Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Un amigo

3 de octubre de 2017 a las 0:15

A Habana está chea de nenos simpáticos que se achegan a un para preguntarlle de onde procede ou que está facendo no país. Onte, mentres paseaba polo Malecón, á beira do mar, un rapaciño duns nove anos abordoume para averiguar se viña de España, que era o que el mesmo supuña. Resultou ser un experto coñecedor da nosa xeografía: sabía perfectamente onde caía Galicia no mapa, que A Coruña, Vigo e Santiago eran as súas cidades máis importantes e que o país estaba xusto ao norte de Portugal.

Andou paseando comigo cerca de dúas horas, falándome dos seus estudos e de como aprende o cultivo da terra, que lle gusta moito. Contoume a súa vida, díxome o que facían os seus pais e cantos irmáns tiña. Ademais converteuse no meu guía: levoume a ver a casa natal de José Martí e acompañoume a un mercado de libros vellos.

Nun momento, achegouse outro neno coma el, tamén negro e ben vestido, que me pediu un bolígrafo ou un chicle, especie de monótono sonsonete que se repite unha e outra vez cando un vai pola rúa. Entón, o meu acompañante dirixiuse a el con amabilidade, pero con enerxía, e díxolle: “Lo que usted está haciendo no es correcto, compañero; camine”. O outro baixou a cabeza e seguiu o seu paso. Ao despedirme do meu amigo, pensei en darlle un dólar, pero non o fixen porque me pareceu que o podía ofender.

Esta columna publicouse orixinalmente o 3 de outubro de 1995.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario