Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Racismo

21 de agosto de 2017 a las 18:10

No periódico de onte, unha amable lectora, María José Garabelos, escribía unha carta sobre Suecia na que dicía que concordaba con todo o que eu contei hai máis dun mes sobre aquel país, cando falei aquí dunha viaxe recente a Estocolmo. Porén, ao mesmo tempo, invitábame a relatar algunha experiencia pouco amable, no caso de que a tivese vivido, tendo en conta que uns amigos sudamericanos que residen alá lle dixeron que agora hai bastante racismo na sociedade sueca. Acepto con moito gusto a invitación, ero teño a impresión de que a vou decepcionar, porque estou convencido de que en Suecia tamén hai racismo, pero menos que noutras partes.

Todas as persoas somos racistas, aínda que só uns poucos converten  ese sentimento tan feo como natural nunha ideoloxía que defende a superioridade duns seres humanos sobre outros por razón de tipo racial. Neste sentido, os suecos non son diferentes. O que pasa é que unha longa educación nas escolas e os programas de integración dos refuxiados reduciron a ideoloxía a algo moi marxinal.

Hai uns anos, uns amigos meus panameños, negros de color e refuxiados políticos, un pouco golfos, foron sorprendidos pola policía despois de beber máis do que alí está permitido, que é menos da mitade do que se admite aquí. Dada a seriedade dos axentes suecos, que cumpren a lei con amabilidade e corrección, pero con todo o rigor, non tiñan escapatoria. Porén, os panameños atoparon a única que había: dixeron que estaba claro que os ían parar a eles. Cando os policías manifestaron a súa sorpresa, os outros tocáronlle na tecla máis sensible: “Porque somos negros”. Horrorizados de que puidese quedar a sospeita, deixáronos marchar.

Esta columna publicouse orixinalmente o 21 de agosto de 1996.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario