Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Volta accidentada

25 de mayo de 2017 a las 0:20

Non é infrecuente, para unha persoa que viaxa moito, que lle sucedan cousas raras de cando en vez. Hai un ano contei aquí como nunha ocasión, ao perder un enlace de avión por culpa dunha folga de pilotos, os empregados da compañía aérea responsable do atraso pretendían facerme compartir cuarto de emerxencia nun hotel de Madrid cun señor portugués ao cal non coñecía de nada. Finalmente, a miña tozudez e a axuda dun homosexual que se confesou en voz alta, resolveron o problema.

Con todo, o que me sucedeu na noite do mércores en Rio de Janeiro supera, con moito, o episodio anterior. Os responsables da Bienal do Libro enviáronme os billetes á casa e todo transcorreu perfectamente na viaxe de ida. Pero na volta, ao ir recoller a tarxeta de embarque, pese a levar billete de primeira, obrigáronme a viaxar en clase económica, ou en caso contrario prolongar a estancia un día máis.

A explicación era bastante boba e inaceptable: cambio de avión por razóns que nin entendín nin me importaban. Confeso que embarquei no avión coa desagradable sensación de sentirme absolutamente burlado, estafado, maltratado, ridiculizado, indignado e todos os demais –ados que a imaxinación de cada un poida engadir a un longo rosario de ofensas. Claro que houbo as lóxicas excepcións, sempre as hai. Neste caso, a amabilidade do persoal de terra e especialmente do comandante, Carlos Borges, que se desfixo en atencións. O responsable do desaguisado, en cambio, non tiña rostro. O peor é que, en privado, tomando unhas copas, ata pode ser agradable. Incluso guapo.

Esta columna publicouse orixinalmente o 25 de maio de 2001.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario