La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Un bruxo

Hai un par de anos apareceu por Xinzo de Limia un senvergonza que montou con éxito consulta de bruxo. Dotado de labia, acentuada ademais de maneira positiva por ese acento andaluz que tan gracioso lle cae aos nosos paisanos, o carota deseguida se fixo cunha amplísima clientela. Empezou curando doenzas miúdas, pequenas dolores rebeldes e inconcretas, e acabou tratando o cancro. Toda a angustia e a deseperanza humanas, que son moitas, convertidas en avultado negocio para un desaprensivo calquera.

O individuo non mandaba mirar o sol, como o insensato ese que o outro día lle desgraciou a vista a uns cantos inocentes coa promesa de que ían ver a Virxe María. Non tan ignorante nin tan audaz, contentábase con remedios inventados a base de herbas, con oracións recitadas un determinado número de veces sen equivocarse ou cunha bebida fabricada con gasosa e algúns polvos inocuos adquiridos na botica.

As xentes … Seguir leyendo

Divagacións aéreas

Os que teñan costume de andar en avión coñecerán ben esa cantilena que repiten as azafatas en todos os voos respecto da prohibición de utilizar os ordenadores portátiles no momento do despegue e da aterraxe para non provocar intermitencias cos instrumentos de a bordo. Ao rematar a perorata, sempre engaden unha frase de esperanza: se un quere facer uso do ordenador no resto da viaxe, debe consultar antes con algún membro da tripulación. A miña impresión é que se trata dunha mentira. Nunca deixan.

Iso quere dicir que este artigo de hoxe tíveno que facer a man, acomodado de mala maneira na mesiña raquítica onde serven o xantar. Resulta curioso o fácil que é cambiar de hábitos. Ao principio, cando empecei a escribir en ordenador, parecíame raro; agora, algúns anos despois, empeza a parecerme estraño o contrario.

Por certo que acabo de ler que aquí, nos Estados Unidos, hai xente … Seguir leyendo

Bruxelas

Desde que saímos de viaxe, foi en Bruxelas o único sitio onde non tiven que actuar. Así que dediquei o día de onte a facer turismo por unha cidade que nunca me gustou demasiado. Pasei bastante tempo sentado nunha terraza cun grupo de amigos e amigas que tampouco tiñan actuación e souben así de varias cousas. As suecas contáronme que o seu colega, un poeta que fala pouco e anda case sempre só, bota horas nos hospitais das cidades por onde imos  pasando, preocupado pola súa saúde. Polo visto, gústalle estar alí uns momentos, falar cun médico, tranquilizarse un pouco e saír cunha receita, aínda que sexa unha aspirina.

Logo resulta que como poeta pertence ao xénero dos que montan espectáculo. O outro día, en París, mentres os demais liamos un breve texto escollido dun dos nosos libros, el dispuxo de espazo especial, pois actúa como un home de circo … Seguir leyendo

Magníficas as dúas

A morte de Ella Fitzgerald tróuxome á memoria moitos momentos agradables relacionados coa miña vella paixón polo jazz. Durante anos, a cantante agora desaparecida foi motivo de conversa, ou máis ben de discusión, entre un amigo e mais eu, que nas noites de Ourense, tomando copas, acababamos sempre disputando sobre ela. O meu amigo era de Billie Holiday, a quen consideraba unha golfa, como debía ser toda artista de jazz, e pensaba que Ella non pasaba de ser unha especie de monxa.

A discusión, naturalmente, era absurda, entre outras razóns porque poucas cancións teño escoitado eu máis veces na miña vida e con máis interese e emoción que Strange Fruit, interpretada por Billie Holiday. Eu sabía que ela mesma, sempre que a cantaba en público, remataba despois pechada no lavabo chorando sen consolo.

No fondo, a disputa tiña outro sentido. O meu amigo, home desgarrado, sintonizaba ben con Billie: … Seguir leyendo

Un escritor político

Cando eu vivía en Xinzo, sendo un rapaz, ademais das visitas que lle facía o poeta do que falei aquí estes días pasados, tamén ía ver con frecuencia a un señor carlista, propietario igualmente dun comercio, co cal cheguei a ter amizade. En ambos os dous casos, como eran xente romántica, os negocios non lles andaban nada ben, de maneira que dispuñan de moitas horas para falar comigo. Por outra parte, como todo o mundo os tiña por tipos raros, sentíanse moi agradecidos de que alguén se interesase por eles.

Este segundo veciño cultivaba tamén a escritura, pero no seu caso prefería a prosa política e ideolóxica antes que a poesía, a non ser que se tratase de sátira. Unha vez ao ano publicaba un artigo no diario provincial recordando a morte de Calvo Sotelo, no que falaba sempre da anti-España, a masonería e o comunismo.

Colaboraba tamén nunha revista … Seguir leyendo