazadas as pezas de artillería dos rebeldes secesionistas alzados en armas. Vólvese falar agora, despois de que trascendese a noticia de que o presidente aprazou unha decisión importante por consello da bruxa.

Non sei quen é o señor presidente de Serra Leona nin sei como se chama, ignoro se é intelixente e descoñezo calquera  outro dato sobre el, a non ser este da moita fe que debe ter nas bruxas. Dada a insignificancia internacional do país no que manda, tampouco me importa demasiado que se deixe guiar polos consellos desa señora.

Despois de todo, iso mesmo era o que facía … Seguir leyendo

Mascaróns de proa

Cando Pablo Neruda vivía en París, un día atopou nunha tenda de antigüidades un mascarón de proa, do que se empeñou en dicir, probablemente sen fundamento, que era o pirata Morgan, aquel que no século XVII foi o terror dos españois no Caribe. Ao instante entroulle o desexo irreprimible de adquirilo. O capricho custoulle unha fortuna e para celebralo, o escritor organizou unha festa. Un amigo seu, sen consultalo, presentouse no sarao cun comunista chileno, compañeiro de partido e correlixionario polo tanto do poeta.

A presenza daquel home non lle fixo graza. En primeiro lugar, para estar seguro, preguntoulle ao seu amigo se era certo que o tal individuo pertencía á compañía, unha maneira discreta de referirse ao seu partido. Logo dixo que non estaba ben porque o vían comprando aquelas cousas e despois ían a Chile “pelando”.

Ese mascarón de proa vino eu na casa do escritor en Isla … Seguir leyendo

Corazón

Con poucas persoas discutín eu máis na miña vida que co meu tío Xosé, o abade de Beiro, de quen falei onte aquí. A pesar do cariño que nos profesabamos, a figura de Franco non nos permitía falar dúas palabras seguidas sobre el sen que nos puxésemos a disputar duramente. Para o meu tío, o xeneral era un ser providencial e superior. Como dixen, escribíalle poemas, que recitaban os nenos nas veladas parroquiais, xunto cuns breves sainetes en galego, tamén da súa autoría. O que estes tiñan de graza, convertíase naqueles en rebumbio e fanfarria.

Aínda recordo un que empezaba dicindo: “Salve, Caudillo invicto de la Nueva Reconquista”. Nunca entendín como un home tan intelixente podía pensar daquela maneira. Porque a intelixencia era excepcional. Lémbrome con moito orgullo dun día no que o cardeal Quiroga Palacios, nunha visita que lle fixen, precisamente de parte do meu tío, díxome: “Tiña o … Seguir leyendo

Un Papa

Tal como escribín onte aquí, o meu tío Faustino sabía moi ben a traxedia de Maximiliano e Carlota, que contaba co detallismo puntilloso dun gran narrador. Desde entón vén a miña simpatía polo Emperador e pola súa muller, a pobre Carlota, que enlouqueceu en Roma, durante unha audiencia co Papa, caída de xeonllos diante de Pío IX. Non sei se a causa da loucura daquela mociña tivo outras razóns, pero para min foi sempre, desde que escoitei por primeira vez a súa historia, unha loucura de amor. Non puido soportar que a súa última esperanza, o Soberano Pontífice, lle dixese que non podía facer nada. Aquilo significaba a morte de Maximiliano.

Obsesionada coa teima de que a querían envelenar, negábase a comer e a beber. Un día, invitada a almorzar polo Papa, refugou o chocolate que lle acababan de servir, dicindo que estaba envelenado. Cando o Santo Padre ordenou que … Seguir leyendo

Enxeño e simpleza

Cóntase que nunha ocasión o chanceler Bismarck saudou pola mañá un dos seus colaboradores con esta frase: “Non pudiden durmir nin un só segundo; estiven odiando toda a noite”. É un dito que reflicte bastante ben un dos aspectos máis característicos da personalidade do político prusiano, aquel home de ferro que estaba convencido de que as persoas eran como os cans: só aman a quen temen. El aseguraba que non podía vivir sen ambos sentimentos: o amor á súa muller e o odio a Windthorst, o xefe do partido do Centro.

Pero ademais do primitivismo que se desprende destas frases, o píncipe de Bismarck era ao mesmo tempo un home sensible e delicado, como se pode apreciar lendo as cartas de amor que lle dirixiu á súa muller, nas que lle chama gatiña e un día lle confesa que está feliz porque unhas horas despois vai comer linguado.

Do que … Seguir leyendo

Quizais unha boa persona

Ese rapaz do que falei onte aquí, a quen lle batía todo o mundo porque era infeliz, tiña un coello na casa. Falaba con el, xogaban xuntos no cuarto e durmían na mesma cama. Iso se dicía na escola, aínda que o interesado negaba o último punto, pois servía para que os demais nenos lle gastásemos bromas inclementes. Nunha ocasión, un túzaro de orellas longas, coxo dunha perna e corazón algo avinagrado, pintou no encerado un letreiro no que dicía que o infeliz se tiña que casar co coello por forza maior.

Había na escola tamén un virulillas con aspecto de rato, lareta e periquito audaz que practicaba o deporte de saltarlle na chepa ao desventurado. Facíao cada vez que pasaba diante del. Se era no recreo, pegaba un salto e dáballe unha palmada nas costas; se estabamos na aula, actuaba con disimulo, pero facía o mesmo.

A vítima, que … Seguir leyendo

Reproches aos deputados

As persoas que viviron durante a República e que recordan as incidencias máis espectaculares da vida parlamentaria adoitan referirse con nostalxia aos xogos de enxeño e ás ocorrencias con que moitos deputados adornaban as súas intervencións nos debates das Cortes. Algúns destes floreos verbais teñen hoxe a categoría de lendas, como a réplica fulminante que un coñecido político da dereita lle deu a un colega radical que o acusou de usar calzóns con botóns de prata: “Nunca sospeitei que a súa muller fose tan indiscreta”.

Confeso que este tipo de parlamentarismo, tan produtivo para amenizar tertulias e reunións de amigos, a min nunca me impresionou. En vista do que sucedeu despois, é dicir, a guerra e as súas consecuencias, a un ocórreselle pensar que ese derroche de imaxinación e de talento sería moito máis útil se aqueles políticos espelidos o tivesen empregado en buscar solucións que evitasen a traxedia.

Despois … Seguir leyendo

Unha discusión entre amigos

O luns pola noite, como contei onte, estaban agardando por min Alfredo Bryce Echenique e Pepe Esteban. Marchamos nun coche cara ás Docas, a buscar un lugar tranquilo onde falar con calma. Aínda que atopamos un sitio excelente, a tranquilidade non foi a característica principal da nosa conversa. Bryce pasa agora por un período de non abstinencia e aos dez minutos de estarmos xuntos xa tiña convertido a reunión nun circo absurdo e disparatado, como se fose Martín Romaña, o célebre personaxe dunha das súas novelas.

Empeñouse en acusar a Pepe Esteban, amigo íntimo seu, dun acto que este non estaba disposto a aceptar, pois afectaba á súa dignidade. Todo viña dunha viaxe a Perú, na que Pepe foi visitar a nai de Alfredo por encargo do seu fillo. O resto resúmese nunha frase que se repetiu centos de veces na noite: “Vomitaste a mi mamá”.

Pepe Esteban dicía que … Seguir leyendo

Todo corazón

Cando eu estudaba en Santiago, alá polos anos sesenta, compartía o cuarto cun rapaz simpático e aloucado, todo corazón. Era iso que se chama un cacho de pan, pero un pouco fervello e falador, capaz de manter catro ou cinco conversacións ao mesmo tempo. Por un nada picaba de cháchara coa primeira persoa que atopaba na rúa, aínda que non a coñecese, e cinco minutos despois quedaban amigos. Gustáballe facer favores e ofrecíase a comprar os periódicos, mercar tabaco ou ir botar unha carta a correos.

Un día que fomos a Cuntis, logo dunha recente nevada, metéuselle na cabeza que eu estaba morrendo de frío, o cal non era certo, e pretendía prestarme o suéter que el levaba para que o puxese por riba do meu. Custoume librarme daquel agobio, pero non conseguín evitar que me preguntase cen veces se me sentía ben.

Atopámonos o outro día nun hotel, despois … Seguir leyendo