La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Profesións difíciles

Onte estiven de mirón, vendo o barco turco ese que está embarrancado aquí preto, na baía de Baiona. Naturalmente, non estaba só; había centos de persoas facendo o mesmo ca min, moitas delas con opinións moi rotundas sobre como se debía solucionar o problema. Un señor de Madrid, por exemplo, era do parecer de que ao capitán había que metelo no cárcere, por incompetente e irresponsable. Un mozo alto de voz delgada dixo en cambio que o importante sería saber con certeza que clase de carga levaba o barco.

Á parte destas opinión de carácter político, había outras de tipo técnico. En xeral, todo o mundo sabía como se debía proceder, aínda que non todos estaban de acordo nos plans. Non obstante, a unanimidade era grande á hora de considerar que a solución non parecía difícil, en contraste coa lentitude con que actuaban os expertos.

Loxicamente, se as cousas eran … Seguir leyendo

Pestes

Cada ano, polo menos aquí onde vivo eu, hai unha peste diferente. Unhas veces son toupeiras, que este verán non apareceron, quizais porque na primavera caeu unha chispa no pararraios e, ao entrar na terra, seguindo o percorrido do cable que vai por debaixo do xardín, debeu liquidar a todas as que podían estar metidas nos seus tocos. Supoño que, para elas, a descarga eléctrica tivo que ser algo moi semellante ao que sería para nós unha bomba atómica. A verdade, non era necesaria tanta brutalidade só por librarnos do espectáculo de ver esas moreíñas de terra que tanto afean o céspede.

A peste deste ano foron as moscas e os caracois. As primeiras eran pegañentas, desa clase que mesmo semella que andan aparvadas ou que levan pegamento nos pés. Nada se podía facer contra elas. Hai tempo, moita xente combatíaas con bolsas de auga transparentes, onde parece que se … Seguir leyendo

Conversa

Onte pola tarde atopei nun camiño, aquí preto do lugar onde vivo, un paisano que supuxen viña de traballar no campo, pois levaba un sacho ao lombo. Aínda que non nos coñeciamos de nada, puxémonos a falar. Foi el, que se parou para dicirme: “¿Pero viu vostede que peste de néboa nos tocou hoxe por aquí?” Era certo, naquel momento estaba escuro e pechado, algo que raramente ocorre por esta parte, que con frecuencia, cando a néboa entra por Baiona e se vai estendendo pola comarca, queda como unha pequena illa milagrosa, iluminada polo sol. Por dicir algo, respondinlle o que di todo o mundo, ou sexa, que son as néboas de agosto.

En realidade, o asunto da néboa non era máis que un pretexto para iniciar unha conversa, supoño que sen máis propósito por parte del que intercambiar algunhas palabras cun veciño. O caso foi que, despois das primeiras … Seguir leyendo

Tramposos

Estiven vendo un programa deses que tratan de animais e que resultan do máis atractivo que se pode ver na televisión. Trataba dun paxaro estraño, que non recordo como se chama, e que ten a característica de que fai o niño na terra, non nas árbores nin entre as silveiras, como a maior parte dos membros da súa especie. Por esa razón, os seus inimigos adoitan ser animais como os cans, as donicelas e, sobre todo, os raposos, que buscan as crías para comelas. Nada do outro mundo: entre os seres vivos, uns comemos os outros, especialmente os humanos, que nisto somos os máis depredadores de todos.

Na loita pola supervivencia, o citado paxaro desenvolveu un sistema de protección da prole certamente enxeñoso, bastante cómico, que visto desde fóra, cos ollos dun profano, como sucede no meu caso, parece denotar algún tipo de intelixencia, superior a outros comportamentos máis coñecidos … Seguir leyendo

Un día para recordar

Na casa de Blanca Jiménez, na vila asturiana de Castropol, hai un amplísimo salón situado na planta baixa, cuns confortables sofás de coiro de color marrón. Naquel lugar, nalgúns meses de agosto como este, polas noites, despois de cear, ás veces ata ben entrada a madrugada,  faciamos tertulia o pequeno grupo de amigos que pasabamos alí uns días de vacacións. Era o complemento feliz dunhas xornadas que con frecuencia nos levaban de excursión pola costa ou de paseo polos arredores da vila.

Un dos amigos era Ramón Piñeiro, un home que gozaba coa conversa e a quen nunca se lle facía tarde para ir á cama. Esa tardanza, non obstante, non lle impedía erguerse cedo ao día seguinte. Desde o meu cuarto, no último piso, eu agardaba escoitar os seus pasos polas escaleiras camiño do comedor para baixar eu tamén.

A última vez que estivemos naquela casa no mes de … Seguir leyendo