Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Erotismo subido

16 de Julio de 2017 a las 0:26

A primeira vez que vin un can labrador foi en Suecia, hai máis de vinte anos, cando esa raza era pouco coñecida no noso país. Vivía nunha casa veciña cunha señora maior e pasaba horas deitado no xardín, un territorio que compartía cun ourizo cacho e cun faisán, todos en libertade. Ás veces pasaban tamén por alí esquíos e coellos, pero nunca escoitei ruído de pelexas ou berros de pánico. Un día falei na casa daquel can tan curioso e foi entón cando me dixeron que se trataba dun labrador, un animal intelixente e tranquilo.

Desde entón, xa tiven varios. Primeiro, a pobre Alba, que morreu dunha peste. Despois, Sembra, que tampouco tivo sorte na vida. Agora, Leda, que como todos os cans desa familia, é listísima. Baste dicir que cando chego á casa sen chave e non hai ninguén, pídolle que me abra a porta desde dentro e faino con naturalidade.

Acabo de saber polos periódicos que en Suecia, unha psicóloga asegurou o outro día diante dun tribunal que investigaba un presunto delito de violación, que este tipo de cans teñen un erotismo subido, como a propia policía puido demostrar cun experimento que foi filmado en vídeo e que causou asombro entre as persoas que o presenciaron. A verdade é que levei un desgusto, aínda que non sei exactamente por que. De todos os xeitos, debo dicir que a nosa cadela sempre me pareceu unha persoa decente.

Esta columna publicouse orixinalmente o 16 de xullo de 1995.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario