Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Pestes

30 de agosto de 2017 a las 0:15

Cada ano, polo menos aquí onde vivo eu, hai unha peste diferente. Unhas veces son toupeiras, que este verán non apareceron, quizais porque na primavera caeu unha chispa no pararraios e, ao entrar na terra, seguindo o percorrido do cable que vai por debaixo do xardín, debeu liquidar a todas as que podían estar metidas nos seus tocos. Supoño que, para elas, a descarga eléctrica tivo que ser algo moi semellante ao que sería para nós unha bomba atómica. A verdade, non era necesaria tanta brutalidade só por librarnos do espectáculo de ver esas moreíñas de terra que tanto afean o céspede.

A peste deste ano foron as moscas e os caracois. As primeiras eran pegañentas, desa clase que mesmo semella que andan aparvadas ou que levan pegamento nos pés. Nada se podía facer contra elas. Hai tempo, moita xente combatíaas con bolsas de auga transparentes, onde parece que se vían feas e asustábanse de si mesmas. Os caracois son fáciles de matar, abonda con pisalos, pero resulta cruel e innecesario: nin pican nin molestan. É certo que comen follas.  Nada raro nin delictivo, da mesma maneira que nós comemos leituga.

Esta columna publicouse orixinalmente o 30 de agosto de 2000.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario