La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

«Á marxe do tempo» despídese co ano que se foi

   
     O 31 de decembro pasado rematou o Ano das Letras Galegas 2017, dedicado a Carlos Casares, e hoxe damos cabo tamén a esta sección que durante cinco anos trouxo unha escolma das columnas aparecidas en La Voz de Galicia baixo a popular cabeceira de Á marxeNon obstante, esta serie permanecerá dispoñible ao público neste mesmo sitio o tempo que LVG considere oportuno.
     Agradecemos a todos os seguidores a súa atención e, por suposto, ao editor de La Voz de Galicia a cortesía e os medios postos á disposición da nosa Fundación para ofrecela aos lectores e ás lectoras de LVG.
     Recordamoslle ás persoas interesadas nesta faceta da obra de Carlos Casares que desde o ano pasado dispoñen xa, na Biblioteca Carlos Casares da editorial Galaxia, da súa Obra Xornalística Completa, que recolle en dez tomos as columnas publicadas diariamente en LVG dende o 9 de xuño
Seguir leyendo