La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Unha historia de bruxas

En Salem, unha pequena cidade do estado de Massachusetts, nos Estados Unidos, onde durante os outonos os pradairos converten a paisaxe chá nunha inmensa mancha vermella, rememoran agora un dos episodios máis macabros da súa historia. Hai trescentos anos, catorce mulleres e seis homes foron executados baixo a acusación de bruxería. O testemuño en que se basearon as condenas a morte foille arrincado a un grupo de mociñas adolescentes convenientemente manipuladas por persoas maiores que desexaban a perdición dos encausados.

Moitos anos despois, un dos escritores norteamericanos de máis prestixio no século XX, Arthur Miller, escribiu unha peza sobre os feitos. Unha revista americana que anuncia os actos que se van celebrar proximamente en conmemoración do suceso di que con posterioridade se puido demostrar que todos os acusados eran inocentes. Naturalmente. ¿Como pode ninguén ser  culpable dun pretendido delito de bruxería? Aínda que os acusados se dedicasen a calquera práctica … Seguir leyendo

Alerta

Hai uns días, tal como contei aquí a semana pasada, fun gravar un programa de televisión que incluía algúns lugares nos que transcorreu unha parte da miña infancia. Nunha das aldeas onde acudimos con ese propósito, tiñamos que filmar a casa duns parentes que agora non residen alí de maneira habitual e aos que eu me esquecera de avisar con antelación para que nos botasen unha man. Iso fixo que non puidesemos rodar en interiores e que, ademais, nos vísemos obrigados a entrar no patio da casa saltando por riba da cancela e que andásemos pola horta adiante buscando algún punto que nos permitise situar a cámara no escenario máis adecuado.

Era despois de xantar, a iso das catro da tarde, e o sol pegaba con forza. Eu xa tiña esquecido que a esas horas, en tempo de verán, non se ve unha alma por fóra e que as aldeas … Seguir leyendo

Condenado a ducharse

En Inglaterra, un xuíz acaba de condenar un individuo a ducharse dúas veces á semana, polo menos. O porquiño foi denunciado polos compañeiros da oficina, cansos de soportar a tufarada que aquel desprendía por non lavarse, un cheiro a bravú que os ofendidos describiron durante a vista no xulgado como autenticamente insoportable. Na revista onde leo a noticia vén unha foto do paxaro: nada que faga sospeitar que se trata dun marrán. Ben vestido, rasurado e peiteado, podía pasar por unha persoa normal.

É ese carácter de porco clandestino o que fai antipático ao individuo agora condenado. Debaixo da aparencia, soamente a uns milímetros da impecable camisa branca que loce no retrato, este tipo escondía unha espesa costra de miseria. En defensa propia aduciu que el non percibía o cheiro que os seus compañeiros lle atribúen, aínda que admitiu que iso se podía deber ao costume. Prometeu cambiar.

O que … Seguir leyendo

Dous velliños

Onte falei aquí do paxaro Klaus, un ferreiriño sueco que nos visita na casa durante os veráns. Supoño que non será o mesmo desde que o vin a primeira vez, hai máis de vinte anos, pois aínda que ignoro cal é a idade media destes animais, sospeito que non viven tanto tempo. Neste caso, estariamos falando de varias xeracións da mesma familia, probablemente pais e fillos. O que non comprendo é de que maneira se transmitiron a información duns para outros, é dicir, que no número 22 da rúa Björkänsgatan vivía unha xente pacífica e amante dos animais, onde daban un queixo excelente. Porque o certo é que ese costume nunca se interrompeu.

Por outra parte, o tal Klaus nunca visitou os veciños da casa do lado, Tyra e Martin, que xa morreron. Non podería dicir que a aquela parella de velliños non lle gustasen os bichos, porque non o … Seguir leyendo

Unha entrevista

O outro día estivo a verme no hotel un periodista para facerme unha entrevista. Eu pensei que quería falar da conferencia que ía dar aquela mesma tarde na Fundación Dávila Garibi, pero non. O rapaz, que tiña cara de infeliz e boa persoa, empeñouse en facerme preguntas de economía e cousas polo estilo. Tamén quería saber se os chistes que aquí se contan dos galegos, que nos presentan como parvos e ignorantes, obedecían á realidade ou carecían de fundamento. Preguntoume esa bobada sen malicia.

Onte, cando me erguín, por debaixo da porta do meu cuarto xa tiña o periódico coa entrevista. Púxenme a lela e estiven rindo sen parar ata que rematou. Nunca vira disparate parecido, nin sequera a vez que un periodista puxo nos meus labios a frase de que estaba preparando unha edición crítica do coro Aires da miña terra.

A cousa empezaba así: “En Galicia se … Seguir leyendo