Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Unha estampiña

17 de Mayo de 2017 a las 0:17

Hai uns días, mentres esperaba ver un amigo que traballa nunha oficina bancaria, observei que na mesma sala, agardando ser recibida, estaba unha señora con aspecto preocupado, incluso triste. Logo decateime de que movía os labios como se rezase e que tiña os ollos fixos na palma da man, á altura do rostro. De esguello, puiden ver que se dirixía a unha estampa, aínda que non conseguín averiguar a que santo ou santa representaba. O único que me quedou claro foi que a muller oraba con fervor.

Pasado algún tempo, o meu amigo apareceu na porta do despacho, pediume desculpas por facerme esperar e pregoume que lle concedese cinco minutos para falar un momento con aquela señora, á cal saudou moi cariñosamente chamándolle polo seu nome. Tiña un nome sinxelo, pero fermoso e sonoro. Ela tamén era guapa.

Estiveron falando menos de cinco minutos, aínda que non tiven a impresión de que o meu amigo se apurase ou quixese despachar con rapidez a súa cliente. Resultaba claro que non lle parecía nin antipática nin incómoda nin pesada. Por fin, cando se despediron e me tocou a vez, souben a verdade: a señora acudía a facerlle entrega dunha estampa para conseguir unha rebaixa nos intereses dun préstamo. Grande equivocación. No ceo, que é infinito, nada saben de números. Desas cousas saben máis no inferno.

Esta columna publicouse orixinalmente o 17 de maio de 1997.

Marxe
Escrito por amarxedotempo 1 Comentario
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Una respuesta a “Unha estampiña”

paideleo
Mayo 17th, 2017 a las 16:28

Desexo un fermoso día de hoxe para a familia de Carlos Casares.

[Reply]

 

Deja tu comentario