Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Acuña

15 de octubre de 2017 a las 0:15

Hai anos, cando eu era un rapaz adolescente e empezaba a escribir relatos, sentía a aprensión de que todo aquilo que facía non servise para nada. A casualidade quixo que un compañeiro meu de estudos, que recibía clases nun colexio privado, descubrise nel a un profesor do que me contou que era poeta, que coñecera a Federico García Lorca e que se trataba ademais dun señor extremadamente educado e cordial. Non sei por que estraño mecanismo de audacia, atrevinme a pedirlle ao meu amigo que lle amosase algúns dos meus escritos.

Uns días despois chegoume o esperado e temido veredicto, que foi moi positivo. Pouco máis tarde, coñecín a aquel home, que resultou ser o poeta Manuel Luís Acuña, cousa que eu ignoraba ata entón, e de quen sabía versos de memoria. A pesar da diferenza de idade, fixémonos amigos e tíveno por un dos meus mestres e el consideroume discípulo. Funo contar onte a Pobra de Trives a un congreso. Paseino moi ben e por riba, como se aquilo non fose dabondo, comín unha perdiz.

Esta columna publicouse orixinalmente o 15 de outubro de 2000.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario