Á marxe do tempo

Un obsequio
Hai anos, cando este país era difícil para case todos e imposible para moitos, vivía en Santiago, alá pola rúa de San Pedro, un home humilde e pobre que tivo a desgraza de caer enfermo de gravidade. Como se trataba da súa propia vida, acudiu a un médico de sona e de prestixio, no que atopou un dobre consolo: por un lado, devolveulle a saúde; por outro, non só non lle cobrou nada, senón que lle pagou os medicamentos e o axudou en moitas outras cousas. Non sabía como, pois carecía de bens, incluso dos máis elementais, pero quería corresponder á súa maneira con quen se tiña portado con el dun xeito tan humano e tan cariñoso.

Pasado algún tempo, cando a saúde lle permitía levar novamente unha vida normal, un día, aquel señor presentouse na consulta do médico para darlle as grazas e facerlle un obsequio. El mesmo, coas súas mans, fabricara unha gaiola pequeniña, feitas de cachiños de cana recortados quizais do rabo dunha escoba vella. Unha gaiola preciosa. Dentro, meteu un cacho de leituga e un grilo.

Aquel grilo, primorosamente coidado, viviu moito tempo na casa de Domingo García-Sabell, no barrio da Rosaleda de Santiago. A el, a quen un paciente chegou a regalarlle un coche, debeulle de parecer, polo que eu sei, o regalo máis valioso de todos cantos recibiu ao longo dunha vida na que, como dicía Otero Pedrayo, a xenerosidade se practicou sempre sen trompetas. Onte pola noite, cando lle estaban entregando a Domingo o seu premio, durante os discursos, eu acordeime moito daquela gaiola pequeniña e daquel grilo. Tiña a impresión de que recordando aquel episodio, lle facía unha homenaxe ao meu amigo.

Esta columna publicouse orixinalmente o 18 de maio de 1998.

Unha profecía
As persoas que trataron a Edmundo Estévez, máis coñecido como Alambritos, recordarán del a súa simpatía, o mal xenio que tiña e o antifranquismo profesional que gastaba. Para denigrar ao xeneral, valíalle calquera pretexto, incluída a choiva ou a sequía, segundo lle conviñese. Dos escasos minutos que pasou con el, cando Estévez era gobernador civil de León, en tempos da República, gardaba un anecdotario inmenso, destinado a ponderar a pouca intelixencia e a ruindade espiritual do seu inimigo.

Para remachar a opinión que lle merecía o ditador, un día fíxome unha profecía que por fortuna nunca se cumpriu, polo menos ata agora. Dixo que chegaría unha época, que pola miña idade eu estaba condenado a vivir, na que o país se iría desfacendo aos poucos. Mesmo sería inevitable andar polas rúas cun casco na cabeza.

Chegara a esa conclusión por un razoamento lóxico aplastante: tendo en conta que todo o mundo roubaba, acabarían caendo as casas. E así todo o demais, é dicir, os postes eléctricos, as pontes, as presas… Aínda hoxe, cando saio da casa polas mañás e escoito a xente falando indignada pola radio, ás veces recordo o vaticinio do meu amigo. Se a pesar de todo non se produce a catástrofe é porque as persoas, incluídos os políticos, son razoablemente honestas. Descontando os senvergonzas, por suposto.

Esta columna publicouse orixinalmente o 17 de maio de 1994.

Alxén
Pasei a mañá de onte no colexio público de Alxén, en Salvaterra. Os alumnos de cuarto elixíronme como padriño do seu curso, puxéronlle o meu nome a unha aula e colocaron na porta, ademais, unha caricatura miña que encargaron a un caricaturista de Madrid. Antes tiven que falarlles, primeiro, e responder a unha batería enorme  de preguntas, despois. Chamoume a atención que estivesen tan caladiños e que preguntasen tanto e tan ben. Unha rapaciña quixo que lles dixese algo en sueco e aproveitei para aprenderlles a dicir gracias, que se di “tack”, a poder ser, repetido como se fose unha metralleta. Foi unha das aventuras de toda a mañá.

Cando chegou o turno de firmarlles, un por un, nunhas cartolinas onde viñan pegadas estas columnas que escribo aquí, despois de poñer o nome deles e a continuación o meu, todos me dixeron con seriedade o mesmo: “Tack”, algúns na fórmula máis sinxela, pero outros facendo a metralleta, como lles dixera antes durante a charla.

Cando xa saía, nas escaleiras estaban sentados os máis pequenos, acompañados dunha profesora. Nada máis verme, viñeron correndo, puxéronse arredor e empezáronme a amosar os debuxos que acababan de facer: retratos meus divertidísimos, nos que aparecía case sempre cun puro na man ou na boca. Escuso dicir que pasei unhas horas moi gratas, asombrado de que un grupo de nove profesores poidan realizar un traballo tan excelente. Durante o xantar, unha delas díxome que estes nenos e estas nenas non esquecerán na vida un día como este. Probablemente. Con certeza, eu tampouco o poderei olvidar. Nunca sospeitei, cando empecei a escribir, que isto fose tan fermoso.

Esta columna publicouse orixinalmente o 16 de maio de 2000.

Igrexa e tecnoloxía
A última vez que asistín a un bautizo quedei sorprendido dos progresos tecnolóxicos que se teñen feito no seo da propia igrexa. No momento en que o cura se dispuña a botar a auga sobre a cabeza do neófito, un raio de luz baixou do ceo para iluminar con claridade e precisión a pía bautismal. Naturalmente, non se trataba de ningún fenómeno de tipo milagroso, senón dun pequeno mando a distancia que o señor abade levaba na man e que fixo posible aquel gracioso detalle. No fondo, todos o agradecemos: víase mellor.

Non foi a única modernidade incorporada ao rito cristián. Con bo criterio, alguén acordou que un pequeno artiluxio parecido a un quentador en miniatura, discretamente oculto nunha parte non visible do templo, podía evitarlle aos meniños o rigor dunha bategada de auga fría castigando a suavidade indefensa das súas cabezas.

Antes disto, xa tiña visto noutros lugares candeas eléctricas, explicacións turísticas con auriculares, equipos de megafonía ao servizo dos predicadores ou mecanismos de esmolas accionados por moedas. É dicir, toda clase de avances, uns máis afortunados que outros. Non imaxinaba que as cousas acabarían chegando ata iso que contaban onte os periódicos: un cura italiano contestando desde o altar, en plena misa, a unha chamada feita ao seu teléfono móbil. Excesivo, a non ser que o chamasen urxentemente desde o ceo.

Esta columna publicouse orixinalmente o 15 de maio de 1995.

Poesía e realidade
Estes días pasados que estiven en Suíza falei moito cun rapaz que foi compañeiro meu de xogos nos anos da nenez e que leva moito tempo traballando naquel país. Contoume cousas que eu ignoraba. Por exemplo, a labazada que lle pegou o mestre o primeiro día que foi á escola, cando lle amosou o debuxo dunha cunca e lle preguntou como se chamaba aquel obxecto. Naturalmente, o neno acertou sen esforzo, pero non imaxinaba que se trataba dunha trampa insidiosa. Foi así como aprendeu a palabra “taza”.

Eu tampouco sabía que aquel rapaciño que xogaba comigo nos veráns era parente da Pata, unha señora que vivía apartada de todos e a quen iamos velar os rapaces polo pracer de sorprendela facendo pecados. En realidade, nunca a descubrimos noutra actividade que non fose a de darlle de comer ás pitas.

Falamos tamén dun individuo que fixo unhas ás de palla e que se botou a voar desde o alto dun carballo. Neste asunto, os nosos recordos foron diverxentes. Eu sempre pensei que aquel home voara uns metros, non de maneira elegante, como unha cometa, senón atolondrada e raseira, como as galiñas. El está convencido de que caeu a peso como un saco, que rachou a cabeza e que o levaron para a casa nun carro de bois. Debe de ser así. En caso de conflito entre a poesía e a realidade, aquela nunca gana.

Esta columna publicouse orixinalmente o 14 de maio de 1997.

Perspicacia
Teño na biblioteca un libro, publicado en América, que antes lía con certo agrado. Titúlase Historia universal de la estupidez humana e nel cóntanse algunhas das idioteces máis chamativas perpretadas ao longo da historia. Non son poucas: ratos condenados a morte en sentenza firme ditada con todas as formalidades da lei; costumes absurdos, como asistir ás intimidades fisiolóxicas dalgún rei, falando do arrecendo extraordinario, como se dun delicado perfume se tratase, do que non era máis que cheiro desagradable, puro e duro; mortos condenados á fogueira, desenterrados, polo tanto, para seren chamuscados na praza pública.

Desde hai tempo, non leo ese libro do que falo, en parte porque as noticias diarias dos periódicos, da radio e da televisión inclúen un catálogo bastante completo de disparates semellantes. Onte, por exemplo, mentres ía no coche para a casa, fun escoitando unha serie de historias absurdas, todas relacionadas con multas de tráfico, que parecían un calco daquela novela de Kafka titulada O proceso. De todas esas historias, a que máis me chamou a atención foi a que contou unha señora cega, casada tamén cun cego, que foi multada por ter estacionado o coche nun lugar prohibido.

Cando se presentou nas dependencias correspondentes para explicar que nin ela nin o seu home tiñan automóbil, como resultaba obvio, en vez de recibir as desculpas oportunas ou de buscar a causa dun erro tan evidente, atopáronse cun funcionario digno de figurar no libro ese que teño na casa. Poñendo cara de lince, convencido, quizais, de posuír gran intelixencia, fíxolles a seguinte observación perspicaz: “O ano pasado, ao mellor, vostedes aínda non eran cegos”.

Esta columna publicouse orixinalmente o 13 de maio de 1999.

Marabillas
Hoxe gustaríame escribir que me sinto melancólico ou como un lle queira chamar a iso, pero paréceme excesivo dar conta en público de sentimentos tan íntimos. De maneira que falaremos doutra cousa. Por exemplo, dese señor que nunha pequena vila americana próxima a San Diego, na fronteira con México, asegura ser amigo persoal de Satanás, con quen toma café de cando en vez. Escoiteino na tele e non me pareceu nin un tolo nin un farsante nin un idiota. Non quero dicir con isto que, descartadas esas tres posibilidades, dea por boa a afirmación deste home. Eu non creo que o demo tome café con ninguén e menos en California.

Onte lin nun periódico de Madrid que un antigo ministro de Franco, xa desaparecido, estaba convencido de que Stalin falaba con Satanás en Bakú, a través do buraco dun pozo de petróleo ou algo así. Ogallá fose certo, pero cústame aceptalo, en parte porque sería máis cómodo e rápido que a visita se levase a cabo no mesmo Kremlin, sen necesidade de que o ditador tivese que trasladarse.

Cando eu era neno e cría en Satanás, un día fun andando máis de dous ou tres quilómetros baixo un sol de lume, en pleno mes de agosto, porque o Toñito sacristán me convenceu de que detrás do altar de santo Antón estaba escondida a filla do demo. Xuro que a vin: pequeniña coma un paxaro, vestida cunha chaqueta de la encarnada, calzada con zapatos azuis e comendo pan con touciño. Cando cheguei á casa e contei o sucedido, a miña tía Isolina obrigoume a rezar un rosario. Estiven distraído, pensando naquela visión tan simpática. Daría algo por repetir a experiencia. O que pasa é que conforme pasan os anos, os ollos deixan de ver marabillas.

Esta columna publicouse orixinalmente o 12 de maio de 1998.

A maldade dun vello
Teño un amigo vello e golfo, de simpatía recoñecida, a quen nunca lle quixen mal, aínda que nunha ocasión me fixo unha perrillada gorda, máis propia dun lexionario que dun home educado, que tardei bastante en perdoarlle. Un día que o levei como invitado á casa duns amigos, non tivo outra ocorrencia que, aproveitando un descoido, emboscado detrás dunha porta, pedirlle á anfitriona que lle amosase unha parte potente e xenerosa do seu corpo. Como era lóxico, saíu trasquilado, aínda que coa cara enteira de milagre.

Naquela ocasión, a el salvouno o mal viño, pero a miña vergonza andou de arrastras durante semanas. Agora, pasado o tempo, aquela muller tan zafiamente ofendida, que é intelixente, elegante e discreta, ri con malicia cando recorda o episodio e acaba sempre desculpando a aquel visitante inoportuno, pillabán e atolondrado. A vellez consegue estes privilexios da xenerosidade dos demais.

Hai un par de días, non obstante, atopei a miña amiga indignada co mesmo individuo. Acababa de escoitalo pola radio. Nun primeiro momento, riu para adentro: a aparencia honorable do entrevistado e o contraste coa realidade que ela coñecía, resultaban cómicos. Non obstante, non foi iso o que a irritou. O problema veu cando se decatou de que aquel home, a través das palabras que dicía, estaba cheo de resentimento e de rancor. Entón sentiuse burlada. Ela pode perdoar a luxuria dun vello, pero nunca a maldade.

Esta columna publicouse orixinalmente o 11 de maio de 1993.

Intelixencia artificial
Teño un amigo alto e forte, talvez un pouco gordo. Por razóns de tipo profesional, con frecuencia ten que visitar a oficina dun banco que dispón diso que tecnicamente se chama un arco de seguridade, é dicir, unha especie de cámara de cristal destinada a detectar ladróns. Para entrar, hai que pasar por ela de forma obrigada. Primeiro tócase un timbre, logo ábrese unha porta, a continuación queda un pechado durante uns segundos agardando que se abra unha segunda porta, e por último xa se pode pasar.

Parece que estas esclusas están dotadas de intelixencia, o cal significa que poden descubrir armas. Polo que me contaron, dispoñen de diferentes graus de sensibilidade, de maneira que o difícil consiste en regulalas para que non dean a lata cos reloxos e as plumas dos clientes, pero que cacen en cambio as pistolas e as navallas.

Estes arcos son sensibles tamén ao peso. O caso é que cando este amigo meu pasa por debaixo, escóitase unha voz electrónica que di: “Por favor, pasen de un en un”.  Confundir a un gordo con varias persoas non fala moito a favor da intelixencia do aparato. Hai dous ou tres días, eu cheguei ao banco pouco despois de que cometesen un atraco. Curiosamente, segundo me contaron, o ladrón empregou un coitelo. Preguntei se o arco avisara de que o tal individuo levaba unha arma e dixéronme que non. Era de esperar.

Esta columna publicouse orixinalmente o 10 de maio de 1996.

Unha rúa para a vítima
No lago de Bled, en Eslovenia, coñecín hai anos, durante un congreso de escritores, un poeta mozo, alto e pálido, non moi bo comedor, excesivo só no vicio de fumar. Coincidimos o primeiro día á hora do almorzo, e desde entón, falamos moito. Unha noite obsequioume cun libro de versos, no que me escribiu unha agradable dedicatoria en francés. Cando me retirei ao meu cuarto, decateime de que se trataba dun poema dedicado a Gavrilo Princip, o rapaz que matou ao archiduque de Austria en Saraxevo no ano 1914.

Aínda que seguín falando co poeta triste e fumador, deixou de serme simpático. Entendo que un home que mata a outro, como é o caso que cito, poida ser considerado un heroe polos seus compatriotas, pero non comprendo que un poeta o cante nos seus versos. Paréceme que o máis natural é acordarse do morto.

A Gavrilo Princip, o disparo do cal acendeu a I Guerra Mundial, dedicáronlle unha rúa en Saraxevo, a mesma na que acabou con Francisco Fernando. Os seus admiradores conseguiron tamén que as marcas dos zapatos se gravasen para sempre no pavimento do lugar onde estaba apostado. Por se estas dúas homenaxes non fosen suficientes para celebrar un tiro de pistola, aínda lle dedicaron un museo. Sei agora que, desde hai pouco tempo, a rúa consagrada antes ao pistoleiro leva por fin o nome da súa vítima.

Esta columna publicouse orixinalmente o 9 de maio de 1995.