Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Problemas

6 de Marzo de 2017 a las 0:12

O xoves estiven en Viveiro para participar nun acto literario xunto co meu colega Xavier Alcalá. Foi todo tan agradable, desde o abarrote de público ata a cea que seguiu, que calquera pesimista tiña dereito a temer, sen que por iso lle chamasen mal agoiro, que algo había que pagar a cambio de pasalo tan ben. O caso foi que, empeñado en volver á casa imprudentemente a pesar da hora, de pronto decateime de que non tiña gasolina e que tampouco había onde botala.

Sucedeu ademais que en cada estación de servizo había un cartel que me remitía á seguinte e que nesta me mandaban de volta á anterior, tamén a través dun fermoso letreiro. De gasolineira en gasolineira, como un borracho que vai de taberna en taberna ou como un sedento que se dedica a refrescar a gorxa de fonte en fonte, acabei no centro de Lugo ás catro  da mañá. Supoño que alguén desde o ceo se encargou de facer funcionar o meu coche sen combustible, porque estou seguro de que os últimos setenta quilómetros os percorrín por puro milagre, co depósito seco.

Loxicamente quedei a durmir alí, pero compoñendo a imaxe dun tipo sospeitoso, que se presenta nun hotel a aquelas horas sen equipaxe, só cunha gorra nas mans, pobre adminículo destinado a defender a cabeza da neve que caía naquel momento. Menos mal que o empregado da recepción me eximiu do requisito de presentar  o documento de identidade, que non levaba, e menos mal tamén que aquel señor non podía saber que nos petos todos, abrigo, pantalóns e chaqueta incluídos, só tiña seis pesetas, á parte das tarxetas, esa cousa que me fai sentir un estafador. A ver se a próxima vez que vaia a Viveiro, a xente non se porta tan ben.

Esta columna publicouse orixinalmente o 6 de marzo de 1999.

Marxe
Escrito por amarxedotempo 1 Comentario
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Una respuesta a “Problemas”

hackear whatsapp
Marzo 14th, 2017 a las 11:00

un artículo muy entretenido, me lo apuntaré para seguir leyendo sus post

[Reply]

 

Deja tu comentario