Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Neto do sacrilexio

22 de diciembre de 2017 a las 0:35

Hai uns días, nunha viaxe rápida a Segovia, ida por volta, para participar no que alí chaman as Tertulias dos Martes e que non consiste noutra cousa que dar unha conferencia, o presentador do acto dixo algo que provocou a conmoción do público e que a min me deixou pasmado. Despois de anunciar que a miña vida estaba chea de datos curiosos e raros, o cal xa resul taba preocupante, acabou dicindo que eu era neto dun bispo. A xente, asombrada pola noticia, miroume desde entón como quen mira un animal de circo.

Mentres durou a presentación, que por outra parte estabafeita con agarimo, vivín a experiencia de ser o neto do sacrilexio que acababa de explicar o meu despistado introdutor. Desde as butacas, as miradas dirixíanse a min cargadas de asombro: a maior parte expresaban curiosidade, pero había tamén algunhas un pouco ruíns.

Cando me tocou a vez e empecei referíndome á afirmaciónque me emparentaba co pecado, fíxose un silencio expectante no auditorio, que eu sabía que acabaría en desilusión. En canto aclarei que o meu presentador estaba confundido, que ningún dos meus avós fora bispo e que ademais un deles profesaba con orgullo de anticlerical e volteriano, aquel púxose branco e pediume desculpas no momento. A verdade é que lle quedei agradecido: durante uns minutos fun neto dun bispo, experiencia que poucos teñen.

Esta columna publicouse orixinalmente o 22 de decembro de 1997.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario