Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Empeños

13 de agosto de 2017 a las 0:33

Eu non sabía que aínda existe iso que se chama o Monte de Piedade, onde a xente empeña cousas a cambio de diñeiro. Penseique ese tipo de institucións xa desapareceran, pero o outro día dixéronmeque non, aínda que, polo visto, están algo modificadas. Na miña época, algúns estudantes empeñaban libros, reloxos de certo valor e outros bens semellantes, pero quen en realidade recorría con frecuencia a ese mecanismo de préstamo para pobres era a xente sen posibles. Deixaban alí roupa, incluso as sabas e os cobertores.

Podíase facer un libro espléndido sobre os empeños e quizais aínda se está a tempo, pero pronto será difícil. Cando me falaron do asunto, sorprendeume coñecer os obxectos raros que se levaban ó Monte de Piedade, pero ningún tan estrafalario como o dun estudante, compañeiro do doutor Corredoira, da Coruña, que usaba un paladar (mellor dito, un padal) dun metal valioso, por ter o labio leporino, e que o empeñaba todos os fins de mes. Supoño que habería ollos de cristal, porque por un de verdade seguro que non daban nada.

Esta columna publicouse orixinalmente o 13 de agosto de 2000.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario