Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

“Á marxe do tempo” despídese co ano que se foi

2 de enero de 2018 a las 22:02
   
     O 31 de decembro pasado rematou o Ano das Letras Galegas 2017, dedicado a Carlos Casares, e hoxe damos cabo tamén a esta sección que durante cinco anos trouxo unha escolma das columnas aparecidas en La Voz de Galicia baixo a popular cabeceira de Á marxeNon obstante, esta serie permanecerá dispoñible ao público neste mesmo sitio o tempo que LVG considere oportuno.
     Agradecemos a todos os seguidores a súa atención e, por suposto, ao editor de La Voz de Galicia a cortesía e os medios postos á disposición da nosa Fundación para ofrecela aos lectores e ás lectoras de LVG.
     Recordamoslle ás persoas interesadas nesta faceta da obra de Carlos Casares que desde o ano pasado dispoñen xa, na Biblioteca Carlos Casares da editorial Galaxia, da súa Obra Xornalística Completa, que recolle en dez tomos as columnas publicadas diariamente en LVG dende o 9 de xuño de 1992 ao 9 de marzo de 2002.
     Moitas grazas.
     A Fundación Carlos Casares.
Marxe
Escrito por amarxedotempo 2 Comentarios
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

2 respuestas a ““Á marxe do tempo” despídese co ano que se foi”

paideleo
enero 2nd, 2018 a las 22:34

Unha mágoa !.

[Reply]

 
SaraJess
enero 14th, 2018 a las 23:09

e tanto, Paideleo.

[Reply]

 

Deja tu comentario