Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Conversa no café

11 de Agosto de 2017 a las 0:45

O venres pola noite, despois de cear, achegueime ata Panxón para tomar un café. A pesar de que o día non fora demasiado bo, con nubes abundantes, algo de vento e algunas pingas de chuvia, non se estaba mal a aquelas horas. A proba é que as terrazas se atopaban cheas de xente. Busquei un sitio entre os poucos que quedaban libres e senteime diante do mar, coa vista regalándose na alegría tranquila dos barquiños fondeados no porto e coa alma disposta para cometer un pecado  inocente: fumar un puro.

Arredor, a xente falaba en voz alta, como sempre. Esa foi a razón de que, sen querer, fose sabendo bastantes cousas, aínda que ningunha importante nin secreta. Unha señora, por exemplo, dicía que ten un gato ruín na casa, un tipo incivil que fai as necesidades onde lle cadra, só para protestar cando lle cambian o penso.

Noutra mesa falaban das adopcións de nenos. Un señor non estaba de acordo con que se adoptasen rapaces negros, non por racismo, senón porque estimaba que había moitos nenos do país que non tiñan pais. Alguén lle aclarou que as leis españolas son moi ríxidas ao respecto e que non é posible adoptar un recén nacido cando se pasa dos trinta e cinco anos, pois nese caso hai que coller un rapaz de máis idade. O señor quedou un momento calado e logo dixo: “¡Anda! A ese paso, a min daríanme un soldado”.

Esta columna publicouse orixinalmente o 11 de agosto de 1996.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario