Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Unha película de cine

3 de septiembre de 2017 a las 15:32

Estamos invadidos polas xentes do cine. Onte apareceu a casa chea de actores, cámaras, decoradores e un exército incontable de persoas que van e veñen polos salóns da parte de abaixo levando mobles, colgando cadros nas paredes, disimulando lámpadas ou estendendo cables polo piso e as escaleiras. Unha catástrofe. Van facer unha película de época e alugaron un ala do pazo onde vivimos para rodar a parte central da historia, que polo visto ten como protagonista a un marchante de pintura.

Aínda que de momento parecen discretos e nos cuartos  non se percibe ruído, o xardín está convertido nun zafarrancho de camións e de guindastres e pola herba pasean tres cans grandes como becerros, conducidos e vixiados por unha señora que ten unha cara de aburrida que conmove. Parece que o follón vai durar aínda unha semana.

O peor é que nos obrigan a almorzar unha hora antes, é dicir, durmir unha hora menos. Hoxe, cando baixamos ao comedor, xa estaba alí o novelista rumano co cal nos atopamos con frecuencia a esa hora e que nos saúda moi amable, pero con quen aínda nunca falamos. Parecía irritado, el que ten unha cara para ser canonizada, desgustado polo rebumbio que se estaba organizando. Mirándonos cunha expresión de resignación absoluta, dixo en castelán perfecto: “Samba sí, trabajo no”.

Esta columna publicouse orixinalmente o 3 de setembro de 1993.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario