Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Crer e desconfiar

22 de agosto de 2017 a las 0:22

Onte falaba aquí dunha conversa que mantiven con Joan Perucho no adro dun mosteiro armenio, hai xa bastantes anos. Creo que xa teño contado outras veces que o célebre escritor catalán cre de veras nos fantasmas e que asegura, máis alá de calquera xogo literario, que ten un deles na casa. A súa muller xuroume nunha ocasión,  case con lágrimas nos ollos, que ela o vira varias veces desprazándose polo aire, nun salón da parte baixa, e que lle parecera un ser fermoso, aínda que inquietante, que lle daba medo.

En Sabucedo, unha aldea da Limia onde eu pasei algún dos días máis felices da nenez, houbo tamén un fantasma. Se non recordo mal, tiraba carozos de mazá nunha cociña, na casa dunha vella que vivía soa. Non debía ser cousa temible porque ás persoas que acudían a ver o prodixio non lles importaba levar un golpe.

En xeral, a xente cre en seres fantásticos. Eu mesmo lle oín dicir a un profesor de matemáticas que el estaba convencido de que o sorisco de Cunqueiro, un demo que verte baldes de auga nas casas e que lle turra dos bigotes aos gatos, é tan verdadeiro como un can, aínda que non se vexa nin se toque. A min paréceme ben esta maneira de razoar, pero o que me custa comprender é que a mesma xente sexa tan desconfiada con outras cousas, especialmente cando se trata das persoas.

Esta columna publicouse orixinalmente o 22 de agosto de 1994.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario